DE LINGUA EN LINGUA


BLOG DE LINGUA GALEGA
Hai quen bota a lingua a pacer con moita facilidade; outros chegan a perderse pola lingua ou teñen que morder a lingua para non irse da lingua. Nós, neste caderno de bitácora, imos tirar da lingua para dicir todo aquilo que temos na punta da lingua aínda que fiquemos coa lingua fóra. Tentaremos non ser lixeiros de lingua, ou si, se cadra...pero nunca malas linguas...Iso deixámosllelo ás linguas viperinas, que cospen veleno. Quizais cheguemos a ter don de linguas, mais o que nos importa de verdade é que a nosa lingua vaia de lingua en lingua.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O SOÑO DE ETHAN

Un dia pola mañá espertei e vin que me estaban a facer o almorzo
os xogadores da selección española: Fábregas o colacao,Villa as galletas,
Iniesta os ovos, Xavi os cereais e Casillas foime comprar o pan. O que me acabara de pasar resultoume moi insólito. Entón díxenllelo aos meus amigos pero non foi boa idea porque me insultaron dicíndome:"Cala chulito". Así que díxenlles a todos os meus amigos que viñeran comer á miña casa.E efectivamente aí viron que Xabi Alonso estaba facendo as hamburguesas e Silva
as patacas fritidas. Eu quedei rindo da cara dos meus amigos avergonzados, polo mal que quedaran. Á tarde fomos todos ao 3x3. Por mala sorte Fábregas doume co balón na barriga e empezoume a doer tanto que espertei e dinme conta de que era todo un soño.

Ethan Potel Gómez

1º ESO Curso 2011/2012
Comentarios (10) - Categoría: A FORXA DAS LETRAS - Publicado o 24-10-2011 12:48
# Ligazón permanente a este artigo
IRMANDADES DA FALA E RAMÓN CABANILLAS



A OBRA TEATRAL O MARISCAL BASÉASE NA FIGURA LENDARIA DE PEDRO PARDO DE CELA. LE ESTA INFORMACIÓN NA GALIPEDIA:

http://gl.wikipedia.org/wiki/Pardo_de_Cela

PODEDES VER UN FRAGMENTO DA REPRESENTACIÓN QUE FIXO O CENTRO DRAMÁTICO GALEGO EN MONICREQUES:

Comentarios (0) - Categoría: L. GALEGA 4º ESO - Publicado o 20-10-2011 13:32
# Ligazón permanente a este artigo
RAMÓN CABANILLAS


Resolve esta caza do tesouro sobre O Mariscal Pardo de Cela:



Neste documental fálase sobre a figura histórica de Pedro Pardo de Cela:

Comentarios (0) - Categoría: L. GALEGA 4º ESO - Publicado o 20-10-2011 13:27
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal