DE LINGUA EN LINGUA


BLOGUE DE LINGUA GALEGA DO CPI DE PONTECESURES
Hai quen bota a lingua a pacer con moita facilidade; outros chegan a perderse pola lingua ou teñen que morder a lingua para non irse da lingua. Nós, neste caderno de bitácora, imos tirar da lingua para dicir todo aquilo que temos na punta da lingua aínda que fiquemos coa lingua fóra. Tentaremos non ser lixeiros de lingua, ou si, se cadra...pero nunca malas linguas...Iso deixámosllelo ás linguas viperinas, que cospen veleno. Quizais cheguemos a ter don de linguas, mais o que nos importa de verdade é que a nosa lingua vaia de lingua en lingua.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 WEBS RECOMENDADAS
 FOTOBLOGOTECA
 DESTACADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO

O QUE É SER GATO

Vós non sabedes o que é ser gato. Ser gato é: Ter sete vidas, das cales catro xa as gastamos en pelexas con outros gatos, parir non sei cantas veces ao ano cinco ou seis crías (se non son máis de cada vez que o facemos) e temos unha lingua mundial entre nós: con só unha palabra "Miau". Con ela solucionamos todo, non temos que aprender nada máis para falar entre nós.
Vós sabedes cantos gatos morren ao ano nas estradas? Moitos, e só dunha maneira, ser atropelados polos coches. O malo é que botamos as tripas para fóra. Un día un gato vello da casa do veciño, cruzou a estrada para coller un peixe que lle caera á peixeira, esquivando todo coche, ata que o atropelou unha moto, malia que o pobre xa case conseguira chegar.
Falando de peixe, a nós gústanos moitísimo ese cheiro que nos fai cóxegas no nariz, sexa da clase que sexa, e máis o polbo xa que somos gatos de Galicia. Tamén nos gusta o leite, frío, quente , morno, etc.
Outro perigo sonche as velliñas, que cada vez que facemos pelexa ou andamos cerca delas veñen con vasoiras e tírannolas.
Un día meu amo, que aínda é un rapaciño, puxo gatiños dentro dun ordenador. Eu quedei abraiado. Meus pobriños, estaban alí atrapados, pero felices e coquetos. Cando marchou meu amo, subín ao escritorio e púxenme fronte ao computador .Estendinlle a man a un dos gatos pero había unha cousa invisible diante deles. Quíxenlle rabuñar a esa cousa invisible e doume unha descarga eléctrica; ala, unha vida menos. Adeus, meus amigos, humanos e gatos ¡¡¡¡¡MIAUU!!!!.

Pablo Oliveira 3ºA
Comentarios (0) - Categoría: A FORXA DAS LETRAS - Publicado o 29-05-2015 13:34
# Ligazón permanente a este artigo
Historias da Nosa Terra II: A Cacería

Como todos os días, levántome da cama de palla e póñome a miña roupa para traballar no campo, feita de pel de cabra.
Collo o pan, que sempre me deixa a miña nai, enriba dunha basixa de barro, e saio da casa para levar o gando da miña familia a pacer ao borde do río.
Pero este día é distinto aos outros. Xa hai tres meses que cumprín os 16 anos, e como todos os nenos que cumpren os dezaseis, terei que facer, xunto con outros rapaces, unha serie de probas para poder ser homes de verdade.
Estamos case a principios de inverno e os cervos están na época de apareamento. A nosa misión é matar a dez cervos adultos, traer a súa cabeza e volver. Temos, como moito, sete días para atrapar, matar e levar as cabezas á aldea. Pero para iso aínda faltan varias horas, e teño que apurarme, porque aínda hai que levar o gando ao río. Polo camiño penso o que farei cando esteamos sós no bosque.
Despois de tres horas coas vacas, decido volver á aldea, porque se vai facer tarde, e quero chegar puntual, é un día moi importante para min e non quero estragalo.
Nada máis chegar á casa gardo ás reses. Despois de cerrar a porta do valado, marcho correndo ao castro do sabio ancián.
Ao parecer, cheguei demasiado puntual, aínda non había ninguén, pero pouco tiven que esperar. Cada vez chegaban máis persoas. Algúns eran nenos pequenos, anciáns, homes e mulleres que só viñan a mirar e a desexarnos sorte.
Unha vez que estabamos os 12 rapaces, o ancián dános a cada un un amuleto, un arco, 20 frechas e un coitelo mentres que unhas rapazas nos pintan a cara e o corpo.
Non reparei moito na nena que me estaba pintando o corpo, pero, cando empezou coa cara fixeime máis nela.
Era unha rapaza fermosa, duns 16 anos, coma min, tiña o pelo dunha preciosa cor castaña clara, os seus ollos eran case da mesma cor, aínda que máis escuros. É delgadiña, e tan alta coma min, leva un vestido de pel de vaca, forrado por fóra con pelo de coello. Era un vestido cerimonial, posiblemente xa o usara a súa nai.
Namoreime dela nada máis vela. Mentres me pintaba a cara pregunteille: “Ola, como te chamas?”.
-Chámome Alba. E ti como te chamas?
-Chámome Xián -respondinlle.
-Encantada, Xián. Por certo, es moi guapo.
E despois foise.
Púxenme colorado e rin un pouco polo baixo.
Cando todas as rapazas acabaron, o ancián empezou a dar o mesmo discurso de todos os anos. Eu non o atendía, só podía pensar en Alba. Unha vez acabado o discurso todos os 11 rapaces máis eu marchamos ao espeso e perigoso monte.
Despois dunha carreira de dez minutos, chegamos ata un claro. Como eu era o máis vello, decidiron que eu sería o xefe. Pero non todos estaban de acordo con esa decisión. Os que estaban en contra miña marcharon e formaron un novo grupo, un grupo de 4 rapaces.


O primeiro que hai que facer é un refuxio e facer lume. Mandei aos tres máis áxiles e mañosos que fixeran unha cabana, e o resto adrentámonos no bosque para explorar.
Cando empezaba a escurecer decidimos regresar ao campamento para contarnos todo o que vimos e o que tiñamos.

- A cabana xa está rematada e hai suficiente espazo para durmir todos nela -contou Aleixo orgulloso.
-Mentres buscabamos o material para facer a cabana, encontrei unha lanza e unha espada moi desgastadas, que estaban case enterradas- dixo Darío mentres as ensinaba.
-O lume tería que aguantar prendido toda a noite, pero por se acaso collín madeira e púxena ao lado da cabana- dicía Fernán mentres se levantaba ata onde estaba a madeira.
-Eu mais Afonso encontramos un pequeno grupo de cervos a trescentos pasos de aquí -asegurou Xián.
-Eu encontrei, non moi lonxe da cabana, unhas plantas que nos servirán para curar feridas -E sacou Afonso unha presa desas herbas.
-Pois eu non vin nada importante -contestou Ernesto mentres afiaba o seu coitelo.
-Nin eu -concluíu Gregorio.

Despois desta pequena charla decidín que sería mellor durmir agora para poder espertar mañá cedo. Mandei a Gregorio que fixera hoxe a garda e el aceptou.
Pasou a noite, e segundo Gregorio non houbo ningún contratempo.
Todos menos Fernán e Darío quedaron no claro, mentres que o resto marchamos a cazar.
Pasaron 6 horas, xa era a hora de xantar e o meu grupo só conseguiu cazar 6 perdices para comer, e non viron ningún cervo.
Ao acabar a comida volveron a marchar os mesmos a cazar, esta vez con mellores resultados. Organicei unha emboscada. O seu obxectivo, atrapar e matar aos dous cervos macho adultos. Cen pasos de onde estaban os cervos cavaron un buraco e tapárono con follas e ramas. Ernesto e Gregorio asustaron os cervos para que marcharan cara a onde estaba a trampa. Lográrono, caeron no buraco 5 cervos, entre eles os dous machos. Matáronos e gardaron as súas cabezas dentro da cabana.
O resto do día descansaron e comeron carne de cervo ata fartar.
Ao día seguinte volveron á caza os mesmos de sempre, e encontraron a outro grupo de cervos, pero esta vez non había ningún macho.
A medida que pasaban os días cada vez notábase máis que chegaba o inverno.
Xa quedaban dous días para acabar o prazo, e faltábanlle só un cervo, pero quedáronse sen frechas. Durante todo este tempo non encontraron nin rastro do outro grupo.
Día número nove pola mañá. Esta vez todos saíron en busca do último cervo. Afastáronse moito máis ca outras veces e chegaron a unha zona que nunca antes viran. Había un pequeno lago e unha cova, que non decidiron explorar por medo a que nela vivíse algún oso.
Fernán encontrou unhas pisadas, pisadas de cervo. E pouco tempo despois escoitáronse os seus bramidos. Todos correron ata o lugar onde os escoitaron.
Non tardaron moito en chegar. Encontraron a unha gran manada de cervos,e por sorte, había moitos machos.
-E agora que facemos?- preguntou Afonso mentres me miraba.
-Teño un plan!- exclamou Fernán.
-E en que consiste? -preguntou Ernesto.
- Pois, asustaremos aos cervos, iremos dividindo a manada en grupos cada vez máis pequenos e levarémolos ata a cova, intentando que os cervos machos non se escapen. Só necesitamos unha cabeza máis, pero, por se acaso levaremos máis dun á cova. Entendido? -ordenou Fernán.
Colocáronse todos detrás dos cervos, en dirección á cova.
-3... 2... 1... xa!! -berrei con forza e empezamos a correr.
Os cervos, asustados, intentaron escapar. O plan ía segundo o planeado.
- Xa conseguimos metelos dentro da cova, e agora que?- preguntou Afonso.
-Pois a por el, atacade todos á vez -ordenou Ernesto.
-Vale, vamos!- berrei
Todos botámonos encima do cervo e matámolo a coiteladas. Celebramos a nosa vitoria, pero, de repente, un oso saíu de dentro da cova. O oso deulle un zarpazo a Darío, que estaba de costas, e quedou sangrando no chan, sen moverse.
Coas lanzas intentamos que o oso non se achegase máis e iámosllas cravando no estómago. Fixemos o mesmo que co cervo: atacamos todos á vez, pero esta vez non foi tan fácil. O oso empurrou a Aleixo e deulle unha poutada no peito a Ernesto.
Tiña o oso de costas. Non me vía, estaba demasiado ocupado loitando contra os meus compañeiros. Era a miña oportunidade, levantei a lanza e craveilla no pescozo ao oso. Este caeu ao chan, retorceuse, berrou e , ao final, morreu desangrado.
Fumos xunto a Darío. Estaba morto. Ordenei a Afonso que levara o corpo fóra da cova, a Gregorio que fixera un buraco para enterrar o cadáver de Darío e a Duarte que lle curase a ferida a Ernesto.
Volvemos ata a cabana, esta vez sen ningún contratempo. Estamos tristes pola morte do noso compañeiro pero tamén felices por ter as dez cabezas de cervo.
Chegamos á cabana, collemos as cabezas e marchamos cara o pobo.
Corremos todo o que puidemos para chegar canto antes ata a nosa aldea, pero, cando saímos do bosque e xa podiamos ver a entrada da aldea, vimos que estaba toda queimada, en ruínas e chea de cadáveres.
-A aldea foi atacada mentres estabamos fóra! Onde está Alba? Alba! ALBA!!-berrei.

Continuará...

Xenxo Santiago Lorenzo
Comentarios (0) - Categoría: A FORXA DAS LETRAS - Publicado o 29-05-2015 13:25
# Ligazón permanente a este artigo
O CALIGRAMA DE ALBA

Comentarios (1) - Categoría: A FORXA DAS LETRAS - Publicado o 27-05-2015 23:38
# Ligazón permanente a este artigo
POESÍA VISUAL

Esta semana puxemos en práctica a nosa imaxinación en 2º de ESO para crear poemas visuais nos que a mensaxe se transmite a través da imaxe e a palabra. Aquí tedes o poema de Jennifer Garanger e o caligrama de Alba Mariño.
Comentarios (1) - Categoría: A FORXA DAS LETRAS - Publicado o 27-05-2015 23:32
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal