DE LINGUA EN LINGUA


BLOGUE DE LINGUA GALEGA DO CPI DE PONTECESURES
Hai quen bota a lingua a pacer con moita facilidade; outros chegan a perderse pola lingua ou teñen que morder a lingua para non irse da lingua. Nós, neste caderno de bitácora, imos tirar da lingua para dicir todo aquilo que temos na punta da lingua aínda que fiquemos coa lingua fóra. Tentaremos non ser lixeiros de lingua, ou si, se cadra...pero nunca malas linguas...Iso deixámosllelo ás linguas viperinas, que cospen veleno. Quizais cheguemos a ter don de linguas, mais o que nos importa de verdade é que a nosa lingua vaia de lingua en lingua.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 WEBS RECOMENDADAS
 FOTOBLOGOTECA
 DESTACADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO

CIDADE DA CULTURA A DEBATE
http://www.galiciahoxe.com/hemeroteca-web/gh/varela-di-gaias-nova-icona-galicia-catedral/idEdicion-2011-02-19/idNoticia-641577/


OPINIÓN DE MANUEL RIVAS SOBRE A CIDADE DA CULTURA

http://www.xornal.com/artigo/2011/01/17/cultura/rivas-cidade-da-cultura-purgatorio-galegos/2011011700024803478.html
Comentarios (0) - Categoría: DE ACTUALIDADE - Publicado o 10-03-2011 09:58
# Ligazón permanente a este artigo
XOVES E CONSUMO DE DROGAS
http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-sociedade/gh/consumir-drogas-cos-ollos-vendados/idEdicion-2011-03-10/idNoticia-647618/


Consumir drogas cos ollos vendados
A morte é o único perigo que os mozos de 15 a 24 anos perciben a curto prazo, pero moi remoto e relacionado sobre todo coas pastillas. O 41% considérano un risco inherente á súa idade, algo que deben afrontar e cuxa superación é positiva
Comentarios (0) - Categoría: DE ACTUALIDADE - Publicado o 10-03-2011 09:48
# Ligazón permanente a este artigo
DOAZÓNS DE ÓRGANOS
http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-sociedade/gh/330-galegos-agardan-un-ril/idEdicion-2011-03-10/idNoticia-647616/

Día do doente renal
330 galegos agardan un ril
A escaseza de órganos súplese cos transplantes de doantes vivos, que xa supoñen o 10% do total ·· En Galicia non houbo no 2010 ningún "bo samaritano"
Comentarios (0) - Categoría: DE ACTUALIDADE - Publicado o 10-03-2011 09:42
# Ligazón permanente a este artigo
CAMPAÑA PUBLICITARIA EN PONTEVEDRA CONTRA O URBANISMO DESMEDIDO


http://theorangemarket.com/index.php/2011/01/18/se-vende-la-alameda-de-pontevedra/
Este é o artigo dos edificios da alameda de Pontevedra.
http://www.inmobiliariacdm.blogspot.com/
Esta é a dirección do blogue da inmobiliaria onde temos unha noticia na TVG

José Carlos García Pérez 3º ESO

Comentarios (0) - Categoría: COMENTARIOS ALUMNADO - Publicado o 10-03-2011 09:36
# Ligazón permanente a este artigo
EXCURSIÓN A ANDORRA 2011


O sábado día 19 de Febreiro marchamos de excursión a Andorra. Esta excursión estaba programada por Felipe o profesor de Educación Física.
Tibemos que esperar polo autobús na escola, que por certo… retrasouse bastante. Cando subimos ao autobús vimos aos do outro colexio, Barrantes. Cando pasaron uns 10 minutos máis ou menos comezamos a presentarnos todos, os do outro colexio parecian moi bos.
Chegamos a Andorra ¡ POR FIN ! fumos ata a estación de esquí e alí deronnos unha pequena charla. Despois fomos para o hotel, xa estabamos moi cansos, alí cenamos e xa marchamos para a cama a “dormir”…
Ó seguinte día,o luns, xa fomos a nosa primeira clase de esquí, que por certo, foi moi pavera porque houbo algunhas caidas graciosas. Cando acabamos ca clase fomos a esquiar un pouco co profesor e despois tocou ir a comer. Pola tarde tíñamos esquí libre, que tamén estaba moi ben. Acabamos cansadísimos, pero valeu a pena. Pola tardiña fomos para o hotel para ducharnos e para descansar un pouco. As 9 xa era a cena e cando acabaramos de cenar ibamos a dar un paseo, ou si querias, xa ibas para a cama, pero ninguén iba para a cama…
O martes fomos a outras pistas a esquiar máis difíciles que a primeira e xa levei un golpes bastante gordos… pero non pasou nada grave. Despois pola tarde fomos a patinar sobre xeo, que tamén me gustou moito, as doce marchamos da pista de esquí e fomos para a cama.
O mércores pola mañán tocou esquiar como todos os días. Pola tarde fomos a visitar Andorra e pola noite tocou discoteca que o pasei moi ben, coñecimos a xente de Ibiza e a uns ingleses…
O xoves pola mañan tamén tocou esquiar como todos os días. Pero despois de cenar fomos ó balneario para descansar un pouco gustoume moito, sobre todo a parte exterior. Pola noite xa comezou o drama por que Felipe mandaranos facer as maletas e, nos non queriamos marchar, unha do meu cuarto comezou a chorar, despois chorei eu e despois a outra.
O venres foi o último día de esquí que a verdade e que apenas esquiamos por que despedimonos do monitor que nos daba clase de esquí e pouco máis. Pola noite collemos o autobús para vir para Galicia.
No autobús houbo lágrimas, chistes,sorpresas…

VALEU A PENA IR .

Laura García Barros 3ºESO
Comentarios (0) - Categoría: COMENTARIOS ALUMNADO - Publicado o 10-03-2011 09:32
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal