DE LINGUA EN LINGUA


BLOGUE DE LINGUA GALEGA DO CPI DE PONTECESURES
Hai quen bota a lingua a pacer con moita facilidade; outros chegan a perderse pola lingua ou teñen que morder a lingua para non irse da lingua. Nós, neste caderno de bitácora, imos tirar da lingua para dicir todo aquilo que temos na punta da lingua aínda que fiquemos coa lingua fóra. Tentaremos non ser lixeiros de lingua, ou si, se cadra...pero nunca malas linguas...Iso deixámosllelo ás linguas viperinas, que cospen veleno. Quizais cheguemos a ter don de linguas, mais o que nos importa de verdade é que a nosa lingua vaia de lingua en lingua.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 WEBS RECOMENDADAS
 FOTOBLOGOTECA
 DESTACADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO

OS DOUS MELLORES DÍAS DO MEU VERÁN IDEAL


O meu verán ideal empezaría nunha fermosa mañá de verán. Era o último día de clase, e o meu mellor amigo Zape tiña que vir durmir á miña casa porque a súa nai se encontraba mal. Ao saír do cole, iamos os dous camiñando cando me preguntou como sería o meu verán ideal, e eu empecei a contar:
-O meu verán ideal empezaría no último día de clase, e que o meu mellor amigo tivese que quedar a durmir na miña casa. Ao chegar á casa, comeriamos a nosa comida favorita, despois, xogariamos un pouco á wii, e sobre as 5:00, virían os outros dous mellores amigos (dos dous), Michu e Anxelotus. Estariamos xogando ao fútbol e ao baloncesto e logo, sobre as 7:00, baixariamos á Prazuela, onde estarían as rapazas, amigos do fútbol e amigos doutros cursos. Sobre as 11:00 marchariamos nós os dous, montariamos a tenda de campaña e estariamos de festa ata as 12:30-1:00. Despertariamos sobre as 12:00 e almorzariamos. Despois iriamos dar una volta en bici ata a hora do xantar. Estariamos “wasapeando” cos amigos polo grupo. Sobre as 6:00 baixariamos á “Prazu” outra vez. Ao chegar, sobre as 9:30, meteriamonos na piscina ata as 11:45. Ceariamos churrasco ao aire libre. Para non marchar aburridos, colleriamos petardos e foguetes e fariámolos estoupar tan forte como para espertar aos veciños, despois meteriámonos na tenda de campaña ou quedariamos ata as tantas vendo tele, ou compartindo opinións, ou facendo calquera cousa que nos puidera servir para argallar troula.
E o mellor é… que así foi.

JORGE TEMPERÁN POTEL
1º ESO
Comentarios (0) - Categoría: A FORXA DAS LETRAS - Publicado o 05-06-2014 10:41
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal