DE LINGUA EN LINGUA


BLOG DE LINGUA GALEGA
Hai quen bota a lingua a pacer con moita facilidade; outros chegan a perderse pola lingua ou teñen que morder a lingua para non irse da lingua. Nós, neste caderno de bitácora, imos tirar da lingua para dicir todo aquilo que temos na punta da lingua aínda que fiquemos coa lingua fóra. Tentaremos non ser lixeiros de lingua, ou si, se cadra...pero nunca malas linguas...Iso deixámosllelo ás linguas viperinas, que cospen veleno. Quizais cheguemos a ter don de linguas, mais o que nos importa de verdade é que a nosa lingua vaia de lingua en lingua.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A POESÍA DE POSGUERRA
INTRODUCIÓN: O CONTEXTO HISTÓRICO


Partiremos da lectura e a análise deste emblemático poema dun dos grandes poetas galegos do momento, Luís Pimentel.

Logo leremos e comentaremos a Unidade 2 da Presentación sobre Manuel María que elaborou a súa Fundación, que contén documentos interesantes para situarnos na Galicia daqueles anos.

http://sondepoetas.blogspot.com.es/2009/03/cunetas-luis-pimentel.html


A XERACIÓN DE 1936, CELSO EMILIO FERREIRO E A POESÍA SOCIAL



Nesta ligazón podemos escoitar a versión musicada do poema "Irmaus" polo grupo "Fuxan os Ventos"

http://sondepoetas.blogspot.com.es/2009/03/irmaus-celso-emilio-ferreiro.html

E estoutra versión de "Dios que te crew" do poema "Deitado frente ao mar":

http://sondepoetas.blogspot.com.es/2009/05/deitado-frente-ao-mar-celso-emilio.html


A Consellería de Educación vén de divulgar na súa web unha serie actos que se van celebrar por toda Galiza para conmemorar a figura e a obra do poeta Celso Emilio Ferreiro ao longo de todo este ano, con motivo do centenario do seu nacemento. Botádelle unha ollada ás actividades:

http://www.edu.xunta.es/web/node/4399

Moi interesante é a páxina web da Fundación Celso Emilio Ferreiro, onde podedes escoitar algúns poemas lidos polo propio autor e outros musicados.

http://celsoemilioferreiro.org/

Entre os poemas máis coñecidos e combativos do escritor de Celanova (por certo, colaborador durante un tempo no xornal ABC cun espazo no que divulgaba a literatura galega) está o titulado "Deitado frente ao mar", incluído no libro Longa noite de pedra e musicado polo grupo Dios que Crew, no que manifesta o seu compromiso co idioma propio de Galiza. Esta homenaxe supón o xusto recoñecemento público a un escritor que se implicou tanto na defensa do galego.



O que parece evidente é que, como pasa coa súa obra en xeral, este poema non perdeu actualidade. Só cabe desexar que o ruído das celebracións non deixe nun segundo plano as súas verdadeiras palabras, gusten ou non, coincidamos ou non con elas. Só para que azouten o noso pensamento e nos fagamos preguntas, que de medos, susceptibilidades feridas e silencios impostos andamos fartos. Así que a proposta é a seguinte: consultade na páxina da Biblioteca Virtual Galega a súa obra poética, seleccionade un dos seus poemas, investigade sobre as referencias extraliterarias que se mencionan nel e reflexionade sobre se o poema pode relacionarse con algún asunto de actualidade.

http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=CelFerre&alias=Celso+Emilio&solapa=obras

A PROMOCIÓN DE ENLACE E A XERACIÓN DAS FESTAS MINERVAIS:



http://luciaardid.wix.com/trabajoinformatica#
!

MANUEL MARÍA


Unidade didáctica exposta na páxina web da Fundación Manuel María para a ESO:

http://www.casamuseomanuelmaria.gal/upload/recursos/cat_2/19/unidade-didactica-ferrados-de-corazon,-fanegas-de-alma-para-eso.pdf

Páxina do autor na páxina da Biblioteca Virtual Galega:

http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=ManFern%E1&alias=+Manuel+Mar%EDa

Nesta interesante presentación, inclúense poemas do autor relacionados cos animais:

http://www.casamuseomanuelmaria.gal/upload/recursos/cat_3/32/animais-(manuel-maria).pdf;jsessionid=84BE347DA894D4F567FF76E93DC0F627

Nestoutra temos poemas dedicados ás plantas:

http://www.casamuseomanuelmaria.gal/upload/recursos/cat_3/33/as-plantas-manuel-maria.pdf


Poemas, agora, sobre as estacións:

http://www.casamuseomanuelmaria.gal/upload/recursos/cat_3/31/o-tempo.pdf

http://www.casamuseomanuelmaria.gal/upload/recursos/cat_3/31/o-tempo.pdf

TELEXORNAL SOBRE MANUEL MARÍA DO CPI DOS DICES (ROIS)

Comentarios (0) - Categoría: L. GALEGA 4º ESO - Publicado o 27-03-2012 13:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal