DE LINGUA EN LINGUA


BLOGUE DE LINGUA GALEGA DO CPI DE PONTECESURES
Hai quen bota a lingua a pacer con moita facilidade; outros chegan a perderse pola lingua ou teñen que morder a lingua para non irse da lingua. Nós, neste caderno de bitácora, imos tirar da lingua para dicir todo aquilo que temos na punta da lingua aínda que fiquemos coa lingua fóra. Tentaremos non ser lixeiros de lingua, ou si, se cadra...pero nunca malas linguas...Iso deixámosllelo ás linguas viperinas, que cospen veleno. Quizais cheguemos a ter don de linguas, mais o que nos importa de verdade é que a nosa lingua vaia de lingua en lingua.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 WEBS RECOMENDADAS
 FOTOBLOGOTECA
 DESTACADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO

MICROTOPONIMIA E CAMBIOS NA PAISAXE DO MONTE DE CONDIDE-GROBAS
PROPOSTA DE TRABALLO DE LINGUA GALEGA PARA 4º DE ESO NO PLAN PROXECTA DE PAISAXE E SUSTENTABILIDADE

1. OBXECTIVOS.-

Intentaremos coñecer cales foron os cambios que houbo dende a segunda metade do século XX ata a actualidade na paisaxe do monte comunal das aldeas cesureñas de Grobas e Fenteira. Para isto, partiremos da análise de distintos documentos que incluímos a continuación: un texto expositivo-argumentativo que analiza estes cambios en xeral en Galicia, as fotos aéreas de distintos anos desta zona,
artigos xornalísticos sobre os incendios ocorridos en 2006 neste lugar e os microtopónimos que aínda nomean distintas zonas dese monte.

2. PROCESO.-

2.1. Partiremos do visionado das fotos aéreas do monte de Grobas de distintos momentos dende a segunda metade do século XX ata a actualidade:


https://mapas.xunta.gal/visores/basico/


2.2. Leremos e responderemos a unha serie de actividades sobre o seguinte texto:


http://adega.gal/media/documentos/C19-P27-30-_LUMES_PAISAXE_E_POLITICA_FORESTAL_NA_GALIZA.pdf

ACTIVIDADES DE COMPRENSIÓN E RESUMO DO TEXTO:

1. Realiza un mapa conceptual que resuma o apartado 4.1.
2. Define: MATOGUEIRA e ESTIVADA.
3. Elabora un breve esquema que recolla os dous tipos de matogueiras dos que se fala no apartado 4.2.
4. Con outro esquema, resume os plans de repoboación forestal que houbo a partir do século XIX, seguindo o apartado 4.3.
5. Indica brevemente con ideas separadas por guións cales foron as consecuencias medioambientais e socioeconómicas das repoboacións forestais.
6. Que actuacións critica o autor da política de prevención de incendios en Galicia nos últimos anos?

ARTIGOS SOBRE OS INCENDIOS DE 2006

https://www.scribd.com/document/398945967/INCENDIOS-NO-MONTE-DE-GROBAS-2006


MICROTOPONIMIA DO MONTE DE CONDIDE-GROBAS

http://visorgis.cmati.xunta.es/toponimia/exportadores/exportadortxt_kml.php?data=1549366220448&cad_nome=&order=NOMBRE&prov=PONTEVEDRA&muni=PONTECESURES&parro=-1&tipos=0,1,2,3,4,5,6&optxt=conten&tildes=no&espazos=no&fonte=-1

ACTIVIDADES:

Elabora unha listaxe cos microtopónimos da zona que estudamos e procura unha clasificación do significado deles
Comentarios (0) - Categoría: PAISAXE E SUSTENTABILIDADE - Publicado o 17-01-2019 13:48
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal