DE LINGUA EN LINGUA


BLOG DE LINGUA GALEGA
Hai quen bota a lingua a pacer con moita facilidade; outros chegan a perderse pola lingua ou teñen que morder a lingua para non irse da lingua. Nós, neste caderno de bitácora, imos tirar da lingua para dicir todo aquilo que temos na punta da lingua aínda que fiquemos coa lingua fóra. Tentaremos non ser lixeiros de lingua, ou si, se cadra...pero nunca malas linguas...Iso deixámosllelo ás linguas viperinas, que cospen veleno. Quizais cheguemos a ter don de linguas, mais o que nos importa de verdade é que a nosa lingua vaia de lingua en lingua.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS


O RÍO DO TEMPO


Chegamos a ela un día verde,
verde de brion e ras,
con peso no lombo,
cara de verdín e pelos de alga.
Reverdeciamos por coñecela
e facer dela o noso bosque.

Fagamos memoria...

De todos os feitos que nela aconteceron
estes son os que non esqueceremos:

Dezasete de novembro,
mimos dourados, músicos na rúa
e a catedral dos peregrinos.
Día libre de escola,
sen libros na mochila,
pero con teatro, pintura e museos
xa non está baleira.

Avanza o río e corre o tempo...
As bólas vermellas do acivro
traen con elas regalos, xoguetes e...
Premio gordo! Acabaron as clases!
Pero só por un tempo.
Correr como esquíos de árbore en árbore
nos xogos olímpicos de inverno.

E agora... Orellas de porco,
fociños e rabo a paso de peliqueiro.
¿Os mellores percebes os de Roncudo?
Noooon! Os de Cesures!
E tamén os amorodos máis ricos do mundo.

Seguimos no inverno...
Gol, gol!!! A pelota inchada de maxia
chega ao sol e...
champiñooóns, champiñooóns!
A coroa de loureiro gañámola nós.

A señora primavera xa chegou,
¿que traerá este ano no seu cesto?
Pico e pa, sacho na man,
o noso bosque florecerá.

Á desembocadura do río chegamos,
o salto a 2º está preto,
como lampreas voltamos ao mar,
o sol e a calor poñeranlle fin a este sendeiro.

Alumnado de 1º ESO B
CURSO 2009/2010
Comentarios (0) - Categoría: A FORXA DAS LETRAS - Publicado o 19-05-2010 11:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal