DE LINGUA EN LINGUA


BLOG DE LINGUA GALEGA
Hai quen bota a lingua a pacer con moita facilidade; outros chegan a perderse pola lingua ou teñen que morder a lingua para non irse da lingua. Nós, neste caderno de bitácora, imos tirar da lingua para dicir todo aquilo que temos na punta da lingua aínda que fiquemos coa lingua fóra. Tentaremos non ser lixeiros de lingua, ou si, se cadra...pero nunca malas linguas...Iso deixámosllelo ás linguas viperinas, que cospen veleno. Quizais cheguemos a ter don de linguas, mais o que nos importa de verdade é que a nosa lingua vaia de lingua en lingua.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

COMENTARIO SOBRE O VÍDEO "SALVEMOS GALICIA"
Cando vin este video, non puiden crer o que pretender facer en Galiza. Tiña unha lixeira idea dos problemas da extracción do ouro en Corcoesto e algunhas outras vilas, pero nunca cheguei a pensar que o problema chegaria a este punto. Sorpréndeme moito a avarícia dalgunhas persoas, xa que en certa maneira estanlle poñendo prezo á Galicia do futuro. Nestes momentos o impacto ambiental non se nota porque ainda non comenzaron a facer nada, pero que vai pasar cando empecen a destruír a paisaxe galega da que tanto presumimos por ser excepcional e extremadamente fermosa? Que nos quedará entón? Se non paramos isto xa,as consecuencias serán moi graves, e cando nos deamos conta xa non haberá maneira de parar os estragos que se estarán a realizar. Sinceramente, os que están permitindo esta catastrofe decepcionaronme e moito, pensaba que ainda quedaban persoas con sentido común, pero día a día estase a demostrar que o diñeiro pode a todo, incluso a terra na que vivimos. Espero que grazas a todas a protestas que está tendo este tema e a repercusión que está tendo nas redes sociais, consigamos parar isto, porque unha terra como a nosa só hai unha, e non se merece ser tratada así.

Carla Constenla Barral
3º ESO
Comentarios (0) - Categoría: DE ACTUALIDADE - Publicado o 28-05-2013 11:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal