DE LINGUA EN LINGUA


BLOG DE LINGUA GALEGA
Hai quen bota a lingua a pacer con moita facilidade; outros chegan a perderse pola lingua ou teñen que morder a lingua para non irse da lingua. Nós, neste caderno de bitácora, imos tirar da lingua para dicir todo aquilo que temos na punta da lingua aínda que fiquemos coa lingua fóra. Tentaremos non ser lixeiros de lingua, ou si, se cadra...pero nunca malas linguas...Iso deixámosllelo ás linguas viperinas, que cospen veleno. Quizais cheguemos a ter don de linguas, mais o que nos importa de verdade é que a nosa lingua vaia de lingua en lingua.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

SOBRE O PODER NOS MERCADOS NOS NOSOS DÍAS
Que o consumismo é un movemento que ten millóns de seguidores no mundo é algo que todos sabemos. Que o noso ??marabilloso?? sistema económico vive de que a poboación consuma e consuma é algo que tamén deberíamos saber.
O poder dos mercados e dos bancos en calquera país capitalista é superior ao de calquer monicreque elexido cada catro anos polos cidadáns.
Un exemplo moi claro disto é o que pasou fai anos en Estados Unidos. A campaña electoral de George Bush foi financiada polas petroleiras americanas. Nunha caída da bolsa durante o mandato de ??Jorgito?? as únicas empresas que non sufrían perdas eran estas. Se cousas así pasan no país máis poderoso do mundo, como non vai pasar en España?Un país que despois dunha dictadura sufriu unha transición máis que sospeitosa. Pasamos dunha dictadura fascista a outra dictadura: ??A Dictadura dos Mercados??. O goberno encargouse de condecorala poñendolle o nome de socialdemocracia. Unha socialdemocracia na que mandan burgueses imperialistas como Emilio Botín e Francisco González.
O Movemento 15M fíxome moita ilusión xa que é raro que en España se saia a calle por motivos políticos. Só se vía xente cando se gañaban mundiais. Aínda que non comparto algúns aspectos con esta asociación como o de ``se che dan unha labazada, pon a outra meixela´´ síntome orgulloso e sempre contarán co meu apoio accións anticapitalistas. Como as do pobo grego. Un pobo cansado de que lle recorten todo o social e decidiu sair a calle e enfrentarse,de maneira comprensible, aos culpables. O tema de Grecia faime gracia. Cando un 31 de xullo de 2006, Fidel Castro tiña que deixar a presidencia da República Socialista de Cuba ao seu irmán por problemas de saúde xurdiron millóns de críticas hacia o ??Comandante´´. Agora ao país heleno impúxoselle un goberno sen eleccións. Donde están as críticas? Isto é democrático? Parece que só se mira o que esté en contra da clase dominante. Porque mentras Cuba con un bloqueo terrible segue adiante tendo menos porcentaxes de pobreza que a maioría dos países de Europa e América, nos países capitalistas e socialdemocratas a xente está afogando polas deudas. Pero mentras o BCE teña máis poder que o pobo non se vai cambiar nada.
Occidente apesta a corrupción. Só me queda soñar con que algún día tomemos o exemplo dos franceses e en todas as capitais occidentais se produzan revolucións como as de maio do 68.
Non sei cal é a solución para establecer unha igualdade no mundo. Só sei que lle estamos inxectando cartos a un sistema enfermo, que o que necesita é a eutanasia. Quédome con unha frase de Carlos Fernandez Liria:
??OU ACABAMOS CO CAPITALISMO OU EL ACABA CON NOS??

Fran Bragado Souto
4º ESO Curso 2011/2012
Comentarios (0) - Categoría: COMENTARIOS ALUMNADO - Publicado o 23-11-2011 20:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0