DE LINGUA EN LINGUA


BLOG DE LINGUA GALEGA
Hai quen bota a lingua a pacer con moita facilidade; outros chegan a perderse pola lingua ou teñen que morder a lingua para non irse da lingua. Nós, neste caderno de bitácora, imos tirar da lingua para dicir todo aquilo que temos na punta da lingua aínda que fiquemos coa lingua fóra. Tentaremos non ser lixeiros de lingua, ou si, se cadra...pero nunca malas linguas...Iso deixámosllelo ás linguas viperinas, que cospen veleno. Quizais cheguemos a ter don de linguas, mais o que nos importa de verdade é que a nosa lingua vaia de lingua en lingua.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

"TEÑO 15 ANOS E SON RARA"
Artigo de opinión dunha moza de 15 anos que defende o seu compromiso coa lingua:

http://www.sermosgaliza.com/opinion/andrea-araujo-alonso/rara/20120523131918001551.html
Comentarios (2) - Categoría: O GALEGO EN POSITIVO - Publicado o 25-05-2012 12:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Comprendo moi ben á rapaza do artigo. A súa historia recordame a miña aínda que algo distinta.
Eu sempre falei castelán na casa xa que era o idioma que falaban nela. Na rúa falaba galego. Fai uns anos comecei a falar galego tamén na casa, de súpeto. Case dun día para outro. Considérome unha persoa monolingüe xa que o galego é a lingua que emprego sempre.
Remontándome anos atrás comezo a pensar no que me fixo cambiar a ser ``raro´´ coma a rapaza esta. Era o primeiro ano do mandato de Feijóo e se non recordo mal ía en segundo da ESO. Ante a sorpresa de todos chegara unha enquisa aos colexios para levar a casa e que os pais a cubriran. O meu antigo profesor de sociais, persoa comprometida coa lingua galega e con máis temas sociais, explicoume a min e a outros dous compañeiros en que consistía a estafa da enquisa. Resulta que mediante a demagoxia o goberno do PP consiguía recortar horas en galego a non ser que marcases a opción de ``Todo en Galego´´. Un tempo despois de que a sondaxe rematara saiu o ``DECRETAZO´´ do señor Feijóo. Nesta medida tomada ``DEMOCRATICAMENTE´´ recortouse as horas de ensinanza en galego. Recortouse tanto que ata tes a posibilidade de só dar, un#blgtk08#ha asigantura en galego! Coa chegada do inglés e do marabilloso bilingüismo podemos optar só a dar lingua galego en galego.
Eu tiña ben claro que isto non me gustaba xa que era degradante para a miña lingua. Nesta época comecín a ir as primeiras manifestacións en contra do decreto. Cando chegaba á casa, rapidamente buscaba as noticias relacionadas coa protesta. Xornais tan ``subxectivos´´ como ABC e La Razón mentían unha e outra vez sobre as reivindicacións en beneficio da lingua galega. Xa sempre me considerara unha persoa de esqerdas pero dende ese momento empecinme a centrar moito máis na política xa que a comencei a ver moi necesaria no día a día. Centreime e coñecín vin os temas, como Andrea, de Palestina, país que sufre xenocios cada día por Israel e que está consentido por países como os amantes da liberdade e da democracia os Estados Unidos e por España. Tamén descubrín o que pasa no Sahara, en Latinoamérica, en África...
Sendo adolescente e estar pensando na política é estrano para moitos dos teus amigos. Por desgraza a miña xeración e algunha máis está marcada pola noxenta frase de: ``Es lo que hay´´. Cada vez que a escoito penso, en serio que son eu o raro?
Comentario por Fran Bragado Souto (07-06-2012 16:42)
2 Eu opino que os rapaces deben entender a importancia da nosa lingua porque se non a fala a xente nova acabáremola perdendo. Forma parte da nosa cultura e costumes e polo tanto forma pa#blgtk08#rte de nós.
Paréceme mal que sexa tachada de rara porque ela ten a súa opinión e pode que sexa a adecuada. Deberian respetala e seguir o seu exemplo xa que loita polo que quere.
Comentario por naiara naveira agrasar (14-06-2012 17:51)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0