DE LINGUA EN LINGUA


BLOG DE LINGUA GALEGA
Hai quen bota a lingua a pacer con moita facilidade; outros chegan a perderse pola lingua ou teñen que morder a lingua para non irse da lingua. Nós, neste caderno de bitácora, imos tirar da lingua para dicir todo aquilo que temos na punta da lingua aínda que fiquemos coa lingua fóra. Tentaremos non ser lixeiros de lingua, ou si, se cadra...pero nunca malas linguas...Iso deixámosllelo ás linguas viperinas, que cospen veleno. Quizais cheguemos a ter don de linguas, mais o que nos importa de verdade é que a nosa lingua vaia de lingua en lingua.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

LIBERDADE DE PAPEL E CARTÓN

Un día un home, metéuselle na cabeza facer a ?Estatua da Liberdade? de papel e cartón para logo subir e ver todo o que ocorría na cidade. Así que foi collendo e collendo papel ata ter o suficiente para facer unha metade, a outra parte faríaa de cartón.
Ó día seguinte empezou e rematou ó cabo de dous meses traballando día e noite. Agora a segunda parte sabía que non había ser tan fácil como a primeira, así que lle pediu axuda ao seu irmán xemelgo. Entre os dous almacenaron o cartón en menos que cantou o galo da veciña. Empezaron o día seguinte, que chovía bastante, así que puxeron unha carpa como as do circo. Seguiron construíndo e cando remataron déronse conta de que esqueceran as escaleiras para subir. Intentaron escalar, pero non deron. Entón colleron un trade xigante e fixeron buratos en forma de escaleiras.
Esa mañá espertou e deuse conta de que estaba soñando, pero a estatua e o seu irmán encontrábanse alí fóra.

¡¿Sería sonámbulo?!

Samuel Castro Dios
1º ESO 2011-2012
Comentarios (6) - Categoría: A FORXA DAS LETRAS - Publicado o 29-11-2011 12:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 Gustoume moito Samu, pero estaria ben que fose mais lon#blgtk08#go o conto. Segue facendo contos tan bos coma este. :)
Comentario por Candela (01-12-2011 17:51)
2 gustoume moit#blgtk08#o o teu conto
Comentario por (02-12-2011 11:01)
3 esta moi ben s#blgtk08#amu segue asi
Comentario por john cena (11-12-2011 14:36)
4 Samu está moi ben,inda que deberia de ser un pouco máis longo.
O de que era un soño non qued#blgtk08#a moi orixinal;pero seguro que o seguinte saeche mellor(inda que mellor ca este é imposible(jajaja)
Comentario por jajaja (13-12-2011 15:30)
5 Jajajaja gos#blgtk08#to disto :)
Comentario por pinpinela (02-02-2012 22:50)
6 Sergio,un conto xen#blgtk08#ial!!!jajaja,samu.
Comentario por claudia (11-02-2012 21:43)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0