DE LINGUA EN LINGUA


BLOGUE DE LINGUA GALEGA DO CPI DE PONTECESURES
Hai quen bota a lingua a pacer con moita facilidade; outros chegan a perderse pola lingua ou teñen que morder a lingua para non irse da lingua. Nós, neste caderno de bitácora, imos tirar da lingua para dicir todo aquilo que temos na punta da lingua aínda que fiquemos coa lingua fóra. Tentaremos non ser lixeiros de lingua, ou si, se cadra...pero nunca malas linguas...Iso deixámosllelo ás linguas viperinas, que cospen veleno. Quizais cheguemos a ter don de linguas, mais o que nos importa de verdade é que a nosa lingua vaia de lingua en lingua.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 WEBS RECOMENDADAS
 FOTOBLOGOTECA
 DESTACADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO

Iniciamos este curso en 4º de ESO coñecendo este proxecto musical do cantante Sérgio Tannus, que afonda nas conexións de Galicia co ámbito cultural da lusofonía.



1. Despois de ouvires a canción, responde estas cuestións:

-Que mensaxe se intenta transmitir a través do acrónimo "brasilego"?

-Que elementos culturais brasileiros e galegos se mencionan na canción?

-Tamén se inclúen nela algúns "falsos amigos" e palabrs non coincidentes entre galego e portugues

Escoitamos un alalá na voz de Uxia:



Tamén se menciona no texto a Narf, que escoitamos nesta canción:


Comentarios (0) - Categoría: O FARDEL DOS SONS - Publicado o 14-09-2016 10:45
# Ligazón permanente a este artigo
UNHA SUXERENCIA DE ANTÍA SANMARCO
Escoitando música atopei este poema versionado do poema de Rosalia de castro ''Negra sombra'' http://www.youtube.com/watch?v=gdnVZE5I8Os&feature=related
Ademais tamen atopei unha version de '' Adios ríos, adios fontes'' http://www.youtube.com/watch?v=86nzp0_Hafo&feature=related

Antía Sanmarco Martínez
3º ESO
Comentarios (1) - Categoría: O FARDEL DOS SONS - Publicado o 10-12-2012 13:46
# Ligazón permanente a este artigo
FESTIVAL DE MÚSICA "ANTROSPINOS" DE RIANXO
http://praza.com/lecer/1649/a-natureza-baila-antrospinos/
Comentarios (0) - Categoría: O FARDEL DOS SONS - Publicado o 01-10-2012 13:14
# Ligazón permanente a este artigo
FESTIVAL DA LUZ EN BOIMORTO
A cantante Luz Casal organiza unha fin de semana de concertos moi interesantes na súa aldea natal de Boimorto, co que pretende tamén chamar a atención da necesidade de impulsar o rural.


http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/luz-casal-leva-boimorto-festival-da-luz/idEdicion-2012-09-06/idNoticia-764491/
Comentarios (0) - Categoría: O FARDEL DOS SONS - Publicado o 12-09-2012 11:58
# Ligazón permanente a este artigo
THE HOMENS
Remexendo por internet, encontrei un bo grupo Compostelán de un xénero musical chamado Power Pop. Este xénero toca dous vértices: o pimeiro, poder facer música do xénero Pop en Galego sen ningún tipo de complexo; e o segundo, ter o compromiso coa libre difusión da cultura, xa que podes descargar as suas cancións na propia paxina web do grupo. (Aquí vos deixo un link coa dirección :

http://thehomens.com/
E tamén unha das suas cancións máis recoñecidas:



Xosé Carlos García Pérez
4º ESO
Comentarios (0) - Categoría: O FARDEL DOS SONS - Publicado o 26-01-2012 13:33
# Ligazón permanente a este artigo
Baseándose nas historias da Esmorga, a novela de Eduardo Blanco Amor, o grupo musical Os Guezos ofrece esta versión musical. Escóitaa e deixa os teus comentarios.

Comentarios (0) - Categoría: O FARDEL DOS SONS - Publicado o 03-10-2011 13:53
# Ligazón permanente a este artigo
Baseándose nas historias da Esmorga, a novela de Eduardo Blanco Amor, o grupo musical Os Guezos ofrece esta versión musical. Escóitaa e deixa os teus comentarios.

Comentarios (0) - Categoría: O FARDEL DOS SONS - Publicado o 03-10-2011 13:52
# Ligazón permanente a este artigo
NOVO DISCO DE ROSA CEDRÓN E CRISTINA PATO
target=_blank class=tEnlac>
Comentarios (0) - Categoría: O FARDEL DOS SONS - Publicado o 10-02-2011 09:46
# Ligazón permanente a este artigo
AÍD: HIP HOP EN GALEGO
Dende Vigo chéganos esta proposta musical fresca e innovadora, desta xove artista. Botade unha ollada á súa páxina de myspace.

http://www.myspace.com/aid8990
Comentarios (1) - Categoría: O FARDEL DOS SONS - Publicado o 03-02-2011 14:24
# Ligazón permanente a este artigo
OS GUEZOS:
Baseándose nas historias da Esmorga, a novela de Eduardo Blanco Amor, o grupo musical Os Guezos ofrece esta versión musical. Escóitaa e deixa os teus comentarios.

Comentarios (0) - Categoría: O FARDEL DOS SONS - Publicado o 03-02-2011 14:15
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal