DE LINGUA EN LINGUA


BLOGUE DE LINGUA GALEGA DO CPI DE PONTECESURES
Hai quen bota a lingua a pacer con moita facilidade; outros chegan a perderse pola lingua ou teñen que morder a lingua para non irse da lingua. Nós, neste caderno de bitácora, imos tirar da lingua para dicir todo aquilo que temos na punta da lingua aínda que fiquemos coa lingua fóra. Tentaremos non ser lixeiros de lingua, ou si, se cadra...pero nunca malas linguas...Iso deixámosllelo ás linguas viperinas, que cospen veleno. Quizais cheguemos a ter don de linguas, mais o que nos importa de verdade é que a nosa lingua vaia de lingua en lingua.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 WEBS RECOMENDADAS
 FOTOBLOGOTECA
 DESTACADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO

LIBERDADE DE PAPEL E CARTÓN

Un día un home, metéuselle na cabeza facer a “Estatua da Liberdade” de papel e cartón para logo subir e ver todo o que ocorría na cidade. Así que foi collendo e collendo papel ata ter o suficiente para facer unha metade, a outra parte faríaa de cartón.
Ó día seguinte empezou e rematou ó cabo de dous meses traballando día e noite. Agora a segunda parte sabía que non había ser tan fácil como a primeira, así que lle pediu axuda ao seu irmán xemelgo. Entre os dous almacenaron o cartón en menos que cantou o galo da veciña. Empezaron o día seguinte, que chovía bastante, así que puxeron unha carpa como as do circo. Seguiron construíndo e cando remataron déronse conta de que esqueceran as escaleiras para subir. Intentaron escalar, pero non deron. Entón colleron un trade xigante e fixeron buratos en forma de escaleiras.
Esa mañá espertou e deuse conta de que estaba soñando, pero a estatua e o seu irmán encontrábanse alí fóra.

¡¿Sería sonámbulo?!

Samuel Castro Dios
1º ESO 2011-2012
Comentarios (6) - Categoría: A FORXA DAS LETRAS - Publicado o 29-11-2011 12:19
# Ligazón permanente a este artigo
PABLO POTEL PROPONVOS QUE VEXADES ESTE VÍDEO SOBRE OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN
http://youtu.be/HX8z0AbG_fU
Comentarios (0) - Categoría: COMENTARIOS ALUMNADO - Publicado o 25-11-2011 11:14
# Ligazón permanente a este artigo
SOBRE O PODER NOS MERCADOS NOS NOSOS DÍAS
Que o consumismo é un movemento que ten millóns de seguidores no mundo é algo que todos sabemos. Que o noso ‘’marabilloso’’ sistema económico vive de que a poboación consuma e consuma é algo que tamén deberíamos saber.
O poder dos mercados e dos bancos en calquera país capitalista é superior ao de calquer monicreque elexido cada catro anos polos cidadáns.
Un exemplo moi claro disto é o que pasou fai anos en Estados Unidos. A campaña electoral de George Bush foi financiada polas petroleiras americanas. Nunha caída da bolsa durante o mandato de ‘’Jorgito’’ as únicas empresas que non sufrían perdas eran estas. Se cousas así pasan no país máis poderoso do mundo, como non vai pasar en España?Un país que despois dunha dictadura sufriu unha transición máis que sospeitosa. Pasamos dunha dictadura fascista a outra dictadura: ‘’A Dictadura dos Mercados’’. O goberno encargouse de condecorala poñendolle o nome de socialdemocracia. Unha socialdemocracia na que mandan burgueses imperialistas como Emilio Botín e Francisco González.
O Movemento 15M fíxome moita ilusión xa que é raro que en España se saia a calle por motivos políticos. Só se vía xente cando se gañaban mundiais. Aínda que non comparto algúns aspectos con esta asociación como o de ``se che dan unha labazada, pon a outra meixela´´ síntome orgulloso e sempre contarán co meu apoio accións anticapitalistas. Como as do pobo grego. Un pobo cansado de que lle recorten todo o social e decidiu sair a calle e enfrentarse,de maneira comprensible, aos culpables. O tema de Grecia faime gracia. Cando un 31 de xullo de 2006, Fidel Castro tiña que deixar a presidencia da República Socialista de Cuba ao seu irmán por problemas de saúde xurdiron millóns de críticas hacia o ‘’Comandante´´. Agora ao país heleno impúxoselle un goberno sen eleccións. Donde están as críticas? Isto é democrático? Parece que só se mira o que esté en contra da clase dominante. Porque mentras Cuba con un bloqueo terrible segue adiante tendo menos porcentaxes de pobreza que a maioría dos países de Europa e América, nos países capitalistas e socialdemocratas a xente está afogando polas deudas. Pero mentras o BCE teña máis poder que o pobo non se vai cambiar nada.
Occidente apesta a corrupción. Só me queda soñar con que algún día tomemos o exemplo dos franceses e en todas as capitais occidentais se produzan revolucións como as de maio do 68.
Non sei cal é a solución para establecer unha igualdade no mundo. Só sei que lle estamos inxectando cartos a un sistema enfermo, que o que necesita é a eutanasia. Quédome con unha frase de Carlos Fernandez Liria:
‘’OU ACABAMOS CO CAPITALISMO OU EL ACABA CON NOS’’

Fran Bragado Souto
4º ESO Curso 2011/2012
Comentarios (0) - Categoría: COMENTARIOS ALUMNADO - Publicado o 23-11-2011 20:26
# Ligazón permanente a este artigo
DOCUMENTAL LINGUAS CRUZADAS



COMPRENSIÓN E INTERPRETACIÓN:

-Na parte 1ª e 3ª do documental, falan mozos/as que exemplifican catro grupos sociolingüísticos diferentes de falantes en Galicia. Cales son e con cal te identificas?

-Cales son os motivos que expoñen os mozos/as que representan a cada un dos catro grupos para xustificar o seu comportamento lingüístico?

-Cales deses motivos cres ti que inflúen máis hoxe en día en Galicia para empregar un ou outro idioma?

COMPOSICIÓN ESCRITA: O GALEGO E EU

Sigue a orde sinalada no seguinte guión:

1.Lingua familiar e inicial miña.
2.Lingua habitual:
-Grupo sociolingüístico no que me autoinclúo.
-Ámbitos de uso habituais en min das dúas linguas.
-Mudanzas ao longo da miña vida dun a outro grupo.Razóns.
3. Prexuízos lingüísticos que recoñezo en min.
4. Perspectivas de futuro para o galego dende o meu punto de vista.
5. Medidas que se deberían adoptar dende as institucións para mellorar a situación do galego.
Comentarios (0) - Categoría: LINGUA E SOCIEDADE - Publicado o 23-11-2011 11:47
# Ligazón permanente a este artigo
CASTELAO
Imos comezar escoitando falar ao propio Castelao:

http://www.consellodacultura.org/arquivos/asg/podcast/?cat=2


Presentación moi ilustradora da vida, ideoloxía e obra de Castelao feita polo profesor Román Cerqueiro Landín.



Podedes ver algunhas das Cousas da vida neste vídeo:



Unha das narracións do seu libro Cousas é esta: "O pai de Migueliño".

http://emigracion.xunta.gal/files/biografias_fich/11892_doc18003.pdf

1. Intenta exemplificar nestes dous relatos as seguintes características xerais da narrativa de Castelao:
-Crítica social.
-Lirismo.
-Utilización de numerosos recursos estilísticos.



Miguel Castelo dirixiu unha curtametraxe estreada en 1977 baseada nesta historia de Castelao. Despois de vela, reflexiona sobre estas cuestións:
1. Que elementos son novidosos no filme con respecto ao relato e cales son fieis a este?
2. En canto aos novidosos, que sentido ten que o director os introducira no filme?
3. En que dous fragmentos se retrata a diglosia no filme?




Para leres máis narracións de Cousas:

http://www.manuelrivas.com/cousas/

Agora pasemos á obra teatral Os vellos non deben de namorarse. Podemos visualizar este fragmento escenificado polo CDG:



Nel podemos ver tratado o vello tema literario do triángulo amoroso dende unha perspectiva satírica.

1.Comenta os sentimentos e as condutas que aparecen caricaturizadas en cada personaxe nesta escena.
2. Esta obra de Castelao encádrase dentro do subxénero da FARSA TEATRAL. Baseándote na definición que ofrece galipedia deste xénero, argumenta por que Os vellos non deben de namorarse é un exemplo de farsa.

http://gl.wikipedia.org/wiki/Farsa
Comentarios (0) - Categoría: TEORÍA 4º ESO - Publicado o 21-11-2011 12:34
# Ligazón permanente a este artigo
A DEBATE: SERVEN PARA ALGO AS CAMPAÑAS ELECTORAIS?
http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/serven-as-campanas-electoraisa/idEdicion-2011-11-11/idNoticia-712528/
Comentarios (1) - Categoría: DE ACTUALIDADE - Publicado o 16-11-2011 22:27
# Ligazón permanente a este artigo
PROXECTO LITTERA E GLOSARIO DA LÍRICA MEDIEVAL DA UDC
Nesta ligazón podemos consultar todos os textos da lírica medieval galego-portuguesa, escoitar versións musicadas deles, ollar os pergamiños orixinais... En fin, moi necesaria a súa consulta:

http://www.cantigas.fcsh.unl.pt/index.asp

Tamén pode sernos moi útil para interpretar adecuadamente as cantigas medievais este glosario dp Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega ILLA, da Universidade da Coruña.

http://glossa.illa.udc.es/glosario
Comentarios (0) - Categoría: TEORÍA 3º ESO - Publicado o 14-11-2011 22:45
# Ligazón permanente a este artigo
O PODER DOS MERCADOS
http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/soberania-dos-mercados-xose-aller-viano/idEdicion-2011-09-19/idNoticia-701277/
Comentarios (2) - Categoría: DE ACTUALIDADE - Publicado o 14-11-2011 11:01
# Ligazón permanente a este artigo
AS TOURADAS A DEBATE
NON ÁS TOURADAS


Eu estou en contra das touradas. A mundialmente coñecida como Festa Nacional Española, que foi como lle chamou o dictador fascista Francisco Franco, non é máis que un acto cruel para que millonarios e outros adictos o sangue pasan o tempo. Se non teñen que facer nas súas vidas que se maten entre eles, que volvan a antiga Roma e volvan as loitas de gladiadores. Estes todos son os que despois presumen de demócratas. As enquisas demostran que a maioría das persoas que viven neste país están en contra de esta masacre animal. Donde está a democracia da que tanto presume España? As declaracións de Plácido Álvarez demostran o que lle importamos aos gobernantes. Para cando un referendo? Por que temos que seguir pagando ''TODOS'' esta crueldade?
Os afeccionados a tauromaquia seguen empeñados en contarnos os seus argumentos estúpidos. Loitar con unha espada contra un touro drogado non é unha batalla en igualdad de condicións. E o peor alegato o de que é cultura e arte. Como pode ser cultura asesinar...
Este é o país no que vivimos e do que nos temos que sentir orgullosos se non queres que te miren mal. O único capaz de censurar unha película ou un músico pero non matar.

Fran Bragado Souto
4º ESO Curso 2011/2012


SI ÁS CORRIDAS DE TOUROS


Non estou a favor da tortura e morte dos animais e menos das persoas, e acepto que o animal sofre, peero considero as corridas de touros un arte, e a min persoalmente o arte interesame moito. Supoño que si nacera en outro país me repugnarian, pero coincidín en España e as miñas traicións culturales son as que son. Tamén respecto as persoas que se manifestan en contra e ainda que non comparta a súa opinión enténdoas. Pero hai xente que considera que é como si se matara a unha persoa, pero para min hai unha diferencia abismal entre matar a un animal e matar a unha persoa. De acordo que o animal non ten unha morte digna na plaza pero o feito de que simplemente sexa un animal fai que acepte esto, e que o vexa como un arte e unha tradición que representa o noso país.

Sergio Manteiga Varela
4º de ESO Curso 2011/2012
Comentarios (2) - Categoría: COMENTARIOS ALUMNADO - Publicado o 10-11-2011 13:58
# Ligazón permanente a este artigo
CANTIGA DE ESCARNIO
http://www.scribd.com/doc/1035126/esquema-cantigas-escarnio-e-maldizer
Comentarios (0) - Categoría: TEORÍA 3º ESO - Publicado o 10-11-2011 13:46
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal