DE LINGUA EN LINGUA


BLOG DE LINGUA GALEGA
Hai quen bota a lingua a pacer con moita facilidade; outros chegan a perderse pola lingua ou teñen que morder a lingua para non irse da lingua. Nós, neste caderno de bitácora, imos tirar da lingua para dicir todo aquilo que temos na punta da lingua aínda que fiquemos coa lingua fóra. Tentaremos non ser lixeiros de lingua, ou si, se cadra...pero nunca malas linguas...Iso deixámosllelo ás linguas viperinas, que cospen veleno. Quizais cheguemos a ter don de linguas, mais o que nos importa de verdade é que a nosa lingua vaia de lingua en lingua.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

VIAXE A FERROL-FRAGAS DO EUME
?CORRELINGUA 2010?


O ?Correlingua? son unhas carreiras escolares reivindicativas en prol do idioma galego que se celebran en distintas cidades e vilas de Galiza arredor do Día das Letras Galegas dende o ano 2000. A intención desta actividade lúdico-didáctica é a concienciación do alumnado e da sociedade en xeral da necesidade e a importancia de que sigamos mantendo vivo o noso idioma. Arredor destas carreiras, os organizadores convocan varios concursos para fomentar a participación dos escolares, entre eles a elaboración dun cómic e un manifesto que se le ao remate de cada carreira. Este curso, ademais, incluiuse como novidade o concurso musical ?Cantalingua?, no que se selecciona o grupo ou solista gañador que anima a festa.
O alumnado de 4º de ESO do CPI de Pontecesures participou no concurso de elaboración do manifesto. Aínda que o premio recaeu no IES Pedra da Auga de Ribadeo, o noso centro quedou finalista xunto co IES Xoán Montes de Lugo, polo que fomos galardoados cunha viaxe de dous días a Ferrol e as Fragas do Eume, visita organizada dentro do Proxecto Terra polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galiza. O primeiro día a visita ao parque Aquaciencia, ao Castelo de San Felipe e á aula de Ecoloxía urbana completouse cunha excursión en barco pola ría de Ferrol até Mugardos e cun percorrido polo barrio da Magdalena para estudar as peculiaridades urbanísticas desta parte da cidade. Pernoctamos no albergue Alvarella, onde coñecemos de primeira man os beneficios para o medio ambiente das técnicas de bioconstrución. Ao día seguinte, finalizamos esta saída didáctica cun roteiro de sendeirismo polas Fragas do Eume.



MANIFESTO FINALISTA DO CONCURSO CORRELINGUA 2010
NONSOMOSPEIXESQUESOMOSTROITASDOULLA
ALUMNADO DE 4º DE ESO
CPI DE PONTECESURES

?pos yo estudei nun senter onde me ensinaron three lenguas e con moito esforso conseghín o Ghraduado. Fun pá Ghran Bretaña e alí era a caña. Empesei a traballar de barman pero non ghañaba moitos moneys. Botaba en falta a miña Terra e afoghaba as penas en caña de herbas. Ao mes chimpáronme fóra, de patitas en la calle, pois non promosionaba o ghüisky escosés. Pensei en voltar ao lughar onde nasín, xa que aínda me quedaban cartos pa un billete de plane.
?Puentevedra, Sanjenjo, New Port, La Carretera? Que aleghría, que ilusión! De novo na Terra!

-Hi, familia!
-Hola, hijito! Manolo, xa voltou! Miña nai, prepare o caldo, que ten aquí o seu netiño!
-Por fin estás connosco! Canto te botamos de menos! Pero, que che fixeron alá, meu neto, que pareses un bacallau polo rabo?

Coa energy que me deu aquel caldiño, erghínme in the morning pa buscar un currito. Na cafetería, na carnisería, no supermarket e na panadería, todos pedían falar ben o castelán e o inghlés.

-No problem, no problem! Eu falo three lenguas!

Botáronse a rir e sinalaron a porta. Fun pedir o xornal; mirei os anunsios por palabras. Galicia siempre, Diario gallego de por la mañana, Gallejeros?hai que ver, ninghún traballo pa políghlotas!

Aghobieime. Quixen relaxarme e fun ao cinema. Nine, Los sustitutos, La decisión de Anne, La herencia de Valdemar... Non entrei porque nada me ghustaba. Xa era noite e funme de party. Faleille a unha rapasa:

-Gelou! Ghuach yor name?
-Gelar non gelou pero vai un frío? Acaba ti o conto? A min non me enghanas, ti? de quen vés sendo?

Estivemos falando aínda un anaco. A rapasa paresía que valía a pena. Ao día seghinte, un café, ao outro un conserto; ao mes xa falaba o seu idioma? e canto máis doado non era! Convenseume de que eu viña sendo o ?typical galego da Galicia do futuro? coa que alghúns soñaban, que así deixaba de ser eu mesmo, reneghaba das orixes por algho que non me daba praser nin sustento. Foron tardes a falar e, mentres medraba o noso amor, soñamos con construír outro futuro. E como dous pensan mellor ca un, unha dusia mellor ca unha parella e un sento máis aínda, asosiámonos aos máis intrépidos da vila e? xuntos foron xurdindo as ideas: consertos, contos, xoghos cos que ghosar en ghalegho. ?Nonsomospeixesquesomostroitasdoulla?, demos en chamarnos, e con este berro de axitasión, disímosvos:

DEIXADE DE SER ?PESCADOS?, NON CAIADES NA REDE E NADADE CONNOSCO NA LINGUA DAS TROITAS DA NOSA TERRA!
Comentarios (0) - Categoría: PARTICIPANDO SAÍMOS GAÑANDO - Publicado o 19-05-2010 11:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0