DE LINGUA EN LINGUA


BLOG DE LINGUA GALEGA
Hai quen bota a lingua a pacer con moita facilidade; outros chegan a perderse pola lingua ou teñen que morder a lingua para non irse da lingua. Nós, neste caderno de bitácora, imos tirar da lingua para dicir todo aquilo que temos na punta da lingua aínda que fiquemos coa lingua fóra. Tentaremos non ser lixeiros de lingua, ou si, se cadra...pero nunca malas linguas...Iso deixámosllelo ás linguas viperinas, que cospen veleno. Quizais cheguemos a ter don de linguas, mais o que nos importa de verdade é que a nosa lingua vaia de lingua en lingua.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

MICROCÁMARAS

Estaba eu tan tranquila na miña habitación escoitando música cando, de súpeto soou o teléfono móbil da miña nai. De alí a un pouco, veu ela moi ilusionada dicíndome que o meu tío Xoán viña á vila a pasar unhas pequenas vacacións. Eu non me alegrei moito, pois non o coñecía. A miña nai dicíame que era unha boa persoa, aínda que estivera no cárcere. Ela dicía que cambiara moitísimo.
Esa mesma tarde, fomos ao aeroporto, que estaba a tres quilómetros, a recollelo. Cando o vin por primeira vez, dinme conta de que el aparecía nunha foto, na casa da miña amiga Raquel. A súa nai e o meu tío saían nela. Decidín que llo preguntaría máis tarde.
Era moi simpático. Cando se achegou, deume unha bolsa de caramelos. Fixémonos amigos, e non me separaba en ningún momento del.
Un día decidín xogar aos espías, e perseguín ao meu tío por toda a vila. De repente, vin como se metía na casa da miña amiga Raquel forzando a porta. Decidín ir e ver o que pasaba. Entrei moi silenciosamente pola porta e atravesei o salón. O meu tío estaba colocando algo no marco da foto que anteriormente mencionei, na que saía el e a nai de Raquel, coa mala sorte que me viu. Veu correndo ata min e pregoume que non dixera nada. Pregunteille que facía, e respondeume que estaba poñendo unha microcámara para vixiar á nai de Raquel. Explicoume que anteriormente, antes de que eu nacera, estaban namorados, pero cando entrou no cárcere deixoulle de falar e púxolle unha orde de afastamento. Díxome que seguía namorado dela, e que por iso poñía unha microcámara, para poder vela. Por iso non llo podía dicir a ninguén. Eu saín correndo da casa, e nun descampado preto de alí vin a Raquel e á súa nai paseando. Preguntáronme se estaba ben, que parecía preocupada. Eu saín correndo, sen dar ningunha resposta. Cheguei á miña casa e pecheime na miña habitación. Case non saía da casa, non quería volver ver ao meu tío.
Xa pasaran algúns días, e o meu tío Xoán xa marchaba da vila.
Tiven que ir e despedirme del. Non dixera nada aínda da microcámara, pero non podía máis. Conteillo todo á miña nai e chamamos á policía para que o detivesen por entrar na casa de Raquel e poñer cámaras. Viñeron a por el e levárono. A miña nai díxome que fixera moi ben en dicilo, que algúns segredos pódense gardar pero outros non.
CANDELA LAFUENTE LÓPEZ 2º ESO A
Comentarios (0) - Categoría: A FORXA DAS LETRAS - Publicado o 06-03-2013 20:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal