DE LINGUA EN LINGUA


BLOGUE DE LINGUA GALEGA DO CPI DE PONTECESURES
Hai quen bota a lingua a pacer con moita facilidade; outros chegan a perderse pola lingua ou teñen que morder a lingua para non irse da lingua. Nós, neste caderno de bitácora, imos tirar da lingua para dicir todo aquilo que temos na punta da lingua aínda que fiquemos coa lingua fóra. Tentaremos non ser lixeiros de lingua, ou si, se cadra...pero nunca malas linguas...Iso deixámosllelo ás linguas viperinas, que cospen veleno. Quizais cheguemos a ter don de linguas, mais o que nos importa de verdade é que a nosa lingua vaia de lingua en lingua.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 WEBS RECOMENDADAS
 FOTOBLOGOTECA
 DESTACADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO

ESCRIBE AQUÍ OS TEUS TRABALLOS
Comentarios (10) - Categoría: COMENTARIOS ALUMNADO - Publicado o 13-10-2011 10:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
10 Comentario(s)
1 http://www.youtube.com/watch?v=R34JUFUxuIE
Suso velaquí che deixo un enlace coa manifestació#blgtk08#n que houbo na praza do Obradoiro o 15-O.
Un saúdo
Parabéns polo blog, está moi ben
Comentario por Alberto Rivas (19-10-2011 19:10)
2 El gallego no es cualquier cosa... O GALEGO É UN SER #blgtk08#ÚNICO E EXTRAORDINARIO.
Loitemos polo que temos
Comentario por Eu non escollin nacer en Galiza simplemente tiven (01-01-2012 16:07)
3 A mayoría da xente regalalle mascotas aos seus fillos pero logo cansanse ou van de vacacións e abandónanas sen importarlle nada do que lle pode pasar. Estes animais te#blgtk08#ñen sentimentos coma nós e necesitan axuda e podemos darlle gracia a deus que haxa xente coma esa señora que se preocupe polos animais sen importalle a multa.
Comentario por Laura García Barros (12-06-2012 19:04)
4 Neste artigo de opinión Pablo Dourado realiza unha profunda crítica a grandes empresas comerciais de alto nivel, despois de que o SAT realizara, a modo de protesta, o roubo duns carriños da compra para denunciar que Mercadona, posta como exemplo, ou outras industrias galegas adicadas á explotación do fondo mariño vulneran normativas, ou máis ben leis, ecolóxicas e sociais, noutros países do mundo dende os que transportan a súa mercadoría.
Coincido coa súa opinión ao cen por cento, xa que, as grandes empresas abusan do propio poder que teñen. Á parte tamén está o tema da deslocalización que fai que estas industrias se enriquezan de xeito continuo, de maneira que cada vez obteñen máis beneficios, pagando en países, aínda sen desenvolver, un salario mínimo demasiado baixo, aforrando tamén nos seguros médicos dos traballadores e saltándose as normativas destas nacións. Quizás o comportamento do SAT non fora o adecuado. Iso non o nego, pero eles querían chamar a atención para que a xente se dera conta do que en verdade lle está a ocorrer a miles de persoas non só en España senón tamén nas diferentes #blgtk08#partes do mundo. Cumpriron co seu obxectivo e iso foi o máis importante. Agora é o derradeiro momento para que a xente pense, ata onde imos chegar? Imos deixar que miles de persoas morran de fame cando nos hoteis de luxo e en restaurantes cada día se tiran toneladas de comida que poderían ser enviadas a comedores sociais para ser aproveitadas por persoas con necesidades alimentarias sen cubrir? Por que non loitamos para non desperdiciar tanto? Deberiamos compartir todo o que temos cos máis necesitados. Existe o estereotipo da persoa necesitada como aquela que vive na rúa e anda vestida con farrapos. É un estereotipo erróneo; porque hoxe en día calquera persoa pode verse nesa situación, incluso a que menos esperas: un veciño, un amigo, un familiar... Hai que axudar a esas persoas que realmente o precisan e non nos podemos deixar enganar polo aspecto externo, pois nada é o que parece.
Para rematar, gustaríame expresar a miña opinión, amosando unha frase ben coñecida: “Non é máis rico o que máis ten senón o que menos precisa”.

Lara Rarís Frois
4º ESO/ Curso 2012/2013
Comentario por Lara Rarís Frois (29-09-2012 18:27)
5 Non me parece ben que se se considera ilegais os desafiuzamentos que se estan levando a cabo en España porque non se lles garante aos c#blgtk08#idadáns unha seguridade logo de embargalos é o máis grave é que teña que seguir pagando por un piso do que xa non vas poder disfrutar.
Comentario por Cristian creo baleirón (14-03-2013 19:34)
6 Unha noite frioleira,
voltoume a xenreira,
de voltar pra miña terra.
O meu corazón berra,
"Volta pra Galicia!,
é sería unha ledicia!"
Miña nai sempre me dicía:
"Non marches de #blgtk08#xunta a ría,
e axúdanos a parar a minaría"
Non entendo por que,
por que marchei,
por que a abandonei?
Deixeina por unhas terras tristes,
nadie me da o cariño que ti me diches.
Comentario por Antía Sanmarco (04-06-2013 18:00)
7 Poesia namorada
Erase unha vez un clavel
Tan namorado coma min del
Ese clavele colorido como un pincel
un puncel da cor da mel.



Estaba soiño ata q un dia
da sua cabeza namoradiña
#blgtk08# pesou pensoou pensou
e saiu esta poesia fermosiña.

Unha poesia inventada a luz do dia
polo clavel chamado Maria
ca sua manciña
e plumiña .


Ai mariiña
Tan namoradiña
Comentario por esther eitor (30-10-2013 23:39)
8 Onte púxenme a pensar como sería a miña vida de outra forma. Pois ben, quero cambiar o meu aspecto, a miña forma de ser, quero vivir unha nova vida onde todo sexa perfecto, así como darlle ao botón dun mando e cambiar de canle. Sería un#blgtk08#ha vida sen complicacións, teríamos un botón de apagar e encender. Se temos problemas, un botón de información, e o mellor de todo, unha guía para saber que facer cada día a cada hora. ¿Viviríamos mellor se foramos "exclavos" dun mando?
Comentario por Verena Vieites Fernandes (31-01-2014 20:18)
9 COMO NA SOCIEDADE FEUDAL
Na miña casa, para entreternos, vemos a tele. Pero ás veces non é tan entretido. Quen soe coller o mando e decide o que ver, é meu pai. Eu sempre discuto con el porque quero ver outra cousa e quítolle o mando. Pero aí ven#blgtk08# a miña nai, como se cabalgase nun corcel branco, a defendelo dicindo que el collera o mando antes. E eu alí, sen voz nin voto, coma o can. Ás veces penso se hai algunha diferenza entre a nosa familia e a sociedade feudal.
CANDELA LAFUENTE 3ºESO
Comentario por Candela Lafuente (03-03-2014 15:07)
10 ANTEPASADO E DESCENDENTE
No ano 2025 a tecnoloxía chegou ata un punto onde fai 2 anos inventárase a ``máquina do tempo´´, e ao pricipio só a xente importante podía usar. Alex, un rapaz activo . Alex vive na metrópoli española, vai ao colexio no que o director, un persoxe moi importante no mundo da tecnoloxía, dolle a certos alumnos a ``máquina do tempo´´ . Este artiluxio, era unha pulseira cunha xema capaz de que o usuario que a utilizara teletransportabao a certo lugar espazo-tempo desexado polo usua#blgtk08#rio . Unha vez Alex sen querer apertou a xema teletrasportándose a unha época donde coñeceu ao seu antepasado . Este chamábase Mauro que era detective, dalí a un tempo o antepasado contoulle a Alex como era alí a vida , pero Alex tamén lle contou como era a vida en 2025. A xema da pulseira empezou a alumear , que quería dicir que tiña que volver ao ano 2025 . Cando Alex volveu ao seu tempo decidiu volver ver ao seu antepasado todos os días e contarlle o que pasaría na Terra ao longo da historia apartir daquel día que se viron.
Comentario por Pablo Oliveira 3ºA (01-04-2014 19:08)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal