DE LINGUA EN LINGUA


BLOGUE DE LINGUA GALEGA DO CPI DE PONTECESURES
Hai quen bota a lingua a pacer con moita facilidade; outros chegan a perderse pola lingua ou teñen que morder a lingua para non irse da lingua. Nós, neste caderno de bitácora, imos tirar da lingua para dicir todo aquilo que temos na punta da lingua aínda que fiquemos coa lingua fóra. Tentaremos non ser lixeiros de lingua, ou si, se cadra...pero nunca malas linguas...Iso deixámosllelo ás linguas viperinas, que cospen veleno. Quizais cheguemos a ter don de linguas, mais o que nos importa de verdade é que a nosa lingua vaia de lingua en lingua.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 WEBS RECOMENDADAS
 FOTOBLOGOTECA
 DESTACADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO

A XUNTA SOBE O PREZO MÁXIMO DOS MENÚS NOS COMEDORES ESCOLARES
Segundo difunde o xornal Praza Pública: "O departamento que dirixe Jesús Vázquez revoluciona as regras que rexen os comedores, que ata agora eran de balde para o 91,82% do alumnado e nos que agora terá que pagar o 43,26%, segundo cálculos do propio Goberno galego".

Lede este artigo que cuestiona que non haxa máis saída que esta medida, tal e como afirmou o conselleiro de educación, contrastade a información con outros artigos dos medios e opinade sobre o tema:



http://praza.com/politica/3899/concertos-con-colexios-que-segregan-valen-por-650000-menus-escolares/
Comentarios (0) - Categoría: DE ACTUALIDADE - Publicado o 18-03-2013 20:41
# Ligazón permanente a este artigo
FRAN BRAGADO SUXÍRENOS A LECTURA DESTA NOTICIA
http://www.sermosgaliza.com/artigo/internacional/-non-son-persoas-humanas-son-parasitos-do-decente-asi-fala-d-s-sen-teito-o-avogado-de-cinco-neonazis/20130312193117012417.html

Despois de lela, ocórreseme só a pregunta de como é que este individuo non acaba tamén no banco dos acusados. Intentaremos seguir este caso, a ver se é que aínda lle queda dignidade á Xustiza.
Comentarios (0) - Categoría: DE ACTUALIDADE - Publicado o 16-03-2013 20:28
# Ligazón permanente a este artigo
A FIN DO MUNDO

Un día, eu estaba na miña casa facendo os deberes mentres meu pai estaba na sala mirando a televisión, porque chegara de traballar e sempre, ao vir, senta no sofá para descansar un anaco e ver as noticias. Acórdome ben que eu estaba estudando sociais cando, meu pai chamou a miña nai dicíndolle que nas noticias saíra que a fin do mundo ía chegar. Eu, toda asustada, fun xunto a eles e pregunteilles se iso era verdade. Eles dixéronme que si, que en todas as canles estaban dando esa noticia. Eu tiña dez anos e apenas entendía por que o mundo tiña que acabar, pero despois do que me explicara meu pai, máis ou menos xa tiña unha idea de como podía ser. Propúxenme que antes de que iso pasase tiña que facer unha listaxe de desexos que quería realizar xa había tempo. Pois ben, fun ao meu cuarto, collín unha libreta e un bolígrafo e marchei para o campo para alí anotar eses desexos. Empecei polo que podía facer coa miña familia. Ocorréronseme un par de ideas. A primeira era que podiamos organizar unha cea con toda a familia e a segunda era que lle ía regalar algo a cada un deles para demostrarlles o cariño que lles tiña. Continuei polos meus amigos. Ocorréuseme que podiamos ir todos ao cine unha tarde e tamén que, como estabamos en pleno verán, podía celebrar unha festa na miña casa, na piscina. Por último, seguín por un rapaz que coñecín cando estabamos en párvulos e do que me namorei dende o primeiro día que o vin, sentimento que foi medrando co tempo. Chamábase David. El non sabía que me gustaba, simplemente pensaba que eu só o consideraba un amigo. Nunca me atrevín a dicírlle que me gustaba pero, como ía acabar o mundo, pensei que sería necesario sincerarme con el. Había moitas máis rapazas namoradas del, así que, aínda que eu lle dixese a verdade, todo ía quedar como estaba. Estiven buscando o momento para llo dicir a el, pero nunca estaba só así que non me quedaba máis remedio que comentarllo diante de todos. Un día na escola, puxémonos a xogar na clase. O xogo consistía en que, se alguén te elixía tiñas que desvelar un desexo. Eu aproveitei ese día e díxenlle diante de todos que me gustaba. Marchei a correr e, durante uns días non tiña pensado volver ao colexio.
Uns días máis tarde púxenme a ver as noticias con meus pais e dicían que o do fin do mundo fora unha falsa alarma. Eu, coa vergoña, cambieime de escola, non quixen volver á que estaba, porque sabía que se volvía todos se ían rir de min e que, ía ser a rapaza máis patética da escola. Dende esa, ninguén volveu saber nada mais de min.

Verena Vieites Fernandes
2º ESO B Curso 2012/2013
Comentarios (0) - Categoría: A FORXA DAS LETRAS - Publicado o 11-03-2013 12:43
# Ligazón permanente a este artigo
POLÉMICA POLA PERSOA ESCOLLIDA POLA XUNTA PARA OS ACTOS DE HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO
http://www.sermosgaliza.com/artigo/cultura/a-aelg-o-pen-clube-e-a-mesa-critican-a-participacion-de-marta-rivera-na-homenaxe-a-rosalia/20130307210256012150.html
Comentarios (0) - Categoría: DE ACTUALIDADE - Publicado o 11-03-2013 09:52
# Ligazón permanente a este artigo
CARLA CONSTENLA PROPÓN A LECTURA DA SEGUINTE NOTICIA
Velaquí unha noticia que me chamou a atención esta fin de semana.

http://www.galiciaconfidencial.com/nova/13526.html

Cando vín o titular,sorprendeume gratamente que fóra de Galiza sigan vendo o galego como unha lingua útil. A suxerencia destes profesores asturianos paréceme moi interesante. Alédame que ainda haxa persoas as que lle importe a situación do galego no mundo, e que se preocupen por ela, xa que é unha das cousas máis importantes que temos os galegos, e na miña opinión, debemos conservar moito tempo.
Comentarios (0) - Categoría: DE ACTUALIDADE - Publicado o 11-03-2013 09:22
# Ligazón permanente a este artigo
ALEX BALEIRÓN PROPÓN QUE LEADES ESTE ARTIGO
http://galiciaconfidencial.com/nova/13464.html
Comentarios (0) - Categoría: DE ACTUALIDADE - Publicado o 06-03-2013 20:38
# Ligazón permanente a este artigo
MICROCÁMARAS

Estaba eu tan tranquila na miña habitación escoitando música cando, de súpeto soou o teléfono móbil da miña nai. De alí a un pouco, veu ela moi ilusionada dicíndome que o meu tío Xoán viña á vila a pasar unhas pequenas vacacións. Eu non me alegrei moito, pois non o coñecía. A miña nai dicíame que era unha boa persoa, aínda que estivera no cárcere. Ela dicía que cambiara moitísimo.
Esa mesma tarde, fomos ao aeroporto, que estaba a tres quilómetros, a recollelo. Cando o vin por primeira vez, dinme conta de que el aparecía nunha foto, na casa da miña amiga Raquel. A súa nai e o meu tío saían nela. Decidín que llo preguntaría máis tarde.
Era moi simpático. Cando se achegou, deume unha bolsa de caramelos. Fixémonos amigos, e non me separaba en ningún momento del.
Un día decidín xogar aos espías, e perseguín ao meu tío por toda a vila. De repente, vin como se metía na casa da miña amiga Raquel forzando a porta. Decidín ir e ver o que pasaba. Entrei moi silenciosamente pola porta e atravesei o salón. O meu tío estaba colocando algo no marco da foto que anteriormente mencionei, na que saía el e a nai de Raquel, coa mala sorte que me viu. Veu correndo ata min e pregoume que non dixera nada. Pregunteille que facía, e respondeume que estaba poñendo unha microcámara para vixiar á nai de Raquel. Explicoume que anteriormente, antes de que eu nacera, estaban namorados, pero cando entrou no cárcere deixoulle de falar e púxolle unha orde de afastamento. Díxome que seguía namorado dela, e que por iso poñía unha microcámara, para poder vela. Por iso non llo podía dicir a ninguén. Eu saín correndo da casa, e nun descampado preto de alí vin a Raquel e á súa nai paseando. Preguntáronme se estaba ben, que parecía preocupada. Eu saín correndo, sen dar ningunha resposta. Cheguei á miña casa e pecheime na miña habitación. Case non saía da casa, non quería volver ver ao meu tío.
Xa pasaran algúns días, e o meu tío Xoán xa marchaba da vila.
Tiven que ir e despedirme del. Non dixera nada aínda da microcámara, pero non podía máis. Conteillo todo á miña nai e chamamos á policía para que o detivesen por entrar na casa de Raquel e poñer cámaras. Viñeron a por el e levárono. A miña nai díxome que fixera moi ben en dicilo, que algúns segredos pódense gardar pero outros non.
CANDELA LAFUENTE LÓPEZ 2º ESO A
Comentarios (0) - Categoría: A FORXA DAS LETRAS - Publicado o 06-03-2013 20:34
# Ligazón permanente a este artigo
ALBERTO RIVAS DÉIXANOS ESTA SUXERENCIA
Gustaríame aportar algo para o blog, aínda que non me suba nota este ano. Atopei unha interesante canción de Dios ke te crew chamada Estranxeiros, ten unha gran mensaxe.
Deixo aquí o link:



Escribín un artigo no meu blog sobre o tema, deixo tamén o link, que no apartado de blogs de alumnos sae mal posto.
Un saúdo!

http://averdaderevolucionaria.blogspot.com.es/2012/12/ilegais.html?m=1
Comentarios (0) - Categoría: COMENTARIOS ALUMNADO - Publicado o 06-03-2013 20:08
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal