DE LINGUA EN LINGUA


BLOGUE DE LINGUA GALEGA DO CPI DE PONTECESURES
Hai quen bota a lingua a pacer con moita facilidade; outros chegan a perderse pola lingua ou teñen que morder a lingua para non irse da lingua. Nós, neste caderno de bitácora, imos tirar da lingua para dicir todo aquilo que temos na punta da lingua aínda que fiquemos coa lingua fóra. Tentaremos non ser lixeiros de lingua, ou si, se cadra...pero nunca malas linguas...Iso deixámosllelo ás linguas viperinas, que cospen veleno. Quizais cheguemos a ter don de linguas, mais o que nos importa de verdade é que a nosa lingua vaia de lingua en lingua.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 WEBS RECOMENDADAS
 FOTOBLOGOTECA
 DESTACADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO

PREMIOS CORRELINGUA 2012

O luns 16 de abril celebrouse no Instituto Rosalía de Castro de Santiago o acto de presentación do Correlingua 2012 e a entrega dos distintos premios de banda deseñada, manifesto e vídeo. Os organizadores e entidades colaboradoras presentes no acto louvaron a calidade dos traballos presentados. Queda aquí unha foto da recollida dos premios, pero hai máis na fotoblogoteca.

Comentarios (0) - Categoría: PARTICIPANDO SAÍMOS GAÑANDO - Publicado o 19-04-2012 19:01
# Ligazón permanente a este artigo
ROSALÍA DE CASTRO
Na páxina web da fundación Rosalía de Castro, atoparedes unha biobibliografía detallada da escritora.

http://rosaliadecastro.org/rosalia/biografia/

Na Galipedia aparece explicada a ruta rosaliana, un traxecto turístico polos arredores de Santiago e Padrón que tiveron algunha importancia especial para a escritora.


https://gl.wikipedia.org/wiki/Ruta_Rosaliana



No site da Biblioteca Virtual Galega, podedes consultar os poemas de Cantares gallegos e de Follas Novas, así como outros textos da escritora. Lede e comentade un dos máis famosos de Cantares gallegos: "Adiós ríos, adiós fontes":

http://bvg.udc.es/paxina.jsp?id_obra=CaGa++++1&alias=Rosal%EDa+de+Castro&id_edicion=CaGa++++1002%20%20%20%20%20%20&formato=texto&pagina=4&cabecera=%3Ca+href%3D%22ficha_obra.jsp%3Fid%3DCaGa++++1%26alias%3DRosal%EDa+de+Castro%22+class%3D%22nombreObraPaxina%22%3ECantares+Gallegos%3C%2Fa%3E%20%20%20%20%20%20&maxpagina=8&minpagina=1


Na páxina "son de poetas", cuxo enlace tedes na sección "literatura galega", aparece unha versión musicada dun poema post-mortem que lle dedicou Curros Enríquez. Nela refírese aos "lobos" que a "comeron". Relaciona este poema con outro de Rosalía, que aparece tamén nesta mesma páxina de son de poetas: "A xusticia pola man". Despois de ler o poema, atópaslle sentido á calificación de "chorona" que parte da crítica lle viña dando? Consulta máis poemas de Follas Novas para corroborar a túa opinión. Neste sketch de humor de "Air Galicia" satirízase tamén este tópico que se creou sobre a obra rosaliana:

http://www.youtube.com/watch?playnext=1&index=9&feature=PlayList&v=m0wyw7kQwkg&list=PLE7B91413D0B09EBC
Despois de leres todo isto a ver se es capaz de resolver este cuestionario aloxado na páxina da as-pg:
http://www.as-pg.com/webquests/derosalia/index.html

A raíz dos actos de conmemoración do 150 aniversario da publicación de Cantares gallegos, a escritora Marta Rivera, unha escritora en castelán, foi seleccionada pola Xunta para o evento. Ante as críticas recibidas, ela defendeuse argumentando que tamén Rosalía fora criticada polo movemento nacionalista e por iso deixara de escribir en galego. Neste artigo analízanse as causas que motivaron que Rosalía decidise non publicar máis libros en galego a partir de 1880, así como cal era a realidade sociolingüística da Galicia da súa época:

http://praza.com/cultura/3961/por-que-rosalia-dixo-que-non-volveria-escribir-en-galego/
Comentarios (0) - Categoría: TEORÍA 3º ESO - Publicado o 16-04-2012 20:47
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal