DE LINGUA EN LINGUA


BLOG DE LINGUA GALEGA
Hai quen bota a lingua a pacer con moita facilidade; outros chegan a perderse pola lingua ou teñen que morder a lingua para non irse da lingua. Nós, neste caderno de bitácora, imos tirar da lingua para dicir todo aquilo que temos na punta da lingua aínda que fiquemos coa lingua fóra. Tentaremos non ser lixeiros de lingua, ou si, se cadra...pero nunca malas linguas...Iso deixámosllelo ás linguas viperinas, que cospen veleno. Quizais cheguemos a ter don de linguas, mais o que nos importa de verdade é que a nosa lingua vaia de lingua en lingua.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

VIAXE A ALLARIZ DE 4º DE ESO
Como premio por teren gañado o concurso do manifesto do Correlingua, o alumnado de 4 de ESO fixo unha viaxe os días 16 e 17 de marzo a Allariz. A visita incluiu as actividades deseñadas dentro do Proxecto Terra polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. O primeiro día visitamos a aldea de Santa Mariña de Augas Santas; o ecoespazo do Rexo, co seu Centro de Interpretación da Natureza e a escola silvo-pastoril; as instalacións de Radio Allariz e puidemos darnos un chapuzón na piscina municipal. O segundo día fixemos un roteiro histórico-monumental pola vila de Allariz, visitando tamén os museos do xoguete e o coiro e o muíño do Burato.
Aquí quedan unha foto da viaxe como lembranza na que aparecen algúns dos participantes cos compañeir@s da Ponte Carreira, pero tedes moitas máis na fotoblogoteca.
Comentarios (0) - Categoría: PARTICIPANDO SAÍMOS GAÑANDO - Publicado o 19-03-2012 13:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal