DE LINGUA EN LINGUA


BLOGUE DE LINGUA GALEGA DO CPI DE PONTECESURES
Hai quen bota a lingua a pacer con moita facilidade; outros chegan a perderse pola lingua ou teñen que morder a lingua para non irse da lingua. Nós, neste caderno de bitácora, imos tirar da lingua para dicir todo aquilo que temos na punta da lingua aínda que fiquemos coa lingua fóra. Tentaremos non ser lixeiros de lingua, ou si, se cadra...pero nunca malas linguas...Iso deixámosllelo ás linguas viperinas, que cospen veleno. Quizais cheguemos a ter don de linguas, mais o que nos importa de verdade é que a nosa lingua vaia de lingua en lingua.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 WEBS RECOMENDADAS
 FOTOBLOGOTECA
 DESTACADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO

UNHA INICIATIVA NOVIDADOSA ARREDOR DA LOTERÍA DE NADAL
http://praza.com/movementos-sociais/6371/os-cartos-da-lotaria-en-monforte-construiran-unha-fundacion-solidaria/
Comentarios (0) - Categoría: DE ACTUALIDADE - Publicado o 27-01-2014 12:28
# Ligazón permanente a este artigo
REFLEXIÓN INTERESANTE NA BLOGOSFERA
http://chousadaalcandra.blogspot.com.es/2013/12/candidos.html
Comentarios (0) - Categoría: CLUB DE LECTURA - Publicado o 09-01-2014 12:21
# Ligazón permanente a este artigo
DESPOBOAMENTO DO RURAL GALEGO
Segundo este artigo, segue medrando o desequilibrio demográfico entre a zona litoral e o interior galego. Le a noticia e di se as cuestións seguintes son verdadeiras ou falsas explicando por que:

http://praza.com/economia/6251/o-70-da-poboacion-galega-vive-en-57-concellos/

1. Segundo a gráfica 1ª, os concellos que máis medraron en habitantes son as cidades galegas máis poboadas.

2. Os únicos concellos que perderon poboación nos últimos anos son os de menos de 500 habitantes.

3. No ano 2012 Pontecesures tiña 3123 habitantes. Por tanto, perdeu poboación nos últimos anos.

4. Cada vez hai máis núcleos de poboación de menos de 2000 habitantes.

5. Nos últimos 10 anos aumentou o número de vilas de entre 5.000 e 10.000 habitantes.
Comentarios (0) - Categoría: DE ACTUALIDADE - Publicado o 09-01-2014 11:15
# Ligazón permanente a este artigo
MAMASUNCIÓN, DE CHANO PIÑEIRO
Outro ano máis convídovos a que vexades esta obra mestra de Chano Piñeiro, que dende o retrato localista dunha aldea perdida na montaña galega nos fai reflexionar sobre cuestións morais universais.

Comentarios (0) - Categoría: BUTACA ESPECIAL - Publicado o 17-12-2013 13:50
# Ligazón permanente a este artigo
PROXECTO DUNHA NOVA LEI DE SEGURIDADE CIDADÁ


Comentarios (0) - Categoría: DE ACTUALIDADE - Publicado o 19-11-2013 12:23
# Ligazón permanente a este artigo
PROPOSTA DA XUNTA PARA A REESTRUTURACIÓN AGRARIA
http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/xunta-forzara-explotar-arrendar-ou-ceder-ao-banco-terras-terreos-abandonados/idEdicion-2013-11-14/idNoticia-837288/
Comentarios (0) - Categoría: DE ACTUALIDADE - Publicado o 18-11-2013 11:58
# Ligazón permanente a este artigo
FOLGA DE FAME CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA
Sete activistas galegas decidiron facer unha folga de fame para pedir que se tomen medidas contra a violencia machista:

http://praza.com/movementos-sociais/5768/a-folga-de-fame-silenciada-das-vitimas-da-violencia-de-xenero/

Nesta noticia de La Voz de Galicia podemos comprobar o alcance desta traxedia:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/espana/2013/10/28/hombre-mata-pareja-hijo-10-anos-castellon/00031382953713147298395.htm?idioma=galego
Comentarios (0) - Categoría: DE ACTUALIDADE - Publicado o 29-10-2013 14:32
# Ligazón permanente a este artigo
UNHA ALDEA SOLITARIA
Había unha aldea que non tiña habitantes nin casas, só un cemiterio onde se enterraba a xente doutras aldeas. Ao pasar un tempo, tres nenos da aldea do lado, decidiron ir visitar o cemiterio para mirar como era, pero preferiron ir de noite.
Ao anoitecer os nenos quedaron a unha hora para ir ao cemiterio. Para chegar tiñan que cruzar un bosque escuro. Cando ían cruzando o bosque, sentiron un ruído moi estraño. Colleron medo e empezaron a correr.
Ao lonxe viron unha luz. Cando chegaron a xunto dela, resultou ser a Santa Compaña. Eran mortos cunha saba branca e cada un cun farol. Os nenos, todos nerviosos e con cara de medo, seguiron correndo ata chegar á súa casa e contárllelo aos seus pais. Ao día seguinte, de noite, foron os pais, levaron velas prendidas para espantala e para que non lles metera máis medo aos nenos.

SARA DOMÍNGUEZ MÍGUEZ
1º ESO CURSO 2013/2014
Comentarios (1) - Categoría: A FORXA DAS LETRAS - Publicado o 25-10-2013 09:26
# Ligazón permanente a este artigo
ALBA QUERÍA VOAR
Alba era unha neniña de tres anos. Ela tiña unha teima que non podía evitar: quería voar máis alto que os paxaros . Pero tiña un problema: ela non tiña ás . Así que porfiou en buscar xeitos e maneiras de voar.
A primeira idea veulle ao ver un día uns debuxos en Clan . Un neno que tiña poderes máxicos e voaba por todo o mundo con unhas ás cheas de plumas. Daquela, Alba pensou que podía ter a solución ao asunto. E así, días máis tarde, aproveitando que súa nai estaba de compras e seu pai durmido , Alba tirouse polo balcón con un montón de plumas que lles quitara ás galiñas da súa avoa e obviamente estrelouse contra o chan cando xusto chegou súa nai que botou un berro que espertou a seu pai. Rapidamente chamaron a ambulancia.
Alba estivo ingresada no hospital unhas semanas e ao final decatouse de que os seres humanos non podiamos voar nin con plumas de galiña.

Ligia Silva Serra
2º ESO curso 2013/2014
Comentarios (0) - Categoría: A FORXA DAS LETRAS - Publicado o 24-10-2013 11:47
# Ligazón permanente a este artigo
A HISTORIA DE LUCAS

Érase unha vez unha rapaza chamada Laura, que ía cumprir once anos pero non podía celebrar unha festa de aniversario cos seus amigos porque os pais estaban traballando e non lle deixaban organizala a ela soa. Ao día seguinte, os seus pais agasallárona cun canciño pequerrechiño, ao que chamou Lucas, moi divertido e xoguetón. Cando o viu, gustoulle moito e despois de agradecerllelo cun bico moi forte, chamou a un gran amigo, Manuel , para que viñese velo. Esa mañá divertíronse moito , pero despois de xantar Manuel tivo que marchar porque se arrefecera e collera un pouco de febre. Mentres Laura e súa nai levaron a Manuel á casa, Lucas na casa mordeu e roeu toda a roupa sucia que había no cesto da lavadora. Ao chegar á casa, Laura, como se decatara de que Lucas roera a roupa, díxolle á súa nai mentres entraba pola porta :

-Mamá, mamá! Lucas, roeu a roupa que había no cesto para lavar.
-Vaia por Deus! Entón ponlle fóra a cesta e a comida, porque hoxe dorme fóra.

Laura obedeceu e fixo o que lle mandou súa nai. Ao día seguinte Laura, como Lucas non fixera ningunha trasnada pola noite, convenceu á súa nai para que o deixase entrar de novo na casa mentres elas foron mercar os libros para a escola, xa que lle empezara ese día . Cando chegaron a casa, Lucas fixera unha desfeita: mordeu as cortinas, tirara outra vez o cesto da roupa, esgazara a os trapos da cociña... A nai de Laura decidiu que o seu marido lle fixera un caseto a Lucas e un pequeno peche. Ao chegar o marido, díxolle:
-Hai que lle facer un peche e un caseto a Lucas porque non para de facer trasnadas.
-Mañá xa llo fago porque é festivo e non vou traballar- contestoulle el.

Ao día seguinte fixéronlle un caseto e un peche a Lucas. A partir dese día, non houbo máis desfeitas.

Pedro Citoula Pérez 1º E.S.O Curso 2013-2014
Comentarios (2) - Categoría: A FORXA DAS LETRAS - Publicado o 17-10-2013 10:34
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [5] [6] [7] 8 [9] [10] [11] ... [29]
© by Abertal