Hai quen bota a lingua a pacer con moita facilidade; outros chegan a perderse pola lingua ou teñen que morder a lingua para non irse da lingua. Nós, neste caderno de bitácora, imos tirar da lingua para dicir todo aquilo que temos na punta da lingua aínda que fiquemos coa lingua fóra. Tentaremos non ser lixeiros de lingua, ou si, se cadra...pero nunca malas linguas...Iso deixámosllelo ás linguas viperinas, que cospen veleno. Quizais cheguemos a ter don de linguas, mais o que nos importa de verdade é que a nosa lingua vaia de lingua en lingua.
De cara a esta data, necesaria para que nos deteñamos a revisar patróns educativos sexistas que imos asimilando dende pequenos/as, deixamos este mapa conceptual para a reflexión na aula:
Este ano, ademais, adxuntamos aquí a ligazón á obra dunha artista, Yolanda Domínguez, que nos axuda a analizar comportamentos que asumimos no día a día como normais e supostamente inocentes, mais que están detrás da desigualdade de xénero e, á súa vez, da violencia de xénero.
Propuxémoslle ao alumnado da ESO a realización dunha serie de fotografías cun pé valorativo sobre este tema e aquí presentamos algún dos traballos que máis nos gustaron:
Este videoclip satírico realizado no CPI de Dodro fainos reflexionar sobre a escasa conciencia colectiva en relación aos vertedoiros incontrolados de lixo:
O TRATAMENTO DO LIXO: O MODELO SOGAMA
Sobre o modelo de tratamento de lixo de Sogama temos os seguintes artigos: