DE LINGUA EN LINGUA


BLOG DE LINGUA GALEGA
Hai quen bota a lingua a pacer con moita facilidade; outros chegan a perderse pola lingua ou teñen que morder a lingua para non irse da lingua. Nós, neste caderno de bitácora, imos tirar da lingua para dicir todo aquilo que temos na punta da lingua aínda que fiquemos coa lingua fóra. Tentaremos non ser lixeiros de lingua, ou si, se cadra...pero nunca malas linguas...Iso deixámosllelo ás linguas viperinas, que cospen veleno. Quizais cheguemos a ter don de linguas, mais o que nos importa de verdade é que a nosa lingua vaia de lingua en lingua.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A DESEXADA IGUALDADE DE SEXOS
Hoxe en día dise que hai igualdade entre homes e mulleres pero non é totalmente certo. Si que hai máis igualdade que hai uns anos atrás, pero segue habendo algunhas desigualdades. Pódese ver no ámbito laboral. Un dos moitos motivos desta desigualdade son os salarios. En moitos traballos os homes gañan máis que unha muller que fai a mesma tarefa. Eu creo que isto é inxusto. En moitos destes casos as mulleres traballan o mesmo que os homes pero por unha razón descoñecida cobran menos. Outro motivo polo que hai desigualdade laboral é que a sociedade pensa que hai traballos para homes e traballos para mulleres cando isto non debera suceder. Unha muller pode facer perfectamente os chamados traballos de homes e viceversa. Nestes casos as mulleres que desempeñan postos, habitualmente ocupados por homes, poden sufrir agresións verbais ou físicas. En casos moi extremos poden ser vítimas de acosos por parte dos compañeiros de traballo. No pasado isto era moi frecuente, pero co paso do tempo estas desigualdades parece que van disminuíndo. Grazas a isto as mulleres están máis cerca de conseguir a igualdade. Noutros países por desgraza as mulleres non están tendo tanta sorte porque segue habendo moita desigualdade.
Unha das causas destas desigualdades eu creo que é a educación da sociedade. Na casa a maioría dos rapaces ven que o que traballa fóra é o pai e a nai queda na casa facendo as tarefas domésticas. Neste momento o rapaz pensa que sempre é o pai o que gaña os cartos e a nai a que coida dos fillos. Isto non debera ser así. Nestes momentos é cando os pais teñen que explicarlle ao rapaz que non en todas as casas pasa iso e que ten que aprender a valorar o traballo que se fai na casa. Así no futuro o rapaz daralle importancia ás tarefas domésticas e non pensará que o que traballa fóra é máis importante. Outra causa paréceme que é a televisión. En moitos debuxos animados ou series televisivas tamén se pode ver que o que traballa fóra é o pai. Eu creo que os debuxos tamén terían que mostrar a igualdade do presente . Por sorte parece que cada vez máis se valoran os traballos que se fan na casa tanto se se fan por homes ou se fan por mulleres.
En conclusión creo que as solucións pasan por educar desde pequenos os rapaces para que valoren as tarefas da casa faga quen as faga, desmostrarlles que os homes e as mulleres son iguais en todos os ámbitos e por último, pero non menos importante, igualar os soldos de mulleres e homes para que desapareza esa desigualdade.

Adrián Castiñeiras Troáns
4º de ESO /curso 2011/2012
Comentarios (0) - Categoría: COMENTARIOS ALUMNADO - Publicado o 21-03-2012 17:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal