DE LINGUA EN LINGUA


BLOGUE DE LINGUA GALEGA DO CPI DE PONTECESURES
Hai quen bota a lingua a pacer con moita facilidade; outros chegan a perderse pola lingua ou teñen que morder a lingua para non irse da lingua. Nós, neste caderno de bitácora, imos tirar da lingua para dicir todo aquilo que temos na punta da lingua aínda que fiquemos coa lingua fóra. Tentaremos non ser lixeiros de lingua, ou si, se cadra...pero nunca malas linguas...Iso deixámosllelo ás linguas viperinas, que cospen veleno. Quizais cheguemos a ter don de linguas, mais o que nos importa de verdade é que a nosa lingua vaia de lingua en lingua.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 WEBS RECOMENDADAS
 FOTOBLOGOTECA
 DESTACADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO

STOP Á MEGAMINERÍA EN GALICIA
http://www.sermosgaliza.com/artigo/social/-algo-moi-grave-esta-a-piques-de-acontecer-na-galiza-e-pouc-s-o-saben/20130521165938015128.html
Comentarios (0) - Categoría: DE ACTUALIDADE - Publicado o 23-05-2013 10:49
# Ligazón permanente a este artigo
UN POEMA DE SILVIA
Hai moito tempo
vin a luz do dia,
e deime conta
de que estaba viva.

Supoño que me alegrei
pois descubrira a verdade,
a vida era para min
unha chea de felicidade.

Menos mal que as penas
aínda non chegaron,
pois a moitas persoas,
de angustia mataron.

A pesar diso
vivir é un agasallo,
é algo que che dan
e hai que aproveitalo.

Silvia Fernández 3º ESO
Comentarios (0) - Categoría: A FORXA DAS LETRAS - Publicado o 23-05-2013 10:44
# Ligazón permanente a este artigo
A REFORMA EDUCATIVA APROBADA POLO CONSELLO DE MINISTROS
http://praza.com/ciencia-e-tecnoloxia/4504/relixion-sobe-de-categoria-na-escola-e-contara-para-obter-bolsas/
Comentarios (0) - Categoría: A FORXA DAS LETRAS - Publicado o 23-05-2013 10:34
# Ligazón permanente a este artigo
VIDAL BOLAÑO NO CDG
Este artigo analiza a polémica mantida entre Vidal Bolaño e o daquela conselleiro de cultura, Vázquez Portomeñe, sobre a independencia do Centro Dramático Galego.

http://praza.com/cultura/4512/historias-e-visions-dun-veto-a-vidal-bolano/
Comentarios (0) - Categoría: DE ACTUALIDADE - Publicado o 21-05-2013 23:43
# Ligazón permanente a este artigo
IMPORTANTE DESCUBERTA DE CANTIGAS EN GALEGO POSTERIORES Á LÍRICA GALEGO-PORTUGUESA
Cando se falaba de que o século XV era un ermo literario para o galego, varios investigadores descobren esta compilación poética nun arquivo privado:

http://praza.com/cultura/4398/o-achado-do-seculo-na-literatura-medieval-galega/
Comentarios (1) - Categoría: TEORÍA 3º ESO - Publicado o 12-05-2013 23:29
# Ligazón permanente a este artigo
1 DE MAIO: DÍA INTERNACIONAL DA CLASE TRABALLADORA
Este artigo dávos información sobre as orixes desta efeméride e a importancia da súa reivindicación hoxe en día:


http://www.lavozdegalicia.es/noticia/informacion/2013/04/30/dia-trabajo-fiesta-excelencia-movimiento-obrero-mundial/00031367347430835385915.htm?idioma=galego
Comentarios (0) - Categoría: DE ACTUALIDADE - Publicado o 01-05-2013 23:41
# Ligazón permanente a este artigo
EXCURSIÓN A CANTABRIA 2013
O martes 2 de abril un grupo de 16 rapaces/as do CPI de Pontecesures xunto a outros 12 do IES de Valga saímos de excursión a Cantabria. A vila pesqueira de Cudillero foi a nosa primeira parada. Alí puidemos admirar a beleza da disposición das casas encaramadas na ladeira dunha montaña que remataba no mar. O porto pesqueiro, as cores das fachadas, as tendas turísticas das rúas... fan de Cudillero un enclave que merece a pena visitar. Logo dirixímonos ao Santuario de Covadonga onde fixemos unha foto de grupo a carón dunha fermosa fervenza. Rematamos o día instalándonos no albergue Max de Entrambasaguas, ás portas dos Picos de Europa. As instalacións eran aceptables pero o que nos chamou a atención era a hora da cea: ás 20 hs!, o que nos facía levantarnos pola noite a comer lambetadas.
Ao día seguinte tocaba visitar o lugar máis esperado da excursión: o Parque Natural de Cabárceno, onde vimos moitas especies de animais salvaxes, algún deles en posturas un pouco comprometedoras, quizais demasiado íntimas... Chamounos a atención a extensión de terreo que tiña cada grupo de animais con respecto a un zoo clásico. Sirva como exemplo que os elefantes dispuñan de 25 hectáreas. Pola tarde visitamos Santander, onde tivemos un tempo libre para percorrer a cidade e tamén a Isla de la Magdalena, na que había leóns mariños, focas e pingüíns. Pola noite, viñeron uns rapaces canarios aos que lles chamaba a atención que nós falásemos en galego: como se fósemos doutro planeta!
O xoves foi un día dedicado a visitar a montaña cántabra: o teleférico de Fuente De, o santuario de Santo Toribio de Liébana e a vila turística de Potes. Nunca viramos tanta neve, pero a experiencia foi incrible.
O último día suspendeuse a visita as covas de El Soplao, debido a que nevaba demasiado e era perigoso. Finalmente regresamos con tristeza e coa sensación de que a excursión se fixera demasiado curta. Quen nos dera repetir e, a ser posible, cos mesmos compañeiros/as de Valga cos que fixemos moita amizade.

Alumnado de 2º ESO
Curso 2012/2013
Comentarios (0) - Categoría: COMENTARIOS ALUMNADO - Publicado o 08-04-2013 12:43
# Ligazón permanente a este artigo
EXCURSIÓN A CANTABRIA 2013
O martes 2 de abril un grupo de 16 rapaces/as do CPI de Pontecesures xunto a outros 12 do IES de Valga saímos de excursión a Cantabria. A vila pesqueira de Cudillero foi a nosa primeira parada. Alí puidemos admirar a beleza da disposición das casas encaramadas na ladeira dunha montaña que remataba no mar. O porto pesqueiro, as cores das fachadas, as tendas turísticas das rúas... fan de Cudillero un enclave que merece a pena visitar.
Comentarios (0) - Categoría: COMENTARIOS ALUMNADO - Publicado o 08-04-2013 11:52
# Ligazón permanente a este artigo
UN OFICIO CON MOITA TRADICIÓN EN CESURES
Chámome Verena Vieites Fernandes. A miña familia dedícase á venda de churros na churrería "LA CESUREÑA", dende hai catro xeracións, cando comezou a miña tataravoa Luísa. Ela, á parte de ser a pioneira na miña familia, tamén o foi en Pontecesures e arredores.
Houbo épocas mellores, pero agora coa crise e co explotado que está o negocio, xa non se gaña tanto coma antes.
Na actualidade nós vendemos por mercados e romarías en: Vilagarcía, A Estrada, Melide, Padrón, Caldas, Forcarei, Lalín, etc. Traballamos os Luns, Martes, Mércores, Sábados e Domingos. Tamén, algún Xoves e Venres que nos cadre. Acostumamos traballar dez horas aproximadamente.
Tárdase sobre 20 minutos en montar un posto de churros.
Para preparar a masa, o primeiro que hai que facer é quentar a fariña (se vai frío) senón non fai falla. Mentres peneiras a fariña, pos a ferver a auga e bótaslle un cacharriño de sal. Despois, cando a auga ferva, engádeslle a fariña e, coa pa, amasas. Despois a masa métela no molde e vas cortando os churros (o aceite ten que estar ben quente, senón saen aceitados) e, cando estean ben torradiños, bótanse na bandexa. Así xa están listos para a venda. Ademais dos churros normais, tamén se venden churros de chocolate, porras de crema e roscas.
Á miña avoa, actual xefa, gústalle moito o oficio porque lle encanta tratar coa xente, coñecer novos sitios e ata lle gustan os madrugóns que se ten que pegar. A min en cambio non me agrada nada porque hai que levantarse moi cedo, e é un traballo moi duro para calquera rapaz.

Verena Vieites Fernandes
2º de ESO Curso 2012/2013
Comentarios (1) - Categoría: COMENTARIOS ALUMNADO - Publicado o 05-04-2013 13:13
# Ligazón permanente a este artigo
BIOGRAFÍA DE ANDRÉS DO BARRO
Andrés Lapique do Barro naceu en Pontedeume o 1 de outubro do ano 1947 e faleceu en Madrid o 22 de decembro de 1989. Foi un músico galego nos últimos anos da ditadura franquista. Por se querer adicar ao mundo musical, Andrés pasou a ser a ovella negra da familia xa que rompeu a tradición familiar de ser membro da Armada.
Aínda que por aqueles tempos na ditadura franquista estiveran prohibidas todas as cancións en galego, o público non dubidou un instante en mostrarlle o seu apoio ao artista.

Os seus maiores éxitos musicais foron:"O Tren","Corpiño xeitoso" e, por último, "San Antón"(estes tres éxitos chegaron a ser moi rápido número un nos medios radiofónicos).
Tamén actuou en filmes como "En la red de mi canción" acompañado por Concha Velasco.
Un dos mellores amigos de Andrés foi Juan Pardo, tamen músico, pero un día, por unha pelexa entre ambos, romperon a súa boa amizade e seguiron por separado.
Como Andrés xa rompera coa compañía discográfica RCA decidiu marchar para México durante tres anos onde sobreviviu traballando de cociñeiro nun local. Aos tres anos da súa ida regresou xa repatriado en 1979.
Pese a todos os éxitos musicais que logrou ter ao longo da súa carreira, o final da súa vida foi marcado pola penuria económica.
As súas últimas aparicións foron en programas da TVG en 1989.
O día 23 de decembro de 1989 coñeceuse a noticia da morte de Andrés do Barro debido a un cancro hepático aos 42 anos de idade.
Atrás deixaba unha estela de grandes éxitos e grandes cancións aínda moi coñecidas hoxe en día.
Cristian Creo Baleirón
Ricardo Eitor Tubío 3ºESO
Comentarios (0) - Categoría: A FORXA DAS LETRAS - Publicado o 05-04-2013 12:33
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal