DE LINGUA EN LINGUA


BLOGUE DE LINGUA GALEGA DO CPI DE PONTECESURES
Hai quen bota a lingua a pacer con moita facilidade; outros chegan a perderse pola lingua ou teñen que morder a lingua para non irse da lingua. Nós, neste caderno de bitácora, imos tirar da lingua para dicir todo aquilo que temos na punta da lingua aínda que fiquemos coa lingua fóra. Tentaremos non ser lixeiros de lingua, ou si, se cadra...pero nunca malas linguas...Iso deixámosllelo ás linguas viperinas, que cospen veleno. Quizais cheguemos a ter don de linguas, mais o que nos importa de verdade é que a nosa lingua vaia de lingua en lingua.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 WEBS RECOMENDADAS
 FOTOBLOGOTECA
 DESTACADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO

ROSALÍA DE CASTRO
Iván Cebreiro propón a lectura deste traballo sobre Rosalía de Castro:

http://image.slidesharecdn.com/investigacinsobrerosaladecastro-130406073052-phpapp01/95/slide-1-638.jpg?1365251488
Comentarios (0) - Categoría: COMENTARIOS ALUMNADO - Publicado o 18-06-2013 12:50
# Ligazón permanente a este artigo
PROPOSTA DE ANTÍA SANMARCO
http://www.sermosgaliza.com/artigo/galiza/edgwater-ten-como-obxectivo-prioritario-extaer-o-ouro-de-todo-o-pais-para-tratalo-en-corcoesto/20130603172032015715.html


Antía Sanmarco déixanos este enlace do xornal "Sermos Galiza" xa que lle parece moi interesante para falar na clase.
Comentarios (0) - Categoría: DE ACTUALIDADE - Publicado o 16-06-2013 23:14
# Ligazón permanente a este artigo
Caperuchiña Vermella


Todo o mundo coñece o conto de Caperuchiña Vermella, pero, cantos coñecen a verdade? Moi poucos. Pódense contar polos dedos. Todos pensan que eu, Caperuchiña Vermella, son a nena boíña que lle leva doces á súa avoa enferma. Pois nada diso. A verdadeira historia é esta:
Eu son unha nena moi normal. O outro día, miña avoa, que vive no bosqu, púxose moi enferma. Ten uns cantos anos e xa chochea bastante. Tívenlle que levar doces porque me mandou a miña nai, que se por min fose … Din moitas voltas para non ir , pero non serviu de nada. Polo camiño acabei cos doces pero non me importou moito, porque, se miña avoa me quería, seríalle de abondo coa miña visita. Cheguei á casa da miña avoa. A porta estaba medio aberta, imaxineime o peor. Abrín a porta e vin ao cazador xogando as cartas coa miña avoa. Como non me pareceu normal, preguntei que facían. Acabei marchando da casa dando un golpe contra a porta porque me decatei de que miña avoa ía casar co cazador. Pero eu non podía permitilo. Miña avoa esta viúva e sempre me falou moi ben do meu avó que foi sarxento. E agora vai casar? Non, non e non. A herdanza da miña avoa ten que ser soamente para min. Que miña avoa ten moito carto … Teño que facer algo para que non casen.
De volta á casa atopeime ao lobo feroz. Estaba recollendo nas flores psss … Vaia lobo, dáme tanto medo … Pero … Ao mellor … Coa miña axuda … Poderíalle dar un susto ao cazador facendo que non queira casar coa miña avoa.
Ao día seguinte saín coa avoa a dar un paseo mentres o lobo facía o que tiña que facer. Polo camiño miña avoa díxome que estaba moi namorada do cazador, pero iso non ía facer que deixase de querer ao avó. Unha vez máis contoume como el morrera defendendo o noso país na guerra. Non sei porque de súpeto empezaron a caerme bágoas polas meixelas. Gustaríame ter coñecido ao meu avó. Chegamos de novo á casa da miña avoa. O sorriso volveu á miña cara, pero pronto desapareceu. Cando entrei no comedor, o lobo estaba xogando ás cartas co cazador. Disimulei moito pero cando o lobo mais eu saímos fora, deille unha labazada. Inútil lobo. Suponse que os lobos teñen que dar medo, pero este non, este saíu covarde. Non serve para nada.
Aquela noite dinlle moitas voltas ao asunto da voda. Ao mellor non está mal ter de avó ao cazador. Sería a súa única neta e faríame moitos agasallos. Claramente quero que miña avoa case co cazador. Fun de novo á casa da miña avoa e dinlle un forte abrazo. So lle pedín unha condición, tiña que ser a súa dama de honor.
Chegou o día da voda, e miña avoa estaba preciosa. Aquel día volvín chorar pensando que tería un avó, aínda que o cazador nunca substituirá a meu verdadeiro avó.

Micaela Amarelle García 1º ESO
Comentarios (0) - Categoría: A FORXA DAS LETRAS - Publicado o 16-06-2013 23:12
# Ligazón permanente a este artigo
O GALEGO

O galego deriva do latín, falábase en Gallaecia que na actualidade son os territorios de Galicia, Portugal, Asturias e as provincias de León e Zamora. Tras a caída do Imperio Romano de Occidente, unha das linguas derivadas foi o galego medieval ou galaicoportugués.
Na Idade Media unha das linguas dos trobadores foi o galegoportugués. Unha das obras máis representativas son “As Cantigas de Santa María” do Rei Alfonso X o Sabio.
A partir do século XII o condado de Portugal independizouse, entón o galego medieval evolucionou en dúas linguas modernas o galego actual e o portugués. A finais da Idade Media sen embargo as dúas linguas experimentaron camiños diferentes o galego foi aniquilado pola presión da nobreza castelán mentres que o portugués como lingua oficial do Reino de Portugal creceu e expandiuse fóra do territorio.
Hoxe en día o uso do galego é maior nas areas rurais mentres que nas cidades é o castelán. Inda así o galego tamén falase fóra de Galicia, no Bierzo que se atopa en León e nas Portillas, Zamora. Hai 844 alumnos/as que o estudan en nove concellos do Bierzo. En tres concellos de Cáceres achegados a Portugal (Valverde do Fresno, As Ellas e San Martín de Trevello) falase a Fala, unha lingua que aínda non se sabe se é unha terceira póla do galego - portugués ou un portugués antigo con superestratos leoneses e casteláns. Algúns historiadores din que procede dos galegos participantes na Reconquista que se asentaron nesa zona.
No Principado de Asturias falase o galego – asturiano, algúns cren que deriva do galego – portugués. A Academia da Lingua Asturiana considera sen embargo que é un paso intermedio entre o galaico - portugués e o asturleonés. Na zona oeste do Bierzo, na comarca de Sanabria e nalgunhas zonas de Aliste e Benavente inda se fala galego. Aínda hai algunhas comunidades de falantes galegos en América Latina, en especial Bos Aires (Arxentina), Caracas (Venezuela), Montevideo (Uruguai), A Habana (Cuba), Cidade de México (México) e en Brasil falase con variantes do portugués - brasileiro

Samuel García Castro
2º ESO
Comentarios (0) - Categoría: COMENTARIOS ALUMNADO - Publicado o 16-06-2013 23:07
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal