DE LINGUA EN LINGUA


BLOG DE LINGUA GALEGA
Hai quen bota a lingua a pacer con moita facilidade; outros chegan a perderse pola lingua ou teñen que morder a lingua para non irse da lingua. Nós, neste caderno de bitácora, imos tirar da lingua para dicir todo aquilo que temos na punta da lingua aínda que fiquemos coa lingua fóra. Tentaremos non ser lixeiros de lingua, ou si, se cadra...pero nunca malas linguas...Iso deixámosllelo ás linguas viperinas, que cospen veleno. Quizais cheguemos a ter don de linguas, mais o que nos importa de verdade é que a nosa lingua vaia de lingua en lingua.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

SON OS MOZOS/AS ACTUAIS APÁTICOS?
Novos Españois 2010
Os mozos pasan dos políticos e cren que vivirán peor cós seus pais
Tecnolóxicos, pouco ecoloxistas, de centro-esquerda, escépticos sobre a integracion social e desconfiados das institucións, velaí a radiografía da xuventude. Política e relixión, o que menos valoran

http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-sociedade/gh/mozos-pasan-dos-politicos-cren-viviran-peor-cos-seus-pais/idEdicion-2010-11-25/idNoticia-614523/

PABLO POTEL


A min gustaríame opinar sobre a noticia que fala da ideoloxía da mocidade.

Comezar falando pola imaxe dos políticos. Un mundo que en teoría está en crise (unha crise baseada en que o PIB non aumenta, o que quere dicir que se non producimos máis e máis imos mal. Chegará o día no que non sexan suficientes os recursos, non?), e en España dous partidos predominantes: PSOE e PP. O PSOE presidindo, e mentres estamos nesta ''crise'' (creo que o prioritario sería cambiar o sistema e non atopar solucións temporais), que ocorre? Ao PSOE non lle vai demasiado ben, parece, e busca solucións onde pode para mellorar a situación do noso país (aínda que non sempre fagan o mellor). Ante a situación de presión sobre o PSOE, os populares adícanse a bombardear con críticas a dirección que levan os socialistas sobre España. Non fan máis que ''poñerse podres uns a outros'', por así decilo; e a imaxe que teño do PP é que só lles importa ter a presidencia. Á fin e ao cabo somos todos persoas, quizais con ideas distintas, pero todos españois. Xa que estamos tan mal, por que non xuntarse todos para tratar de atopar unha verdadeira solución e deixarse de tantas paparruchas? Ben, esta e a miña idea da política española; e como comprenderedes non teño unha imaxe precisamente moi boa dos políticos.

Estou dacordo coa orientación política da nosa sociedade (eu persoalmente son de centro-esquerdas, non me importa decilo).

En canto ás institucións: ben, confío nas ONGs de verdade (non esas falsas que se quedan cos cartos) que coa axuda de todos poden axudar a facer do noso, un mundo mellor. Institucións dese tipo quizais teñan para min un valor maior, pero logo, institucións tales como a realeza, ou sobre todo a igrexa non me gustan. Estou en desacordo con bastantes aspectos da miña igrexa (a católica) xa que para min ten moitos tópicos anticuados. Ao mellor, polo que coñezo doutras relixións, unha máis adecuada para min sería o protestantismo. Non vexo tantas ideas propias dunha sociedade anterior e non me parece tan digamos ''fascista'' en certos aspectos.

Eu polo menos teño unha conciencia ecolóxica bastante boa. Opino que é importante reciclar e aforrar tanto enerxía coma recursos. E creo que cos avances tecnolóxicos e científicos poderemos salvar o planeta do impacto mediambiental.

No lecer adoito escoitar música ou estar con amigos (ou ben falar con eles por redes sociales), pero sobre todo facer deporte. Gústame ler, pero non teño demasiado tempo para iso. Cando máis tempo adico á lectura é ao acercarse os exames de lectura. Teño tamén móbil e utilizoo moito.

Para rematar, vou falar do futuro. Non digo que vaia vivir peor que meus pais, en teoría debería progresar a sociedade a mellor; pero creo que para iso debería cambiar o sistema. Non penso que vou vivir mellor ou peor, máis ben que xa se irá vendo pouco a pouco. Dicir agora isto sería un tanto precipitado nesta época de cambios.



25-N, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO ·· aberracións do sistema patriarcal
A sexualidade rota
O 80% das maltratadas foron golpeadas no embarazo e o 69% violadas ·· Os asasinatos son a cara máis visíbel do problema. A violencia sexual o maior tabú


http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-sociedade/gh/sexualidade-rota/idEdicion-2010-11-25/idNoticia-614520/

SEMANA EUROPEA DA REDUCIÓN DO LIXO
Afogados polos residuos
Cada galego xerará nunha década 2 quilos de refugallos ó día, o dobre do actual. Ante o colapso de Sogama e a crise económica que afecta ás plantas de compostaxe, Amigos da Terra avoga por mudar a actual "incultura de usar e tirar" por un consumo responsable


http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/afogados-polos-residuos/idEdicion-2010-11-25/idNoticia-614506/
Comentarios (0) - Categoría: DE ACTUALIDADE - Publicado o 28-11-2010 20:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal