DE LINGUA EN LINGUA


BLOGUE DE LINGUA GALEGA DO CPI DE PONTECESURES
Hai quen bota a lingua a pacer con moita facilidade; outros chegan a perderse pola lingua ou teñen que morder a lingua para non irse da lingua. Nós, neste caderno de bitácora, imos tirar da lingua para dicir todo aquilo que temos na punta da lingua aínda que fiquemos coa lingua fóra. Tentaremos non ser lixeiros de lingua, ou si, se cadra...pero nunca malas linguas...Iso deixámosllelo ás linguas viperinas, que cospen veleno. Quizais cheguemos a ter don de linguas, mais o que nos importa de verdade é que a nosa lingua vaia de lingua en lingua.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 WEBS RECOMENDADAS
 FOTOBLOGOTECA
 DESTACADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO

MICROTOPONIMIA DE PONTECESURES
Este curso participaremos no Plan Proxecta de Paisaxe e Sustentabilidade que se desenvolve no noso centro. Desde a área de lingua galega e do EDLG propomos a recollida, catalogación e análise dos microtopónimos do concello de Pontecesures, baseándonos en traballos xa publicados na web pero engadindo novos datos que complementen esta información. O obxectivo final será a edición dun tríptico que recolla a información máis relevante deste traballo e que inclúa fotos e textos relacionados cos lugares investigados.

Para comezar, esta listaxe de ligazóns será de interese para o noso traballo:

PORTAL DA TOPONIMIA DA XUNTA DE GALICIA


Nel poderás atopar moitos microtopónimos do noso concello.

http://toponimia.xunta.es/gl/Buscador

ESTUDO DE MICROTOPONIMIA DE PONTECESURES PARA DESCARGAR DESDE A PÁXINA WEB DO CONCELLO


http://www.pontecesures.org/vercontenido.asp?ar=1&id=29&sec=7


ESTUDO MICROTOPONÍMICO DA ÁREA DAS MARIÑAS LUCENSES E ORTEGAL


Neste estudo, podemos ver a metodoloxía empregada na investigación toponímica, así como a explicación do significado de moitos microtopónimos que se repiten noutras áreas xeográficas de Galicia.
http://mediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/DR/Microtoponimiaf__1_.pdf
Comentarios (0) - Categoría: PAISAXE E SUSTENTABILIDADE - Publicado o 16-01-2018 12:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal