DE LINGUA EN LINGUA


BLOGUE DE LINGUA GALEGA DO CPI DE PONTECESURES
Hai quen bota a lingua a pacer con moita facilidade; outros chegan a perderse pola lingua ou teñen que morder a lingua para non irse da lingua. Nós, neste caderno de bitácora, imos tirar da lingua para dicir todo aquilo que temos na punta da lingua aínda que fiquemos coa lingua fóra. Tentaremos non ser lixeiros de lingua, ou si, se cadra...pero nunca malas linguas...Iso deixámosllelo ás linguas viperinas, que cospen veleno. Quizais cheguemos a ter don de linguas, mais o que nos importa de verdade é que a nosa lingua vaia de lingua en lingua.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 WEBS RECOMENDADAS
 FOTOBLOGOTECA
 DESTACADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER TRABALLADORA
Hoxe é 8 de marzo, o Día da Muller Traballadora. Volvo repetir: TRABALLADORA! Hoxe recordamos esas mulleres que se puxeron en folga para reclamar os seus dereitos e foron queimadas cruelmente. Sempre que penso nisto acórdome da caza de meigas. Cantas mulleres morreron queimadas en fogueiras por culpa do medo aos homes? Dáme vergoña só de pensalo.
Dende o inicio dos tempos as mulleres sempre foron tratadas como seres inferiores. O machismo é lacra do ser humano dende a súa historia.Este novo progresismo que naceu despois da Segunda Guerra Mundial que pregoa a igualdade de dereitos de pouco serviu. A muller segue explotada e non só en Asia como se pensa. Maltratos, acosos, discriminación... seguen vixentes aínda que non o creamos. As mulleres que sofren maltratos necesitan protección. Unha orde de afastamento non serve de nada e estámolo vendo. A Idade contemporánea actual estase convertendo noutra Idade Media.
Neste tema non se pode xeneralizar moito. Está claro que España non é Arabia Saudí. Non se pode comparar pero tampouco España é Islandia. Este último país paréceme digno de admiración. Creo que aínda non alcanzou a igualdade máxima pero polo menos está en proceso. O noso país nin iso. Vale que a persoa que máis postos políticos ocupa en España é unha muller pero os ideais desta señora non é que sexan moi feministas.
A televisión, ese ``gran´´ invento, encárgase cada día de humillalas. Cando vai chegar o día que deixemos de ver a mulleres anunciando deterxentes? Será ese día o que se eliminen as relixións machistas? O cristianismo é un relixión patriarcal como case todas. Aínda sigo esperando a que a Igrexa lles dea ás mulleres os dereitos que se merecen.
Para que quede claro, por se non o quedou: o 8 de marzo non se lles dedica ás burguesas adiñeiradas que pensan que o feminismo é que o marido axude na casa de vez en cando. O modelo a seguir que todas as mulleres deberían ter son Angela Davis, Simone de Beauvoir, Virginia Wolf… e non Paris Hilton e eses personaxes.
Dende aquí chamo a todas as mulleres a que se rebelen e se manifesten polos seus dereitos que os teñen e merécenos.

Fran Bragado Souto
4º ESO Curso 2011/2012
Comentarios (0) - Categoría: DE ACTUALIDADE - Publicado o 10-03-2012 22:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal