DE LINGUA EN LINGUA


BLOGUE DE LINGUA GALEGA DO CPI DE PONTECESURES
Hai quen bota a lingua a pacer con moita facilidade; outros chegan a perderse pola lingua ou teñen que morder a lingua para non irse da lingua. Nós, neste caderno de bitácora, imos tirar da lingua para dicir todo aquilo que temos na punta da lingua aínda que fiquemos coa lingua fóra. Tentaremos non ser lixeiros de lingua, ou si, se cadra...pero nunca malas linguas...Iso deixámosllelo ás linguas viperinas, que cospen veleno. Quizais cheguemos a ter don de linguas, mais o que nos importa de verdade é que a nosa lingua vaia de lingua en lingua.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 WEBS RECOMENDADAS
 FOTOBLOGOTECA
 DESTACADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO

VIAXE A ALLARIZ
Como premio por teren gañado o concurso do manifesto do Correlingua, o alumnado de 4 de ESO fixo unha viaxe os días 16 e 17 de marzo a Allariz. A visita incluiu as actividades deseñadas dentro do Proxecto Terra polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. O primeiro día visitamos a aldea de Santa Mariña de Augas Santas; o ecoespazo do Rexo, co seu Centro de Interpretación da Natureza e a escola silvo-pastoril; as instalacións de Radio Allariz e puidemos darnos un chapuzón na piscina municipal. O segundo día fixemos un roteiro histórico-monumental pola vila de Allariz, visitando tamén os museos do xoguete e o coiro e o muíño do Burato.
Aquí quedan algunhas fotos da viaxe como lembranza.
A SEÑORA VISITACIÓN EXPLÍCANOS A LENDA DA SANTA
A SEÑORA VISITACIÓN EXPLÍCANOS A LENDA DA SANTA
 
AÍNDA QUEDAN RESTOS DA MURALLA NA VILA!
AÍNDA QUEDAN RESTOS DA MURALLA NA VILA!
CANTAS IGREXAS HAI NA VILA!
CANTAS IGREXAS HAI NA VILA!
 
CHEGADA AO ALBERGUE
CHEGADA AO ALBERGUE
CHEGAMOS A SANTA MARIÑA DE AUGAS SANTAS
CHEGAMOS A SANTA MARIÑA DE AUGAS SANTAS
 
IGREXA DE SANTA MARIÑA
IGREXA DE SANTA MARIÑA
IRMANADOS XA COA PONTE CARREIRA
IRMANADOS XA COA PONTE CARREIRA
 
MUSEO DO XOGUETE
MUSEO DO XOGUETE
NATACIÓN SINCRONIZADA EN ALLARIZ
NATACIÓN SINCRONIZADA EN ALLARIZ
 
NO MUSEO DO  COIRO
NO MUSEO DO COIRO
ÑAM, ÑAM
ÑAM, ÑAM
 
O MUSEO DO MUÍÑO DO BURATO
O MUSEO DO MUÍÑO DO BURATO
O RÍO ARNOIA
O RÍO ARNOIA
 
PINTURAS DE IBARROLA NO ECOESPAZO DO REXO
PINTURAS DE IBARROLA NO ECOESPAZO DO REXO
PLANTACIÓN DE VIMBIOS PARA O MUSEO DA CESTERÍA
PLANTACIÓN DE VIMBIOS PARA O MUSEO DA CESTERÍA
 
QUE BONITO AÑO!
QUE BONITO AÑO!
REPOÑENDO FORZAS NO ECOESPAZO DO REXO
REPOÑENDO FORZAS NO ECOESPAZO DO REXO
 
SAÍNDO DO CPI
SAÍNDO DO CPI
SALA DE MUXIDO DE OVELLAS NA ESCOLA SILVO-PASTORIL
SALA DE MUXIDO DE OVELLAS NA ESCOLA SILVO-PASTORIL
 
TOCA DESPEDIRSE... ATA A RECOLLIDA DO PREMIO!
TOCA DESPEDIRSE... ATA A RECOLLIDA DO PREMIO!
1 [2]

© by Abertal