DE LINGUA EN LINGUA


BLOG DE LINGUA GALEGA
Hai quen bota a lingua a pacer con moita facilidade; outros chegan a perderse pola lingua ou teñen que morder a lingua para non irse da lingua. Nós, neste caderno de bitácora, imos tirar da lingua para dicir todo aquilo que temos na punta da lingua aínda que fiquemos coa lingua fóra. Tentaremos non ser lixeiros de lingua, ou si, se cadra...pero nunca malas linguas...Iso deixámosllelo ás linguas viperinas, que cospen veleno. Quizais cheguemos a ter don de linguas, mais o que nos importa de verdade é que a nosa lingua vaia de lingua en lingua.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A DEBATE: SERVEN PARA ALGO AS CAMPAÑAS ELECTORAIS?
http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/serven-as-campanas-electoraisa/idEdicion-2011-11-11/idNoticia-712528/
Comentarios (1) - Categoría: DE ACTUALIDADE - Publicado o 16-11-2011 22:27
# Ligazón permanente a este artigo
PROXECTO LITTERA E GLOSARIO DA LÍRICA MEDIEVAL DA UDC
Nesta ligazón podemos consultar todos os textos da lírica medieval galego-portuguesa, escoitar versións musicadas deles, ollar os pergamiños orixinais... En fin, moi necesaria a súa consulta:

http://www.cantigas.fcsh.unl.pt/index.asp

Tamén pode sernos moi útil para interpretar adecuadamente as cantigas medievais este glosario dp Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega ILLA, da Universidade da Coruña.

http://glossa.illa.udc.es/glosario
Comentarios (0) - Categoría: L. GALEGA 3º ESO - Publicado o 14-11-2011 22:45
# Ligazón permanente a este artigo
O PODER DOS MERCADOS
http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/soberania-dos-mercados-xose-aller-viano/idEdicion-2011-09-19/idNoticia-701277/
Comentarios (2) - Categoría: DE ACTUALIDADE - Publicado o 14-11-2011 11:01
# Ligazón permanente a este artigo
AS TOURADAS A DEBATE
NON ÁS TOURADAS


Eu estou en contra das touradas. A mundialmente coñecida como Festa Nacional Española, que foi como lle chamou o dictador fascista Francisco Franco, non é máis que un acto cruel para que millonarios e outros adictos o sangue pasan o tempo. Se non teñen que facer nas súas vidas que se maten entre eles, que volvan a antiga Roma e volvan as loitas de gladiadores. Estes todos son os que despois presumen de demócratas. As enquisas demostran que a maioría das persoas que viven neste país están en contra de esta masacre animal. Donde está a democracia da que tanto presume España? As declaracións de Plácido Álvarez demostran o que lle importamos aos gobernantes. Para cando un referendo? Por que temos que seguir pagando ''TODOS'' esta crueldade?
Os afeccionados a tauromaquia seguen empeñados en contarnos os seus argumentos estúpidos. Loitar con unha espada contra un touro drogado non é unha batalla en igualdad de condicións. E o peor alegato o de que é cultura e arte. Como pode ser cultura asesinar...
Este é o país no que vivimos e do que nos temos que sentir orgullosos se non queres que te miren mal. O único capaz de censurar unha película ou un músico pero non matar.

Fran Bragado Souto
4º ESO Curso 2011/2012


SI ÁS CORRIDAS DE TOUROS


Non estou a favor da tortura e morte dos animais e menos das persoas, e acepto que o animal sofre, peero considero as corridas de touros un arte, e a min persoalmente o arte interesame moito. Supoño que si nacera en outro país me repugnarian, pero coincidín en España e as miñas traicións culturales son as que son. Tamén respecto as persoas que se manifestan en contra e ainda que non comparta a súa opinión enténdoas. Pero hai xente que considera que é como si se matara a unha persoa, pero para min hai unha diferencia abismal entre matar a un animal e matar a unha persoa. De acordo que o animal non ten unha morte digna na plaza pero o feito de que simplemente sexa un animal fai que acepte esto, e que o vexa como un arte e unha tradición que representa o noso país.

Sergio Manteiga Varela
4º de ESO Curso 2011/2012
Comentarios (2) - Categoría: COMENTARIOS ALUMNADO - Publicado o 10-11-2011 13:58
# Ligazón permanente a este artigo
CANTIGA DE ESCARNIO
http://www.scribd.com/doc/1035126/esquema-cantigas-escarnio-e-maldizer
Comentarios (0) - Categoría: L. GALEGA 3º ESO - Publicado o 10-11-2011 13:46
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0