DE LINGUA EN LINGUA


BLOGUE DE LINGUA GALEGA DO CPI DE PONTECESURES
Hai quen bota a lingua a pacer con moita facilidade; outros chegan a perderse pola lingua ou teñen que morder a lingua para non irse da lingua. Nós, neste caderno de bitácora, imos tirar da lingua para dicir todo aquilo que temos na punta da lingua aínda que fiquemos coa lingua fóra. Tentaremos non ser lixeiros de lingua, ou si, se cadra...pero nunca malas linguas...Iso deixámosllelo ás linguas viperinas, que cospen veleno. Quizais cheguemos a ter don de linguas, mais o que nos importa de verdade é que a nosa lingua vaia de lingua en lingua.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 WEBS RECOMENDADAS
 FOTOBLOGOTECA
 DESTACADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO

IMPORTANTE DESCUBERTA DE CANTIGAS EN GALEGO POSTERIORES Á LÍRICA GALEGO-PORTUGUESA
Cando se falaba de que o século XV era un ermo literario para o galego, varios investigadores descobren esta compilación poética nun arquivo privado:

http://praza.com/cultura/4398/o-achado-do-seculo-na-literatura-medieval-galega/
Comentarios (1) - Categoría: TEORÍA 3º ESO - Publicado o 12-05-2013 23:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Na miña opinión, este descubrimento foi algo moi bo para a literatura galega, xa que sempre é positivo atopar novos textos/poemas literarios en galego. Como nos últimos anos por desgraza o galego foi minguando pouco a pouco, está ben que de cando en vez se encontren máis probas de que fai anos o galego era unha lingua, empregada por moita xente, tanto de orixen humilde como de orixe nobre (que en certa#blgtk08# maneira era a que impulsaba que se seguise usando polos campesiños, artesáns e demáis). A única pega que lle atopo a esta noticia é que non tivo demasiada repercusión nos medios de comunicación, sinceramente penso que algo tan importante como isto debería ter moitisima máis difusión nos xornais, telexornais e demais medios. Sacando este pequeno detalle, esta foi unha grande novidade para todo o mundo.
Comentario por Carla Constenla Barral 3º (25-05-2013 20:49)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal