DE LINGUA EN LINGUA


BLOGUE DE LINGUA GALEGA DO CPI DE PONTECESURES
Hai quen bota a lingua a pacer con moita facilidade; outros chegan a perderse pola lingua ou teñen que morder a lingua para non irse da lingua. Nós, neste caderno de bitácora, imos tirar da lingua para dicir todo aquilo que temos na punta da lingua aínda que fiquemos coa lingua fóra. Tentaremos non ser lixeiros de lingua, ou si, se cadra...pero nunca malas linguas...Iso deixámosllelo ás linguas viperinas, que cospen veleno. Quizais cheguemos a ter don de linguas, mais o que nos importa de verdade é que a nosa lingua vaia de lingua en lingua.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 WEBS RECOMENDADAS
 FOTOBLOGOTECA
 DESTACADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO

TRANSXENICOS E SAÚDE
Un estudio científico alerta de que o consumo do millo transxénico pode provocar tumores e morte. Lede máis na noticia:

http://unclaronobosque.prazapublica.com/post/31977845422/un-estudo-cientifico-apunta-que-o-millo-transxenico
Comentarios (0) - Categoría: DE ACTUALIDADE - Publicado o 27-09-2012 12:12
# Ligazón permanente a este artigo
HISTORIA DA LINGUA GALEGA
Os primeiros habitantes de Galicia

Os primeiros habitantes de Galicia eran de orixe preindoeuropea e ao igual que os indoeuropeos deixaron a súa pegada na nosa lingua.
Deste xeito, atopamos no galego palabras pre-indoeuropeas (amorodo, lastra, veiga, etc.) e voces celtas (berce, bugallo, croio) que chegaron á nosa lingua unhas veces directamente e outras polo latín.

Os romanos

No mapa vemos os conventos bracarensis e lucensis, territorio natural onde xurdiu o galego-portugués
Os romanos chegan a Galicia (século 1 d.C.) moito máis tarde que ao resto da península (século III a.C.). Comeza así unha tardía romanización que conlevou a incorporación dos celtas (e outros pobos) á lingua e cultura dos conquistadores. O latín pasaba a se converter na lingua dos galegos, mais este proceso non se deu de contado, senón paseniñamente por mor de casamentos e de determinadas vantaxes administrativas como a cidadanía romana, o reparto das terras, etc.
O proceso de romanización tamén se deu noutros lugares, o que explica que da lingua utilizada daquela, o latín vulgar, derivasen as chamadas linguas románicas (o español, o catalán, o portugués, o romanés, o francés, o italiano, etc.).

A chegada dos xermanos

A partir do século V chegan a Galicia pobos de raza e lingua xermánica que non son quen de asimilaren lingüisticamente ós galego-romanos, outro tanto acontecería coa escasa presenza dos árabes no noso país e a chegada de novas vagas celtas de Bretaña. Destes contactos, o galego recibe un gran número de préstamos lingüísticos tanto xermánicos (laverca, espeto, roupa, etc) como árabes en menor medida e máis indirectamente (Mamede, laranxa, aceite, azucre...).

Do latín ao galego

A transformación do latín en galego produciuse de maneira progresiva e imperceptible. É imposible dar unha data exacta desde a que o latín é galego. No século VIII a lingua da igrexa e da administración era tan distante da falada que hai dous sistemas diferentes: o latín e o galego. Nembargantes non aparecerán textos escritos en galego ata finais do século XII, xa que o latín continuaba a ser a lingua da cultura, dos documentos legais, da liturxia e do ensino, non só na Gallaecia romana, senón en toda a Europa medieval.
O documento literario máis antigo dos coñecidos hoxe é a cantiga satírica Ora faz ost'o senhor de Navarra de Joam Soares de Paiva, escrita cara ao ano 1200. Dos comezos do século XIII datan os primeiros documentos non literarios en galego, Noticia de Torto (1211) e o Testamento de Afonso III de Portugal (1214). Recentemente foi achado o documento mais antigo escrito na Galiza, o cal data do ano 1228. Trátase do Foro do bõ burgo de Castro Caldelas outorgado por Afonso IX en Abril do dito ano ao municipio de Allariz. O mais antigo documento latino-galego-portugués, encontrado en Portugal, é chamado de Doação à Igreja de Sozello, encóntrase no Arquivo Nacional da Torre do Tombo, e é datado do ano de 870 d.C.
Galicia constitúe xa desde o século VIII unha unidade política cos reinos de Asturias e León; malia esta situación, chega a acadar unha certa autonomía que lle permitiu conformarse como reino independente en determinados momentos dos séculos X, XI e XII. Neste contexto o galego é a lingua exclusiva no uso oral, cunha competencia minguante do latín na escrita. Ha ser a presión deste monolingüísmo oral o que leve no século XIII a unha situación de cooficialidade entre o galego e o latín nos documentos notariais, bandos, preitos, etc., aínda que o latín segue a posuír o estatus de lingua universal de cultura.




http://gl.wikipedia.org/wiki/Historia_da_lingua_galega


Substrato, estrato e superestrato da lingua galega






Vídeo sobre as orixes da lingua galega:



A Galicia celta, mito ou realidade?

Un tema de discusión frecuente é o peso que ten a cultura celta na nosa identidade diferencial. Neste artigo o autor dun estudo de toponimia dá a súa opinión:

http://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/fernando-cabeza-quiles-negacionismo-do-celtismo-ven-do-nacionalismo-espanol/20140925184220030892.html

-Cal é a tese de fondo que defende? En que argumentos basea a súa opinión? A quen critica e por que os critica?
Comentarios (0) - Categoría: TEORÍA 3º ESO - Publicado o 24-09-2012 13:19
# Ligazón permanente a este artigo
O CARRO DA COMPRA: CONSUMO E INXUSTIZA SOCIAL
Neste artigo de opinión, a raíz dos simbólicos atracos a supermercados organizados polo SAT, o autor cuestiona a ética dalgunhas grandes empresas da alimentación.

http://www.sermosgaliza.com/opinion/pablo-dorado/terror-no-supermercado-horror-nos-ultramarinos/20120905223538004836.html
Comentarios (2) - Categoría: DE ACTUALIDADE - Publicado o 21-09-2012 13:28
# Ligazón permanente a este artigo
IMPARCIALIDADE INFORMATIVA?
GALICIA CONFIDENCIAL alerta de un paquete de axudas económicas da Xunta de Galicia a La Voz de Galicia e El Correo Gallego, coas que se cuestiona a imparcialidade informativa destes medios.

http://www.galiciaconfidencial.com/nova/11580.html
Comentarios (1) - Categoría: LIBRO DE RECLAMACIÓNS - Publicado o 20-09-2012 11:40
# Ligazón permanente a este artigo
FESTIVAL DA LUZ EN BOIMORTO
A cantante Luz Casal organiza unha fin de semana de concertos moi interesantes na súa aldea natal de Boimorto, co que pretende tamén chamar a atención da necesidade de impulsar o rural.


http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/luz-casal-leva-boimorto-festival-da-luz/idEdicion-2012-09-06/idNoticia-764491/
Comentarios (0) - Categoría: O FARDEL DOS SONS - Publicado o 12-09-2012 11:58
# Ligazón permanente a este artigo
COMEZO DE CURSO CON RECORTES ORZAMENTARIOS
Comeza un novo curso escolar de novo marcado por mobilizacións de profesorado, AMPAs e alumnado que se manifestan en contra do deterioro da educación pública.

http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/mais-200-000-alumnos-galegos-inician-mercores-novo-curso-marcado-polos-recortes/idEdicion-2012-09-12/idNoticia-765479/
Comentarios (0) - Categoría: DE ACTUALIDADE - Publicado o 12-09-2012 11:45
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal