DE LINGUA EN LINGUA


BLOGUE DE LINGUA GALEGA DO CPI DE PONTECESURES
Hai quen bota a lingua a pacer con moita facilidade; outros chegan a perderse pola lingua ou teñen que morder a lingua para non irse da lingua. Nós, neste caderno de bitácora, imos tirar da lingua para dicir todo aquilo que temos na punta da lingua aínda que fiquemos coa lingua fóra. Tentaremos non ser lixeiros de lingua, ou si, se cadra...pero nunca malas linguas...Iso deixámosllelo ás linguas viperinas, que cospen veleno. Quizais cheguemos a ter don de linguas, mais o que nos importa de verdade é que a nosa lingua vaia de lingua en lingua.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 WEBS RECOMENDADAS
 FOTOBLOGOTECA
 DESTACADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO

A FÁBULA DO LEÓN


Había unha vez un león que paseaba tranquilamente polo bosque. Viu un cesto de comida e empezou a zampalo. De repente levantouse unha rede e quedou capturado nela.
-Que parvo fun! –exclamou o león –Isto pásame por gorxón.
Nisto pasou por alí unha rata e o león preguntoulle:
-Pódesme axudar, por favor?
-Non, porque sei que se te solto, vasme comer.
-Non te como, prométocho.
Pero ao final a rata desconfiou e non o axudou.
Ao pouco tempo apareceu un esquío por alí e o león preguntoulle de novo:
-Pódesme axudar, por favor, a sacarme desta trampa?
-Non, porque, se te solto, vasme comer.
-Non te como, prométocho.
Pero o esquío non se fiou e botuse a andar.
De alí a un pouco tempo achegouse ao león un coello todo contento e dando brincos.
-Que che pasou, león?
-Non o ves? Estou atrapado, pero xa sei que non me vas a axudar.
-Estás equivocado, porque si que che vou axudar.
-De verdade?
-De verdade da boa.
O coello empezou a roer a rede na que o león estaba atrapado e este, despois de saír, convidouno a tomar un manxar.

Manuel Gómez Iglesias 1ªESO.
Comentarios (2) - Categoría: A FORXA DAS LETRAS - Publicado o 10-11-2010 12:47
# Ligazón permanente a este artigo
Neste enderezo podemos consultar todos os blogs do CPI de Pontecesures

http://cpipontecesures.blogspot.com/
Comentarios (0) - Categoría: BLOGS DO CENTRO - Publicado o 10-11-2010 11:10
# Ligazón permanente a este artigo
A NARRATIVA DE POSGUERRA
Comentarios (0) - Categoría: LITERATURA GALEGA - Publicado o 04-11-2010 21:30
# Ligazón permanente a este artigo
A POESÍA SOCIAL
Comentarios (0) - Categoría: LITERATURA GALEGA - Publicado o 04-11-2010 21:25
# Ligazón permanente a este artigo
AS VANGARDAS EN GALICIA
Comentarios (0) - Categoría: LITERATURA GALEGA - Publicado o 03-11-2010 21:16
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal