DE LINGUA EN LINGUA


BLOG DE LINGUA GALEGA
Hai quen bota a lingua a pacer con moita facilidade; outros chegan a perderse pola lingua ou teñen que morder a lingua para non irse da lingua. Nós, neste caderno de bitácora, imos tirar da lingua para dicir todo aquilo que temos na punta da lingua aínda que fiquemos coa lingua fóra. Tentaremos non ser lixeiros de lingua, ou si, se cadra...pero nunca malas linguas...Iso deixámosllelo ás linguas viperinas, que cospen veleno. Quizais cheguemos a ter don de linguas, mais o que nos importa de verdade é que a nosa lingua vaia de lingua en lingua.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CASTELAO
Imos comezar escoitando falar ao propio Castelao:

http://www.consellodacultura.org/arquivos/asg/podcast/?cat=2


Presentación moi ilustradora da vida, ideoloxía e obra de Castelao feita polo profesor Román Cerqueiro Landín.



Podedes ver algunhas das Cousas da vida neste vídeo:



Unha das narracións do seu libro Cousas é esta: "O pai de Migueliño".

http://emigracion.xunta.gal/files/biografias_fich/11892_doc18003.pdf

1. Intenta exemplificar nestes dous relatos as seguintes características xerais da narrativa de Castelao:
-Crítica social.
-Lirismo.
-Utilización de numerosos recursos estilísticos.



Miguel Castelo dirixiu unha curtametraxe estreada en 1977 baseada nesta historia de Castelao. Despois de vela, reflexiona sobre estas cuestións:
1. Que elementos son novidosos no filme con respecto ao relato e cales son fieis a este?
2. En canto aos novidosos, que sentido ten que o director os introducira no filme?
3. En que dous fragmentos se retrata a diglosia no filme?




Para leres máis narracións de Cousas:

http://www.manuelrivas.com/cousas/

Agora pasemos á obra teatral Os vellos non deben de namorarse. Podemos visualizar este fragmento escenificado polo CDG:



Nel podemos ver tratado o vello tema literario do triángulo amoroso dende unha perspectiva satírica.

1.Comenta os sentimentos e as condutas que aparecen caricaturizadas en cada personaxe nesta escena.
2. Esta obra de Castelao encádrase dentro do subxénero da FARSA TEATRAL. Baseándote na definición que ofrece galipedia deste xénero, argumenta por que Os vellos non deben de namorarse é un exemplo de farsa.

http://gl.wikipedia.org/wiki/Farsa
Comentarios (0) - Categoría: L. GALEGA 4º ESO - Publicado o 21-11-2011 12:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0