DE LINGUA EN LINGUA


BLOG DE LINGUA GALEGA
Hai quen bota a lingua a pacer con moita facilidade; outros chegan a perderse pola lingua ou teñen que morder a lingua para non irse da lingua. Nós, neste caderno de bitácora, imos tirar da lingua para dicir todo aquilo que temos na punta da lingua aínda que fiquemos coa lingua fóra. Tentaremos non ser lixeiros de lingua, ou si, se cadra...pero nunca malas linguas...Iso deixámosllelo ás linguas viperinas, que cospen veleno. Quizais cheguemos a ter don de linguas, mais o que nos importa de verdade é que a nosa lingua vaia de lingua en lingua.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

DISTINTAS SITUACIONS LINGÜÍSTICAS NO MUNDO


1.PAÍSES MONOLINGÜES
-Só se fala 1 lingua en todo o territorio.
-Hai moi poucos casos no mundo. Calcúlase que no mundo hai aproximadamente 4.000 linguas distribuídas en 171 países.
-A lingua falada é a que está recoñecida na Constitución dese país como LINGUA OFICIAL.
EX: PORTUGAL-portugués
ISLANDIA-islandés


2.PAÍSES MULTILINGÜES CON EQUILIBRIO LINGÜÍSTICO

-Dentro do país fálanse varias linguas pero cada unha delas só se emprega nalgunha rexión. Por tanto, o país é multilingüe pero as rexións son monolingües.
-Todas as linguas do país teñen un uso semellante.
-A Constitución do país recoñece como oficiais todas as linguas, cada unha no seu territorio, por iso se consideran oficiais territoriais.
SUÍZA: -alemán
-francés
-italiano
-retorromano
BÉLXICA: -flamengo
-francés.


3. PAÍSES MULTILINGÜES CON DESEQUILIBRIO ENTRE AS LINGUAS

-Hai unha lingua que se emprega en todo o país (LINGUA DOMINANTE) pero hai rexións que teñen ademais a súa propia (LINGUAS MINORIZADAS OU AMEZADAS).

3.1.LINGUA DOMINANTE

-Teñen máis falantes dentro do país.
-Úsanse máis en determinados ámbitos (comercio, ensino, administración...) ou entre as clases altas.
-Aínda que haxa máis linguas no país, esta é a única que se recoñece na Constitución como a de todo o estado.
ESPAÑA- español
FRANCIA-francés
REINO UNIDO-inglés
ITALIA-italiano
ALEMAÑA-alemán
HOLANDA-neerlandés
DINAMARCA-danés
TURQUÍA-turco

3.2. LINGUAS AMEAZADAS OU MINORIZADAS

-Corren o risco de perderse se non aumenta o seu uso.
-Teñen menor número de falantes dentro do país cás dominantes (aínda que ás veces son moi faladas noutros países -é o caso do alemán en Francia- ou poden ser maioritarias na súa rexión -é o caso do galego en Galicia-).
-Son tan importantes como as dominantes porque cumpren as funcións de calquera lingua: a comunicación e a de identidade cultural.
-Nalgúns casos, están declaradas como cooficiais xunto coa dominante só nunha parte do estado.
EX.: En ESPAÑA: galego, euskera , catalán
-Noutros países non aparecen nin recoñecidas na Constitución do país como linguas cooficiais.
EX. En FRANCIA: bretón, occitano, catalán, euskera, alemán e corso
-Nalgún país pode, á parte de non estar recoñecidas legalmente, prohíbirse por lei o uso destas linguas.
EX: TURQUIA: kurdo

Comentarios (0) - Categoría: LINGUA E SOCIEDADE - Publicado o 23-09-2010 11:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal