DE LINGUA EN LINGUA


BLOGUE DE LINGUA GALEGA DO CPI DE PONTECESURES
Hai quen bota a lingua a pacer con moita facilidade; outros chegan a perderse pola lingua ou teñen que morder a lingua para non irse da lingua. Nós, neste caderno de bitácora, imos tirar da lingua para dicir todo aquilo que temos na punta da lingua aínda que fiquemos coa lingua fóra. Tentaremos non ser lixeiros de lingua, ou si, se cadra...pero nunca malas linguas...Iso deixámosllelo ás linguas viperinas, que cospen veleno. Quizais cheguemos a ter don de linguas, mais o que nos importa de verdade é que a nosa lingua vaia de lingua en lingua.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 WEBS RECOMENDADAS
 FOTOBLOGOTECA
 DESTACADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO

FOLGA DE FAME CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA
Sete activistas galegas decidiron facer unha folga de fame para pedir que se tomen medidas contra a violencia machista:

http://praza.com/movementos-sociais/5768/a-folga-de-fame-silenciada-das-vitimas-da-violencia-de-xenero/

Nesta noticia de La Voz de Galicia podemos comprobar o alcance desta traxedia:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/espana/2013/10/28/hombre-mata-pareja-hijo-10-anos-castellon/00031382953713147298395.htm?idioma=galego
Comentarios (0) - Categoría: DE ACTUALIDADE - Publicado o 29-10-2013 14:32
# Ligazón permanente a este artigo
UNHA ALDEA SOLITARIA
Había unha aldea que non tiña habitantes nin casas, só un cemiterio onde se enterraba a xente doutras aldeas. Ao pasar un tempo, tres nenos da aldea do lado, decidiron ir visitar o cemiterio para mirar como era, pero preferiron ir de noite.
Ao anoitecer os nenos quedaron a unha hora para ir ao cemiterio. Para chegar tiñan que cruzar un bosque escuro. Cando ían cruzando o bosque, sentiron un ruído moi estraño. Colleron medo e empezaron a correr.
Ao lonxe viron unha luz. Cando chegaron a xunto dela, resultou ser a Santa Compaña. Eran mortos cunha saba branca e cada un cun farol. Os nenos, todos nerviosos e con cara de medo, seguiron correndo ata chegar á súa casa e contárllelo aos seus pais. Ao día seguinte, de noite, foron os pais, levaron velas prendidas para espantala e para que non lles metera máis medo aos nenos.

SARA DOMÍNGUEZ MÍGUEZ
1º ESO CURSO 2013/2014
Comentarios (1) - Categoría: A FORXA DAS LETRAS - Publicado o 25-10-2013 09:26
# Ligazón permanente a este artigo
ALBA QUERÍA VOAR
Alba era unha neniña de tres anos. Ela tiña unha teima que non podía evitar: quería voar máis alto que os paxaros . Pero tiña un problema: ela non tiña ás . Así que porfiou en buscar xeitos e maneiras de voar.
A primeira idea veulle ao ver un día uns debuxos en Clan . Un neno que tiña poderes máxicos e voaba por todo o mundo con unhas ás cheas de plumas. Daquela, Alba pensou que podía ter a solución ao asunto. E así, días máis tarde, aproveitando que súa nai estaba de compras e seu pai durmido , Alba tirouse polo balcón con un montón de plumas que lles quitara ás galiñas da súa avoa e obviamente estrelouse contra o chan cando xusto chegou súa nai que botou un berro que espertou a seu pai. Rapidamente chamaron a ambulancia.
Alba estivo ingresada no hospital unhas semanas e ao final decatouse de que os seres humanos non podiamos voar nin con plumas de galiña.

Ligia Silva Serra
2º ESO curso 2013/2014
Comentarios (0) - Categoría: A FORXA DAS LETRAS - Publicado o 24-10-2013 11:47
# Ligazón permanente a este artigo
A HISTORIA DE LUCAS

Érase unha vez unha rapaza chamada Laura, que ía cumprir once anos pero non podía celebrar unha festa de aniversario cos seus amigos porque os pais estaban traballando e non lle deixaban organizala a ela soa. Ao día seguinte, os seus pais agasallárona cun canciño pequerrechiño, ao que chamou Lucas, moi divertido e xoguetón. Cando o viu, gustoulle moito e despois de agradecerllelo cun bico moi forte, chamou a un gran amigo, Manuel , para que viñese velo. Esa mañá divertíronse moito , pero despois de xantar Manuel tivo que marchar porque se arrefecera e collera un pouco de febre. Mentres Laura e súa nai levaron a Manuel á casa, Lucas na casa mordeu e roeu toda a roupa sucia que había no cesto da lavadora. Ao chegar á casa, Laura, como se decatara de que Lucas roera a roupa, díxolle á súa nai mentres entraba pola porta :

-Mamá, mamá! Lucas, roeu a roupa que había no cesto para lavar.
-Vaia por Deus! Entón ponlle fóra a cesta e a comida, porque hoxe dorme fóra.

Laura obedeceu e fixo o que lle mandou súa nai. Ao día seguinte Laura, como Lucas non fixera ningunha trasnada pola noite, convenceu á súa nai para que o deixase entrar de novo na casa mentres elas foron mercar os libros para a escola, xa que lle empezara ese día . Cando chegaron a casa, Lucas fixera unha desfeita: mordeu as cortinas, tirara outra vez o cesto da roupa, esgazara a os trapos da cociña... A nai de Laura decidiu que o seu marido lle fixera un caseto a Lucas e un pequeno peche. Ao chegar o marido, díxolle:
-Hai que lle facer un peche e un caseto a Lucas porque non para de facer trasnadas.
-Mañá xa llo fago porque é festivo e non vou traballar- contestoulle el.

Ao día seguinte fixéronlle un caseto e un peche a Lucas. A partir dese día, non houbo máis desfeitas.

Pedro Citoula Pérez 1º E.S.O Curso 2013-2014
Comentarios (2) - Categoría: A FORXA DAS LETRAS - Publicado o 17-10-2013 10:34
# Ligazón permanente a este artigo
O RAPAZ INTERNAUTA
Carlos era un rapaz duns seis ou sete anos. Era moi enxeñoso, un pouco baixo e con pelo castaño. Todos os días os seus amigos do colexio falaban do divertido que era navegar por internet. El non sabía o que era porque o seu pai non lle deixaba nin tocar o ordenador.O rapaz, xa canso de que os seus amigos non pararan de falar diso e el non decatarse de nada, decidiu elaborar un plan. O seu pai todos os días marchaba a correr unha hora na que el podía navegar por internet sen ninguén se decatase. Ese día, cando o seu pai marchou, foi rapidamente para o ordenador, desmontou todo, meteuse dentro pero non pasou nada. El non vía ningún mar e, se non o había, non podía navegar co seu barquiño por internet. De repente acendeuse a pantalla do ordenador.
-Ah!!!!!!!!- berrou a nai de Carlos-. Un extraterrestre!!!!!
A nai pensaba que Carlos era un extraterrestre porque tiña toda a cara pegada á pantalla do ordenador.
-Terrícolas vimos en son de paz-dixo Carlos poñendo voz de marciano.
A nai marchou do despacho asustada e Carlos pensou que o máis divertido non era navegar por internet, senón asustar a súa nai.


Fernando Túñez Alcalde
2º ESO
Comentarios (1) - Categoría: A FORXA DAS LETRAS - Publicado o 16-10-2013 17:41
# Ligazón permanente a este artigo
PALABRAS MÁXICAS
Hai moito moito tempo, un neno chamado Said paseaba por un prado en cuxo centro se atopou cun cartel que poñía: " Son unha rocha encantada. Se dis as palabras máxicas, veralo."
Said tratou de acertar o feitizo, e probou con “abracadabra”, “tan-ta-chán”, “supercalifraxilisticoespialidoso” e moitas outras, pero non conseguiu nada. Rendido, tirouse suplicante dicindo: “¡Por favor rochiña!” E entón, abriuse unha gran porta na rocha. Todo estaba escuro, menos un cartel que dicía. "Sigue facendo maxia." Entón o neno dixo: “¡Grazas rochiña!” Dentro da rocha acendeuse unha luz que iluminaba o camiño cara unha gran montaña de xoguetes e chocolate.
Said pensou que era un soño pero non o era en realidade. Era un agocho con xoguetes e chocolate.
Said puido levar a todos os seus amigos a aquela rocha e ter a mellor festa do mundo.

Jenny Garanger Domínguez 1º de E.S.O
Curso 2013/2014
Comentarios (5) - Categoría: A FORXA DAS LETRAS - Publicado o 16-10-2013 17:25
# Ligazón permanente a este artigo
UNHA NOITE DE INVERNO

Un neno chamado Álvaro, que vivía nunha casa no medio dun bosque, logo de discutir coa súa nai, colleu a súa mochila e marchou. O neno non tivo en conta que era inverno e nesa época os lobos tiñan moita fame porque os demais animais marcharan. Os lobos, ao velo pasar, seguírono sixilosamente. Álvaro non se decatou. Tiña moito sono e quedou completamente durmido debaixo dunha árbore . Os lobos aproveitaron que o rapaz estaba durmido para levalo ao seu tobo onde tiñan un colar que lle roubaran á nai. Cando espertou, viu un resplandor no pescozo do lobo líder. O neno, que era moi listo, logrou recuperar o colar e saír correndo. Os lobos foron tras el. Álvaro, que coñecía o monte como a palma da súa man, rubiu por unha árbore que estaba xusto ao pé do cuarto da súa casa. Cando chegou á cima, deixouse caer no oco da ventá do seu cuarto. Os lobos intentaron imitalo pero, antes de que entrasen pola ventá, o neno pechouna . Os animais non querían que Álvaro quedase co colar e puxéronse diante da porta principal para recuperalo. Álvaro, xa listo no seu cuarto coa súa escopeta de balíns, cos seus pantalóns de xogar ao rugby e uns brazaletes de púas, foi polo corredor ata a porta principal, inspirou e expirou, abriu a porta e, en menos do que canta un galo, o neno disparoulles e saíron todos a correr. Así foi como Álvaro pasou de ser un calquera a ser todo un heroe para o seu pobo .

PATRICIA SILVA 1º E.S.O. Curso 2013/2014
Comentarios (0) - Categoría: A FORXA DAS LETRAS - Publicado o 16-10-2013 17:13
# Ligazón permanente a este artigo
UNHA CARTA PARA XULIA

Era fin de semana e atopabámonos toda a familia na casa da miña bisavoa Merchi. Miña tíaavoa Ramona dixo :
-Por que non facemos unha limpeza para recoller aquelas cousas importantes para a familia, antes de vender a casa?
Todos estabamos de acordo e, como a casa era tan grande, dividímonos por estancias. Eu non atopei nada interesante, pero o meu irmán Brais xunto co meu padriño tocoulles o faiado, onde atoparon unha caixa chea de recordos, entre eles unha carta na que no sobre poñía: “ Para miña querida Xulia “. Meu irmán comezou a lela:
“ Querida Xulia:
Cando poidas ler esta carta, eu xa estarei ao outro lado do Atlántico. Non estou escapando de ti nin do noso compromiso; Non cho puiden dicir á cara porque pensarías que estou tolo. A última noite que estivemos falando no alpendre da casa da túa avoa, ao despedirme de ti vin unha sombra que se ergueu e comezoume a falar. Díxome que era a túa tataravoa. Ela contoume que toda a túa familia estaba chea de pantasmas. Isto é debido a que tiñades un segredo moi antigo que facía que as persoas que o sabían sufrirían unha …”
De súpeto toda a casa se estremeceu e comezou a ruxir ; Brais soltou a carta e dixo :
-Fuxide , fuxide .
Todos saímos correndo ata o exterior do xardín e, coma se fósemos cómplices dun asasinato, miramos uns para os outros en silencio.
Desde aquela , ninguén volveu a aquela casa e quedou en segredo a carta de Xulia.


Lucía Pardal Álvarez.
1º ESO CURSO 2013/2014
Comentarios (1) - Categoría: A FORXA DAS LETRAS - Publicado o 15-10-2013 09:38
# Ligazón permanente a este artigo
PAREMOS O RACISMO!
Ante os acontecementos recollidos nesta triste nova, que indigna as nosas conciencias, só esperamos construír unha sociedade na que isto non teña lugar.

http://www.galiciaconfidencial.com/nova/16120.html
Comentarios (0) - Categoría: DE ACTUALIDADE - Publicado o 11-10-2013 11:00
# Ligazón permanente a este artigo
POEMA

Que bonitas se ven as árbores
ao lado daquela colina,
un pouquiño máis ao fondo
una cascada de auga fina.
Camiñando, camiñando
Cara ao horizonte voume achegando,
Despois de tanto camiñar
Que marabilla poder descansar.
Volvo a mirar as árbores
Volvo a mirar as flores
Síntome no paraíso
Con tantos marabillosos olores .
Con esta paz e tranquilidade
Lonxe do mundanal ruído,
Síntome en liberdade e tranquilo
Respiro fondo…
Que aire máis limpo!
Vólvome a levantar
Camiñado e camiñando
Sen parar.

Patricia Silva(1º E.S.O)
Comentarios (3) - Categoría: A FORXA DAS LETRAS - Publicado o 11-10-2013 10:22
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal