DE LINGUA EN LINGUA


BLOGUE DE LINGUA GALEGA DO CPI DE PONTECESURES
Hai quen bota a lingua a pacer con moita facilidade; outros chegan a perderse pola lingua ou teñen que morder a lingua para non irse da lingua. Nós, neste caderno de bitácora, imos tirar da lingua para dicir todo aquilo que temos na punta da lingua aínda que fiquemos coa lingua fóra. Tentaremos non ser lixeiros de lingua, ou si, se cadra...pero nunca malas linguas...Iso deixámosllelo ás linguas viperinas, que cospen veleno. Quizais cheguemos a ter don de linguas, mais o que nos importa de verdade é que a nosa lingua vaia de lingua en lingua.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 WEBS RECOMENDADAS
 FOTOBLOGOTECA
 DESTACADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO

USOS PERIGOSOS DE INTERNET
http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/un-cada-tres-adolescentes-galegos-contactou-desconecidos-internet-un-cada-10-quedou-eles/idEdicion-2014-09-03/idNoticia-887858/

Despois de ler atentamente a noticia, responde a estas cuestión de comprensión:
1. Explica o significado destas frases con outras palabras:
“Os mozos non enmarcan certas condutas dentro desta denominación”
“Voluntario, anónimo e confidencial”
“Resaltou a representatividade do estudo”
“Que se remitirá aos centros públicos e concertados”
“Risco de adicción”
“Non están exentas de perigo”
“Reitor da USC”
2. Menciona brevemente os usos problemáticos de internet entre os adolescentes galegos (cada un nun máximo dunha liña)
3. Cal destes usos é o maioritario entre os adolescentes galegos?
4. Cal destas afirmacións é a verdadeira?
-Os mozos galegos usan menos internet que a media europea.
-Hai máis usos perigosos de internet entre os mozos/as das vilas e cidades que os das aldeas.
-Esta enquisa crese que non reflicte fielmente a realidade dos usos de internet entre os mozos/as galegos/as.
5. Cando, como e onde se conectan os mozos/as a internet sobre todo?
6. Que responsabilidades teñen os pais/nais nisto?
7. Reflexionemos sobre as seguintes cuestións de norma gramatical, ortográfica ou léxica?
-Uso das comiñas en “caldo de cultivo” e en “grooming”
-Reparamos e comentamos as seguintes palabras: malia, estean, conduta, niveis, saiban, cobre (cubrir), porcentaxe, móbil, revelar.
-Corriximos os seguintes castelanismos: *baladí, *estudio, *chantajeando
8. Valora o que se comenta no texto debatendo na aula:
-Cres que os datos da enquisa se poden aplicar ao teu contorno?
-Que riscos e que vantaxes ten o uso de internet para ti?
-Como se poderían evitar os riscos do uso de internet?
9. Redacción:
“O día que perdín o móbil e que non tiven internet”
Comentarios (0) - Categoría: DE ACTUALIDADE - Publicado o 05-09-2014 12:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal