DE LINGUA EN LINGUA


BLOG DE LINGUA GALEGA
Hai quen bota a lingua a pacer con moita facilidade; outros chegan a perderse pola lingua ou teñen que morder a lingua para non irse da lingua. Nós, neste caderno de bitácora, imos tirar da lingua para dicir todo aquilo que temos na punta da lingua aínda que fiquemos coa lingua fóra. Tentaremos non ser lixeiros de lingua, ou si, se cadra...pero nunca malas linguas...Iso deixámosllelo ás linguas viperinas, que cospen veleno. Quizais cheguemos a ter don de linguas, mais o que nos importa de verdade é que a nosa lingua vaia de lingua en lingua.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

29 DE MARZO, FOLGA XERAL
A folga xeral...
Si amigos, quedan 8 días para a folga xeral. Eu son partidario e digo si ao 29-M. Por que? Pois porque eu non quero ser un escravo dos bancos, dos políticos, dos ricos e do capital. Non estou disposto a calar e conformarme cunha sociedade na que morren de fame cada día moitas persoas. Só son culpables os políticos? Pois non, sómolo todos por permitilo, por mirar para outro lado. É que a ninguén lle di nada a súa conciencia? Ninguén se sente culpable por deixar morrer tanta xente? Pois eu non me conformo. A miña conciencia dime que non, dime que loite e que sexa inconformista. Porque eu por sorte non vivo nesas condicións, pero compadézome de toda esa xente, homes, mulleres e nenos, persoas que lles tocou vivir esa realidade.
O dito, se algo queremos cambiar, algo teremos que facer. O día 29 eu apoiarei a folga, contra unha reforma capitalista, que beneficia ao que máis ten, e prexudica ao traballador. É unha vergoña que empresas tan poderosas obriguen aos traballadores a traballar ese día. É lóxico ter medo ao despido, pero é lóxico que tódolos empresarios se beneficien de nós? Eu creo que non. Dígoo con argumentos, meu pai é traballador, pero non ten medo, vai á folga.
O pobo unido endexamais será vencido.
Non teñades medo e ide á folga o 29-M.
Un saúdo, grazas por lerme.

Alberto Rivas
4º de ESO
Curso 2011/2012
Comentarios (0) - Categoría: COMENTARIOS ALUMNADO - Publicado o 22-03-2012 13:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal