DE LINGUA EN LINGUA


BLOGUE DE LINGUA GALEGA DO CPI DE PONTECESURES
Hai quen bota a lingua a pacer con moita facilidade; outros chegan a perderse pola lingua ou teñen que morder a lingua para non irse da lingua. Nós, neste caderno de bitácora, imos tirar da lingua para dicir todo aquilo que temos na punta da lingua aínda que fiquemos coa lingua fóra. Tentaremos non ser lixeiros de lingua, ou si, se cadra...pero nunca malas linguas...Iso deixámosllelo ás linguas viperinas, que cospen veleno. Quizais cheguemos a ter don de linguas, mais o que nos importa de verdade é que a nosa lingua vaia de lingua en lingua.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 WEBS RECOMENDADAS
 FOTOBLOGOTECA
 DESTACADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO

A HISTORIA DE LUCAS

Érase unha vez unha rapaza chamada Laura, que ía cumprir once anos pero non podía celebrar unha festa de aniversario cos seus amigos porque os pais estaban traballando e non lle deixaban organizala a ela soa. Ao día seguinte, os seus pais agasallárona cun canciño pequerrechiño, ao que chamou Lucas, moi divertido e xoguetón. Cando o viu, gustoulle moito e despois de agradecerllelo cun bico moi forte, chamou a un gran amigo, Manuel , para que viñese velo. Esa mañá divertíronse moito , pero despois de xantar Manuel tivo que marchar porque se arrefecera e collera un pouco de febre. Mentres Laura e súa nai levaron a Manuel á casa, Lucas na casa mordeu e roeu toda a roupa sucia que había no cesto da lavadora. Ao chegar á casa, Laura, como se decatara de que Lucas roera a roupa, díxolle á súa nai mentres entraba pola porta :

-Mamá, mamá! Lucas, roeu a roupa que había no cesto para lavar.
-Vaia por Deus! Entón ponlle fóra a cesta e a comida, porque hoxe dorme fóra.

Laura obedeceu e fixo o que lle mandou súa nai. Ao día seguinte Laura, como Lucas non fixera ningunha trasnada pola noite, convenceu á súa nai para que o deixase entrar de novo na casa mentres elas foron mercar os libros para a escola, xa que lle empezara ese día . Cando chegaron a casa, Lucas fixera unha desfeita: mordeu as cortinas, tirara outra vez o cesto da roupa, esgazara a os trapos da cociña... A nai de Laura decidiu que o seu marido lle fixera un caseto a Lucas e un pequeno peche. Ao chegar o marido, díxolle:
-Hai que lle facer un peche e un caseto a Lucas porque non para de facer trasnadas.
-Mañá xa llo fago porque é festivo e non vou traballar- contestoulle el.

Ao día seguinte fixéronlle un caseto e un peche a Lucas. A partir dese día, non houbo máis desfeitas.

Pedro Citoula Pérez 1º E.S.O Curso 2013-2014
Comentarios (2) - Categoría: A FORXA DAS LETRAS - Publicado o 17-10-2013 10:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 A min paréceme un conto #blgtk08#moi divertido e bonito.
Comentario por (17-10-2013 16:34)
2 Pedro, felicítote. #blgtk08#Gustoume moito mbn
Comentario por esther (18-10-2013 11:52)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal