DE LINGUA EN LINGUA


BLOG DE LINGUA GALEGA
Hai quen bota a lingua a pacer con moita facilidade; outros chegan a perderse pola lingua ou teñen que morder a lingua para non irse da lingua. Nós, neste caderno de bitácora, imos tirar da lingua para dicir todo aquilo que temos na punta da lingua aínda que fiquemos coa lingua fóra. Tentaremos non ser lixeiros de lingua, ou si, se cadra...pero nunca malas linguas...Iso deixámosllelo ás linguas viperinas, que cospen veleno. Quizais cheguemos a ter don de linguas, mais o que nos importa de verdade é que a nosa lingua vaia de lingua en lingua.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

MANUEL CURROS ENRÍQUEZ
Para comezar con este grande poeta do Rexurdimento, propoño que visitedes na páxina da súa fundación o apartado relativo á biografía:

http://www.currosenriquez.es/PAGINAS/O%20poeta/O%20poeta.html

Nesta presentación resúmense as características básicas da obra de Curros Enríquez:

curros
View more PowerPoint from IES


Agora podemos visitar a páxina da Biblioteca Virtual Galega que recolle todos os poemas de Aires da miña terra. Comentaremos primeiramente "Mirand'ó chau".

http://bvg.udc.es/indice_paxinas.jsp?id_obra=Aid%27miTe1&id_edicion=Aid%27miTe1003&cabecera=%3Ca+href%3D%22ficha_obra.jsp%3Fid%3DAid%2527miTe1%26alias%3DManuel%2BCurros%2BEnr%25EDquez%22+class%3D%22nombreObraPaxina%22%3EAires+d%27a+mi%F1a+terra%3C%2Fa%3E&alias=Manuel+Curros+Enr%EDquez&formato=texto


1.Entre outros, este poema suscitou as iras do bispo de Ourense, que levou a Curros aos tribunais. Explica que comportamentos e sectores sociais critica Curros neste poema.
2.Comenta como aparece retratada a figura de Deus no poema.

Lemos agora o poema "O mayo" e escoitamos esta versión musicada que incorpora imaxes da festa tradicional dos maios, da que se fala neste poema:



1. En que consiste a festa tradicional dos maios? Para responderes, podes basearte no que aparece en Galipedia sobre este festexo:
http://gl.wikipedia.org/wiki/Festa_dos_maios

2. Partindo desta tradición, que males da sociedade da súa época critica Curros?


Comentarios (0) - Categoría: L. GALEGA 3º ESO - Publicado o 08-05-2012 21:01
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0