DE LINGUA EN LINGUA


BLOG DE LINGUA GALEGA
Hai quen bota a lingua a pacer con moita facilidade; outros chegan a perderse pola lingua ou teñen que morder a lingua para non irse da lingua. Nós, neste caderno de bitácora, imos tirar da lingua para dicir todo aquilo que temos na punta da lingua aínda que fiquemos coa lingua fóra. Tentaremos non ser lixeiros de lingua, ou si, se cadra...pero nunca malas linguas...Iso deixámosllelo ás linguas viperinas, que cospen veleno. Quizais cheguemos a ter don de linguas, mais o que nos importa de verdade é que a nosa lingua vaia de lingua en lingua.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

DOCUMENTAL LINGUAS CRUZADAS



COMPRENSIÓN E INTERPRETACIÓN:

-Na parte 1ª e 3ª do documental, falan mozos/as que exemplifican catro grupos sociolingüísticos diferentes de falantes en Galicia. Cales son e con cal te identificas?

-Cales son os motivos que expoñen os mozos/as que representan a cada un dos catro grupos para xustificar o seu comportamento lingüístico?

-Cales deses motivos cres ti que inflúen máis hoxe en día en Galicia para empregar un ou outro idioma?

COMPOSICIÓN ESCRITA: O GALEGO E EU

Sigue a orde sinalada no seguinte guión:

1.Lingua familiar e inicial miña.
2.Lingua habitual:
-Grupo sociolingüístico no que me autoinclúo.
-Ámbitos de uso habituais en min das dúas linguas.
-Mudanzas ao longo da miña vida dun a outro grupo.Razóns.
3. Prexuízos lingüísticos que recoñezo en min.
4. Perspectivas de futuro para o galego dende o meu punto de vista.
5. Medidas que se deberían adoptar dende as institucións para mellorar a situación do galego.
Comentarios (0) - Categoría: LINGUA E SOCIEDADE - Publicado o 23-11-2011 11:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0