DE LINGUA EN LINGUA


BLOGUE DE LINGUA GALEGA DO CPI DE PONTECESURES
Hai quen bota a lingua a pacer con moita facilidade; outros chegan a perderse pola lingua ou teñen que morder a lingua para non irse da lingua. Nós, neste caderno de bitácora, imos tirar da lingua para dicir todo aquilo que temos na punta da lingua aínda que fiquemos coa lingua fóra. Tentaremos non ser lixeiros de lingua, ou si, se cadra...pero nunca malas linguas...Iso deixámosllelo ás linguas viperinas, que cospen veleno. Quizais cheguemos a ter don de linguas, mais o que nos importa de verdade é que a nosa lingua vaia de lingua en lingua.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 WEBS RECOMENDADAS
 FOTOBLOGOTECA
 DESTACADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO

XOCAS E O PENDENTE DE FREDDY KRUGER
Xocas e o pendente de Krueger
Freddy Krueger estaba en paro e necesitaba traballo. Dende que as súas películas non tiñan éxito, non tiña nin para comer. Camiñando pola rúa caviloso, fixouse nun pequeno anuncio que había no taboleiro da rúa Deputación, nunha pequena vila chamada Pontecesures. Entre as ofertas fixouse nunha que pedía un xardineiro con experiencia para o concello. Esa mesma mañá acudiu ás oficinas de emprego municipais. Cando a funcionaria o viu sorriu con satisfacción.
- Por fin me van agradecer algo os do grupo de goberno. Ti es a persoa que estabamos buscando. Non temos nin un peso para comprar as tesoiras de podar e ti xa as traes incorporadas. Quedas contratado!
Freddy sorprendeuse do fácil que fora conseguir o traballo. Non estaba mal, pero aos tres días xa lle parecía aburrido. Decidiu no tempo libre ir xogar ao 3×3 cos rapaces. Eles aceptárono porque non tiñan porteiro. Na primeira parada xa pinchou o balón, así que decidiu facer o seguinte saque cunha pedra que había alí, coa mala sorte que lle deu a un rapaz na cabeza. Freddy foi a toda présa, colleuno e levouno aínda inconsciente ao centro de saúde. Alí puxéronlle unha venda, e despois dun anaco recobrou o coñecemento. Freddy desculpouse e preguntoulle se quería ir a Padrón. Alí había festa, pois era Pascua e había atraccións. O rapaz aceptou, e colleron o primeiro autobús que se dirixía alí. Cando chegaron, Freddy non se decatara de que non sabía o nome do rapaz. Preguntoulle como se chamaba, e o neno sorrindo contestoulle que Xocas. A Xocas gustáballe moito xogar á tómbola, así que decidiron probar fortuna. O que gañase tocáballe unha minimoto, pero eles non tiveron sorte. Xocas empezou a poñer cara triste así que Freddy saltou por riba do mostrador coa intención de roubar a minimoto. Montou nela pero non tiña gasolina. Entón, cortou coas coitelas varios premios e saíron a correr. Xocas tropezou cunha pedra e caeu. Freddy ía atrás e, como camiñaba mirando a ver se os perseguían, tropezou co rapaz e caeu enriba del furándolle a orella. Xocas empezou a chorar. Freddy colleu un pendente, e como sangraba, púxollo. O rapaz calou e, ao ver o sangue, esvaeuse de novo.
Cando espertou e se viu na cama, recapitulou todo o que pasara e pensou que fora un soño. De súpeto, lembrouse da película que vira o día anterior: a de Freddy Krueger, e decatouse de que nela, todo o que se soñaba, se facía realidade. Asustado saltou da cama e foi ao baño. Acendeu as luces e mirouse ao espello: tiña un pendente na orella dereita con forma de luvas con coitelas, e estaban asinadas cun F!

Alumnado 2º ESO A- Candela Lafuente López
Curso 2012/2013
Comentarios (1) - Categoría: A FORXA DAS LETRAS - Publicado o 12-12-2012 17:46
# Ligazón permanente a este artigo
UNHA SUXERENCIA DE ANTÍA SANMARCO
Escoitando música atopei este poema versionado do poema de Rosalia de castro ''Negra sombra'' http://www.youtube.com/watch?v=gdnVZE5I8Os&feature=related
Ademais tamen atopei unha version de '' Adios ríos, adios fontes'' http://www.youtube.com/watch?v=86nzp0_Hafo&feature=related

Antía Sanmarco Martínez
3º ESO
Comentarios (1) - Categoría: O FARDEL DOS SONS - Publicado o 10-12-2012 13:46
# Ligazón permanente a este artigo
O CAMBIO DE FRANKENSTEIN


-Canastra do "lume prometeo"- Di o locutor de radio
Frankenstein está vendo un partido de baloncesto no que xoga o seu ídolo Prometeo. Frankenstein adórao moitísimo e gustaríalle ser coma el; pero Prometeo, a pesar de ser moi boa persoa, era moi feo alto e descompensado.
A pesar diso, Frankenstein sométese a cirurxía estetica para facerse máis alto; pero era moita altura a que lle tiñan que aumentar, así que tiveron que coserlle partes doutras persoas xa mortas. Tamén se someteu a unha operación para facer a súa cabeza máis grande e pálida xa que Prometeo a tiña así porque non tomaba o sol.
Unha vez remata a recuperación foi a dar unha volta para ver como reaccionaba a xente ao velo, se de verdade a xente pensaría que se parecía a Prometeo.E, algo así pasou: á xente non era que non se lle parecera ao xogador, senón que o confundiron con el!!
Pasaron os días e a xente decatouse de que Frankenstein era un impostor e entón todo o mundo o rexeitaba.
Frankenstein non podía soportar o baleiro e mudouse a Uganda. Pero alí non podía ver a Prometeo...
FIN
María Navarro Jamardo
2º ESO Curso 2012/2013
Comentarios (1) - Categoría: A FORXA DAS LETRAS - Publicado o 10-12-2012 13:44
# Ligazón permanente a este artigo
O TELEVISOR

Era 31 de outubro. Como todos os anos a miña familia reuníase na casa da nosa defunta avoa para celebrar o Samaín. Despois da cea meus curmáns e eu xuntámonos arredor do televisor para ver a película “Noites de medo” . Eu son a maior pero aínda me gustan este tipo de películas. Coma sempre collín a miña curmán Irene e acendín o televisor xa vello, negro e grande. Puxen a película, pero non serviu de nada porque apagouse ao momento. Volvín a intentalo inutilmente. Daquela chamei aos meus pais pero non souberon arranxala. Fomos buscar ao meu tío, que é experto en electrónica, pero tampouco puido.
- Por que non chamamos á tenda? – Dixo a Daniel.
Pero era moi tarde e estaba todo pechado. De súpeto petaron á porta, e entrou a nosa tia cunha chea de xogos de mesa para xogar todos xuntos. Pasounos a noite voando e tivemos que volver para a casa. Pero antes, o televisor acendeuse e dixo: “Ai, esta xuventude … mirade que tiven que facer para que gozásedes un pouco mais da vida”.

FIN
Micaela , 1º ESO
Comentarios (1) - Categoría: A FORXA DAS LETRAS - Publicado o 10-12-2012 13:40
# Ligazón permanente a este artigo
DÚAS CARAS DUNHA MESMA NOTICIA
As medidas adoptadas polo goberno da Xunta en materia de extinción de incendios estiveron de actualidade estes días nos medios de comunicación galegos. No entanto, dependendo do xornal que leamos, a información é ben distinta. Ollade estes dous exemplos, un de Galicia Hoxe e outro de Praza Pública:

http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/servizo-integrado-helicopteros-brigadas-helitransportadas-combater-lumes-forestais/idEdicion-2012-12-05/idNoticia-779950/


http://praza.com/politica/2925/medio-rural-privatiza-a-extincion-de-incendios-con-helicopteros-ata-2015/



Tamén temos dúas versións ben distintas nestas dúas noticias sobre os alugueres que pon a Xunta a disposición das persoas afectadas por un desafiuzamento. Neste caso as noticias son de Sermos Galiza e Galicia Hoxe:

http://www.sermosgaliza.com/artigo/politica/a-xunta-ofrece-200-vivendas-cando-cada-mes-hai-na-galiza-510-familias-desafiuzadas/20121205143338008410.html


http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/xunta-cede-vivendas-gratis-familias-desafiuzadas-renda-inferior-532-5-euros/idEdicion-2012-12-05/idNoticia-779904/
Comentarios (2) - Categoría: DE ACTUALIDADE - Publicado o 06-12-2012 22:35
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal