DE LINGUA EN LINGUA


BLOGUE DE LINGUA GALEGA DO CPI DE PONTECESURES
Hai quen bota a lingua a pacer con moita facilidade; outros chegan a perderse pola lingua ou teñen que morder a lingua para non irse da lingua. Nós, neste caderno de bitácora, imos tirar da lingua para dicir todo aquilo que temos na punta da lingua aínda que fiquemos coa lingua fóra. Tentaremos non ser lixeiros de lingua, ou si, se cadra...pero nunca malas linguas...Iso deixámosllelo ás linguas viperinas, que cospen veleno. Quizais cheguemos a ter don de linguas, mais o que nos importa de verdade é que a nosa lingua vaia de lingua en lingua.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 WEBS RECOMENDADAS
 FOTOBLOGOTECA
 DESTACADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO

VALENTÍN PAZ ANDRADE
web da Xunta sobre o escritor homenaxeado polo día das Letras Galegas

http://www.xunta.es/linguagalega/espazo_web_valentin_paz_andrade
Comentarios (0) - Categoría: TEORÍA 4º ESO - Publicado o 26-06-2012 10:54
# Ligazón permanente a este artigo
UN CONTO DE AMOR

Érase una vez un home chamado Xoán que era moi pobre e non encontraba traballo. Cando ía pola rúa, viu unha fermosa muller, que vivía nunha casa de campo cos seus dous fillos. A ela morréralle o home na guerra que houbera no seu antigo pobo. Xoán estaba namorado daquela muller, e quería ser o seu mozo pero tiña medo a que non sentise o mesmo por el e esqueceuse dela. Un día Xoán tropezou con ela e quedou sen fala. A muller pediulle perdón pero el non dixo nada. Xoán todo decepcionado marchou para a súa pequena casa que tiña as aforas da cidade. Cando se dirixía para ela encontrouse cun ladrón que estaba roubándolle a unha muller. El foi axudala e, cun golpe, espantouno. Xoán decatouse de que a muller era a mesma que lle gustaba e por fin faloulle. Eles presentáronse. Ela chamábase Laura. Tiña os ollos azuis e o pelo louro. Fixéronse amigos grazas a ese acontecemento. Pasaron os días e o amor de Xoán e Laura era maior, ata que un día Xoán pideulle que fose a súa moza. Ela ao principio non dixo nada pero despois aceptou.
A Laura un día morreulle o fillo pequeno e tivo que marchar daquela cidade para buscar traballo. Xoán, cando se enterou, marchou canda ela polo o amor que sentía. Cando chegaron á cidade, os dous buscaron traballo e encontrárono: el traballaba de periodista e ela de reporteira. Un día encontráronse na rúa cubrindo unha noticia sobre un edificio que estaba en chamas.El marchou a una xoiería a comprarlle un anel de compromiso. Sabía que era demasiado pronto pero tíñao que intentar. Cando llo ensinou a Laura, ela botouse a chorar e aceptou. Pasaron os meses e cando chegou a voda dixeron que si para estar xuntos para sempre.

Daniel Olivera García
1º ESO/Curso 2011/2012
Comentarios (2) - Categoría: A FORXA DAS LETRAS - Publicado o 14-06-2012 23:13
# Ligazón permanente a este artigo
UN CONTO DE ASHA MIRÓ
OS CATRO VIAXEIROS

No medio de Rusia vivía un rapaz chamado Yuri el era orfo e estaba nunha casa moi grande con outros rapaces. Tiña o pelo louro e a pel moi branca. Nese mesmo momento unha nena de India chamada Sita mira pola ventá como chovía pensando no moito que quería ter uns pais. Ela vivía nunha casa pequena con outros nenos e nenas. A moitos quilómetros de alí en Etiopía un neno de pel escura e pelo rizado estaba recollendo bichos nun bote chamábase Deneke non tiña pais e era moi pobre. Esa mesma tarde en China estaba una rapaza chamada Lin Ying de pel clara, ollos escuros e riscados e pelo longo. Gustáballe moito cazar bolboretas aínda que se aburría moito porque eran todos nenos pequenos excepto ela. Un día á casa rusa chegou unha familia que querían un fillo preguntando por Yuri. El púxose moi contento aínda que non entendía nada. Colleron un avión e foron a unha cidade ao lado do mar. Esa mesma tarde a India chegou una parella nova preguntando por Sita, púxose moi contenta déronlle un caderno de debuxo e foron a una cidade ao lado do mar. En Etiopía una parella foi buscar a Deneke, el non se sorprendeu por que xa sabia que eles van ser seus pais, mandaranlle una foto explicándolle que o querían moito e o tipo de vida ia ter. En China unha muller solteira regaloulle un traxe de bolboretas moi bonito a Lin Ying díxolle que ia ser a súa nai e se quería marchar con ela a unha cidade ao lado da praia ela díxolle que si. O primeiro dia que Yuri, o neno ruso, foi a escola e encontrouse con : Deneke, Lin Ying e Sita. Fixéronse grandes amigos e un día decidiron contar a toda a súa clase como era o pais onde vivirán.

Samuel García Castro
1º ESO/ Curso 2011/2012
Comentarios (1) - Categoría: A FORXA DAS LETRAS - Publicado o 14-06-2012 12:32
# Ligazón permanente a este artigo
GALICIA É DE PRIMEIRA
Dous dos equipos de fútbol de máis categoría de Galicia voltaron este ano á Primeira división da liga española. Trátase do Real Club Celta de Vigo e do Real Club Deportivo da Coruña. O Deportivo volve despois dun ano na Segunda división aínda que nós ímonos centrar no Celta.
Para o conxunto vigués esta foi a súa quinta tempada consecutiva en segunda. Para o Celta, a primeira presenza na liga nacional foi na tempada 1928-1929, na cal lle tocaría, por palmarés, xogar na primeira división, aínda que non foi así. Empezou en segunda, quedando ao final da competición no posto nove de dez, o que fixo descender ao equipo por primeira e última vez á terceira división, pola inexistencia da segunda B. A partir de aí o Celta xogou un importante papel na liga, chegando incluso a competir a nivel europeo e derrotando a importantes equipos do momento como o AC Milan. O triunfo máis importante para o conxunto celeste foi gañar a Copa Intertoto no 2000.
Os protagonistas deste ano, xunto co adestrador Paco Herrera e demais equipo técnico foron Sergio Álvarez, Hugo Malo, Roberto Lago, Borja Oubiña, Túñez, Jonathan Vila, Dani Abalo, Mario Bermejo, Iago Aspas, Dimitiros Papadopoulos, Yoel Rodríguez, Bustos, Ojer Sanjurjo, Joan Tomás, David Rodríguez, Fabián Orellana, Toni, Álex López, De Lucas, Sergio Ortega, Catalá, Natxo Insa, Matías Dituro e Víctor Vázquez, a maior parte parte pertencentes á canteira. O máximo goleador foi o nado en Moaña Iago Aspas.
Galicia volve estar onde nunca mereceu saír.
HALA CELTA!



Eva Gerpe Limeres
Raquel Diz Gil
4º ESO.


O Celta e o Depor lograron o ascenso a primeira división nesta tempada, o Depor que sufriu o drama do descenso a segunda a tempada pasada, xa conseguiu volver a élite do fútbol español. No caso do Celta levaba catro anos na segunda e incluso estivo a punto de caer a segunda B. Pero este ano todo foi distinto, o celta acadou o ascenso o cál é moi importante para Galicia e en especial para a cidade de Vigo , as rúas desta cidade e en concreto a Praza América enchéronse de seguidores do Celta, que festexaron este ascenso.
Unha persoa moi importante para logralo foi o número 10 Iago Aspas o cal leva 16 anos no club vigués e dende pequeno entrenou na Madroa, por iso se converteu no símbolo da afección celeste.
Espero disfrutar de grandes tardes de futbol en Balaídos e en Riazor , por que a afición e os xogadores destes dous equipos sempre foron de primeira.
GALICIA CALIDADE!

Sergio Manteiga Varela
4º de ESO /Curso 2011/2012
Comentarios (0) - Categoría: COMENTARIOS ALUMNADO - Publicado o 11-06-2012 12:20
# Ligazón permanente a este artigo
SOBRE O ARTIGO DE ANTÓN TENREIRO
E agora resulta que os gastos proceden das autonomías?
Resulta vergonzoso o ataque continuo do estado español ás autonomías que non se identifican co gran nacionalismo que tanto protexen dende Madrid e ambas Castelas. Vivimos unha época perigosa os galegos. O país que nos debería protexer estanos esnaquizando. Os recortes que estAmos sufrindo todos son un ataque contra os dereitos fundamentais das persoas. Galiza é unha das grandes perxudicadas. Os centralistas non se dan conta de que este verán vai ser moi perigoso para os montes galegos? Isto vexo eu e non son ningún experto en bioloxía, todo o contrario. Pero claro, con isto fan oídos xordos. Mentras eles vivan ben da igual que sufran os demais. Non só falo de nós, falo de todas as persoas que pertencen a este país miserable. Contamos cun exército que o único que fai é ir collido da man da OTAN a destruír países terceiromundistas. Eu estou de acordo con ter un exército, si. Pero o exército que sexa de axuda humanitaria. Non quero ter que manter ás Forzas Armadas. Non necesitamos armas. Non nos van invadir. Que no terremoto sucedido en haití o país que máis médicos e axuda levou fora Cuba debería servir de reflexión para os anticastristas todos. Un país en teoría laico como é España non debería subvencionar a Igrexa Católica. Os equipos de fútbol, baloncesto e máis deportes deberían pagar as débedas que teñen. Todos os millóns que roubaron xente como Fabra e Camps, entre outros máis, debería volver para o pobo. A crise que estamos vivindo que a paguen os culpables e non o pobo e menos as autonomías que non teñen culpa. Que conste que non estou facendo unha defensa das autonomías pero pareceme ridiculo os intentos de agochar a verdade xustificando que os gastos proceden das autonomías.

Fran Bragado Souto
4º ESO/ Curso 2011/2012
Comentarios (0) - Categoría: DE ACTUALIDADE - Publicado o 08-06-2012 12:29
# Ligazón permanente a este artigo
SOBRE O ARTIGO "TEÑO 15 ANOS E SON RARA"
Comprendo moi ben á rapaza do artigo. A súa historia recordame a miña aínda que algo distinta.
Eu sempre falei castelán na casa xa que era o idioma que falaban nela. Na rúa falaba galego. Fai uns anos comecei a falar galego tamén na casa, de súpeto. Case dun día para outro. Considérome unha persoa monolingüe xa que o galego é a lingua que emprego sempre.
Remontándome anos atrás comezo a pensar no que me fixo cambiar a ser ``raro´´ coma a rapaza esta. Era o primeiro ano do mandato de Feijóo e se non recordo mal ía en segundo da ESO. Ante a sorpresa de todos chegara unha enquisa aos colexios para levar a casa e que os pais a cubriran. O meu antigo profesor de sociais, persoa comprometida coa lingua galega e con máis temas sociais, explicoume a min e a outros dous compañeiros en que consistía a estafa da enquisa. Resulta que mediante a demagoxia o goberno do PP conseguía recortar horas en galego a non ser que marcases a opción de ``Todo en Galego´´. Un tempo despois de que a sondaxe rematara saiu o ``DECRETAZO´´ do señor Feijóo. Nesta medida tomada ``DEMOCRATICAMENTE´´ recortouse as horas de ensinanza en galego. Recortouse tanto que ata tes a posibilidade de só dar, unha asignatura en galego! Coa chegada do inglés e do marabilloso bilingüismo podemos optar só a dar lingua galego en galego.
Eu tiña ben claro que isto non me gustaba xa que era degradante para a miña lingua. Nesta época comecín a ir ás primeiras manifestacións en contra do decreto. Cando chegaba á casa, rapidamente buscaba as noticias relacionadas coa protesta. Xornais tan ``subxectivos´´ como ABC e La Razón mentían unha e outra vez sobre as reivindicacións en beneficio da lingua galega. Xa sempre me considerara unha persoa de esquerdas pero dende ese momento empecinme a centrar moito máis na política xa que a comencei a ver moi necesaria no día a día. Centreime e coñecín vin os temas, como Andrea, de Palestina, país que sufre xenocios cada día por Israel e que está consentido por países como os amantes da liberdade e da democracia os Estados Unidos e por España. Tamén descubrín o que pasa no Sahara, en Latinoamérica, en África...
Sendo adolescente e estar pensando na política é estraño para moitos dos teus amigos. Por desgraza a miña xeración e algunha máis está marcada pola noxenta frase de: ``Es lo que hay´´. Cada vez que a escoito penso, en serio que son eu o raro?

Fran Bragado Souto
4º de ESO Curso 2011/2012
Comentarios (1) - Categoría: DE ACTUALIDADE - Publicado o 08-06-2012 12:26
# Ligazón permanente a este artigo
ARTIGO DE OPINIÓN DE ANTÓN TENREIRO SOBRE AS RECEITAS DE CONTENCIÓN DO GASTO PÚBLICO
http://www.galiciaconfidencial.com/nova/10651.html
Comentarios (0) - Categoría: DE ACTUALIDADE - Publicado o 04-06-2012 10:43
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal