DE LINGUA EN LINGUA


BLOG DE LINGUA GALEGA
Hai quen bota a lingua a pacer con moita facilidade; outros chegan a perderse pola lingua ou teñen que morder a lingua para non irse da lingua. Nós, neste caderno de bitácora, imos tirar da lingua para dicir todo aquilo que temos na punta da lingua aínda que fiquemos coa lingua fóra. Tentaremos non ser lixeiros de lingua, ou si, se cadra...pero nunca malas linguas...Iso deixámosllelo ás linguas viperinas, que cospen veleno. Quizais cheguemos a ter don de linguas, mais o que nos importa de verdade é que a nosa lingua vaia de lingua en lingua.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O QUE É SER GATO

Vós non sabedes o que é ser gato. Ser gato é: Ter sete vidas, das cales catro xa as gastamos en pelexas con outros gatos, parir non sei cantas veces ao ano cinco ou seis crías (se non son máis de cada vez que o facemos) e temos unha lingua mundial entre nós: con só unha palabra "Miau". Con ela solucionamos todo, non temos que aprender nada máis para falar entre nós.
Vós sabedes cantos gatos morren ao ano nas estradas? Moitos, e só dunha maneira, ser atropelados polos coches. O malo é que botamos as tripas para fóra. Un día un gato vello da casa do veciño, cruzou a estrada para coller un peixe que lle caera á peixeira, esquivando todo coche, ata que o atropelou unha moto, malia que o pobre xa case conseguira chegar.
Falando de peixe, a nós gústanos moitísimo ese cheiro que nos fai cóxegas no nariz, sexa da clase que sexa, e máis o polbo xa que somos gatos de Galicia. Tamén nos gusta o leite, frío, quente , morno, etc.
Outro perigo sonche as velliñas, que cada vez que facemos pelexa ou andamos cerca delas veñen con vasoiras e tírannolas.
Un día meu amo, que aínda é un rapaciño, puxo gatiños dentro dun ordenador. Eu quedei abraiado. Meus pobriños, estaban alí atrapados, pero felices e coquetos. Cando marchou meu amo, subín ao escritorio e púxenme fronte ao computador .Estendinlle a man a un dos gatos pero había unha cousa invisible diante deles. Quíxenlle rabuñar a esa cousa invisible e doume unha descarga eléctrica; ala, unha vida menos. Adeus, meus amigos, humanos e gatos ¡¡¡¡¡MIAUU!!!!.

Pablo Oliveira 3ºA
Comentarios (0) - Categoría: A FORXA DAS LETRAS - Publicado o 29-05-2015 13:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0