DE LINGUA EN LINGUA


BLOG DE LINGUA GALEGA
Hai quen bota a lingua a pacer con moita facilidade; outros chegan a perderse pola lingua ou teñen que morder a lingua para non irse da lingua. Nós, neste caderno de bitácora, imos tirar da lingua para dicir todo aquilo que temos na punta da lingua aínda que fiquemos coa lingua fóra. Tentaremos non ser lixeiros de lingua, ou si, se cadra...pero nunca malas linguas...Iso deixámosllelo ás linguas viperinas, que cospen veleno. Quizais cheguemos a ter don de linguas, mais o que nos importa de verdade é que a nosa lingua vaia de lingua en lingua.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O LEÓN DE PEL BRANCA NON CHEGA

Nove da mañá. As radios anuncian guerras.
A noite das amargas pistolas ameaza con volver.
¿A onde fuxiron os pianos suicidas?
Miles de corazóns tinguidos de odio
Envían paquetes cheos de calafríos vermellos.
Desespero.
¿Como chora o piano cando as súas notas non son escoitadas?
Alguén pregunta.
Non se oe resposta na habitación dos xerróns podres.
Seguen chovendo do ceo as negras entrañas do inferno.
Das covas dos países saen diaños capaces de matar.
¿Onde irá o león de pel branca?

ALUMNADO 2º ESO D
CURSO 2011/2012
Comentarios (3) - Categoría: A FORXA DAS LETRAS - Publicado o 27-10-2011 09:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 sinceramente, non o entendo;pareceme q#blgtk08#ue se o entendera, poderíáme gustar
Comentario por anónimo (27-10-2011 22:15)
2 o conto gustame é moi divertido pero ainda asi non o #blgtk08#entendo moi ben, pero de todas formas gustame bastante
Comentario por Vamos pastar as vacas! (14-12-2011 17:17)
3 o conto é diverti#blgtk08#doooooooooo!!!!!!
Comentario por .... (14-12-2011 17:18)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal