DE LINGUA EN LINGUA


BLOGUE DE LINGUA GALEGA DO CPI DE PONTECESURES
Hai quen bota a lingua a pacer con moita facilidade; outros chegan a perderse pola lingua ou teñen que morder a lingua para non irse da lingua. Nós, neste caderno de bitácora, imos tirar da lingua para dicir todo aquilo que temos na punta da lingua aínda que fiquemos coa lingua fóra. Tentaremos non ser lixeiros de lingua, ou si, se cadra...pero nunca malas linguas...Iso deixámosllelo ás linguas viperinas, que cospen veleno. Quizais cheguemos a ter don de linguas, mais o que nos importa de verdade é que a nosa lingua vaia de lingua en lingua.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 WEBS RECOMENDADAS
 FOTOBLOGOTECA
 DESTACADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO

O COMENZO DA PRIMAVERA
O inverno casa co verán
para dar lugar
a un alegre abano de cores
chamado
PRIMAVERA.
Os animais espertan
do branco sono que a
NEVE
trouxo con ela
e saen á rúa ao distinguir
a colorida canción
que canta o
VENTO.
O doce sabor de
MAIO
chega ata as árbores,
que colorean alegres
Sae das augas cristalinas
o reflexo da danza da
PRIMAVERA.
Vense bailar as
BOLBORETAS
ao escoitar florecer de novo
os cánticos dos
PAXAROS.

Paula Carril Gontán
1º ESO
Comentarios (0) - Categoría: A FORXA DAS LETRAS - Publicado o 22-03-2017 11:36
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal