DE LINGUA EN LINGUA


BLOGUE DE LINGUA GALEGA DO CPI DE PONTECESURES
Hai quen bota a lingua a pacer con moita facilidade; outros chegan a perderse pola lingua ou teñen que morder a lingua para non irse da lingua. Nós, neste caderno de bitácora, imos tirar da lingua para dicir todo aquilo que temos na punta da lingua aínda que fiquemos coa lingua fóra. Tentaremos non ser lixeiros de lingua, ou si, se cadra...pero nunca malas linguas...Iso deixámosllelo ás linguas viperinas, que cospen veleno. Quizais cheguemos a ter don de linguas, mais o que nos importa de verdade é que a nosa lingua vaia de lingua en lingua.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 WEBS RECOMENDADAS
 FOTOBLOGOTECA
 DESTACADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO

O GALEGO NA LUSOFONÍA
http://beiratv.pt/ENSINO.php?start_from=15&ucat=&archive=&subaction=showfull&id=1291290225&
Comentarios (0) - Categoría: O GALEGO EN POSITIVO - Publicado o 04-10-2016 13:25
# Ligazón permanente a este artigo
PREPARÉMONOS PARA VISITAR O PETRÓGLIFO DA PEDRA DAS SERPES, EN PONTECESURES

Este curso, o Equipo de Actividades deportivas, conxuntamento co Equipo de Normalización do centro e diversos Departamentos, organizan un percorrido a pé o último día de clase deica o Monte do Galiñeiro, onde se atopa o petróglifo denominado "Pedra das Serpes". Para preparar a visita imos pescudar nas aulas algo sobre estes vestixios prehistóricos. Estes son os enlaces que visitaremos:

Podedes consultar cal será o noso percorrido en:

https://maps.google.com/maps?saddr=Estrada+das+Escolas&daddr=42.709261,+-8.620323&hl=es&ll=42.716372,-8.637614&spn=0.019518,0.027595&sll=42.715615,-8.63873&sspn=0.019518,0.027595&geocode=FXzhiwId_gd8_w%3BFQ2xiwId3XZ8_w&t=h&dirflg=w&mra=ls&z=15

Exposición xeral sobre os petróglifos en Galicia:

http://gl.wikipedia.org/wiki/Petr%C3%B3glifos_de_Galicia

Despois de leres o texto, responde a estas cuestións de comprensión:

1. Sobre que tipos de rochas se asentan os petróglifos galegos?

2. Cales son os dous tipos xerais de representacións iconográficas dos petróglifos galegos?

3. Elabora un esquema que clasifique e inclúa as principais imaxes representadas nos petróglifos.

4. Cales son os tipos de imaxes máis frecuentes nos petróglifos galegos? Cales son os que espertan maior interese e por que?

5. Como era a sociedade que os deseñou e con que finalidade se cre que foron creados?

6. Onde se sitúan a maioría dos petróglifos galegos?

7. Elabora un relato en primeira persoa ambientado no Neolítico que teña como protagonista un rapaz/a da vosa idade e no que apareza un petróglifo

Unha visita virtual ao museo dos petróglifos de Campo Lameiro, un centro de interpretación no que se considera o conxunto de arte rupestre máis importante de Galicia:

http://paar.es/

Para ver outros petróglifos galegos, podedes ir á páxina de Turgalicia:

http://www.turgalicia.es/petroglifos

Outras páxinas sobre o tema que podedes empregar para a exposición oral de fin de curso son:

http://patrimoniogalego.net/index.php/17034/2012/06/petroglifos-dos-ballotes/

Aquí tedes unha noticia alarmante sobre o estado de conservación dos petróglifos:

target=_blank class=tEnlac>http://www.galiciaconfidencial.com/nova/18696.html


Dous alumnos de 1º de ESO déixannos dous contos que idearon sobre a época na que se fixeron os petróglifos. O primeiro deles é de Alba e o segundo, de Álvaro.

MEU IRMÁN ATREYU


Hoxe cumpríronse catorce primaveras dende que Atreyu, meu irmán, naceu; chegou o día no que terá que demostrar que xa pode valerse pola súa conta. Cando a Lúa estea no seu cénit comezará o día de Abib-nié, no cal o meu irmán cumprirá o seu desexo: ser un home. Eu son unha rapaza, polo que nunca terei que pasar por iso, xa que as mulleres non teñen poderío especial, coma os homes. Eles poden ser guerreiros, curandeiros ou xefes. Polo contrario, o título máximo que as mulleres poden acadar é o de muller de xefe, que non ten moita diferenza de ser unha muller normal. Mais espero que iso cambie algunha vez.
A Lúa xa está no seu punto. Estou agochada tras unha pedra, vixiando a meu irmán, que está recibindo ordes do xefe, meu pai. Ártax, meu can, máis ben lobo, está ao meu carón. Sei que o que lle gustaría neste intre é perseguir galiñas, xogar a que lle lance o pau ou durmir. Pero necesito ver como é esa cerimonia da que ninguén fala. Sinceramente, asistir a isto está prohibido. Pero a miña curiosidade é superior ás leis. Miña nai pensa que estou pasando a noite fóra, observando as estrelas e a Lúa, coma outras veces, e meu pai non volverá ata mañá á mañá, iso seino doutras veces; o xefe sempre ten que estar presente neste tipo de cerimonias. Por iso non sufro perigo de ser descuberta.
Meu irmán xa recibiu ordes do xefe fronte a guerreiros de confianza. Terá, entre outras cousas, que pasar a noite enteira só no bosque, fronte aos perigos que este agocha; conseguir alimento para o poboado, pese a que xa hai de sobra; e traer o corpo dun cervo. Entón logrei comprender por que sempre neste tipo de cerimonias, entre o alimento que traen, hai sempre un destes animais.
Dentro dunhas horas sairá o Sol. Estamos na hora máis escura da noite, e Atreyu está agochado tras unhas silvas, vixiando un boi desorientado. Estase preparando para atacar, e creo que vai lograr cazalo. Con moito sixilo, achégase e lánzalle un puñal. Acércase e obsérvao. Despois dun anaco, arrástrao cara ao montón de comida. Ten carne suficiente para abastecer o poboado durante unha estación, mais aínda lle falta un cervo. Está a punto de amencer, xa vexo luz tras o monte. Se non logra cazar algún, quedará coma rapaz ata a próxima primavera. Mais, para a ilusión dos dous, acaba de aparecer un. Non, un non, parece ser que tres. Sen darme conta, empezo a marcar o seu número na pedra na que estou agochada. Acábome de dar conta, e ocorréuseme unha idea que non sei se é moi boa. Mais non teño nada que perder, así que me poño a debuxar. Como puiden, non me quedou ben nin nada, pero vese claramente a meu irmán cazando unha manda de cervos. Á parte, debuxeime a min mesma ao carón del, coma se tamén estivese cazando. Volvo mirar cara a Atreyu. Xa rematou o seu labor, e xusto a tempo, pois acaba de amencer. Quero debuxar o Sol, pero brilla demasiado e non o podo ver con claridade. Así que o debuxo como eu penso que pode ser. Meu pai e os outros guerreiros van onda el a felicitalo. O meu traballo rematou, xa vin todo o que quería ver. É hora de marchar para a casa. Se teño sorte, a Ártax aínda lle apetece xogar.

Alba Mariño Oliveira
1º ESO

VALGUESES CONTRA CESUREÑOS


Chámome Xoán e, como cada mañá, hoxe fun co meu tío de caza. Cando iamos de camiño cara o monte, vimos uns homes gravando na pedra e chamoume moito a atención. Entón pregunteilles que estaban a debuxar. Eles contestáronme que, coma había pelexas entre os de Valga e os de Pontecesures, decidiron facer un gravado na pedra para marcar o límite entre un poboado e o outro. Marchei pensando sobre iso. Ao baixar do monte, non cazamos máis ca un cervo e díxenlle ao meu tío que pasásemos por alí de novo. Cando chegamos, xa non había ninguén; só había unha inscripción en pedra á que lle decidín chamarlle ``Pedra das Serpes´´xa que tiña forma de espiral. A ver se pode durar anos sen que ninguén a estrague.

Álvaro Dopazo Doce
1º ESO

Historias da nosa terra

O sol xa se eleva polas montañas. Os primeriros raios de luz cólanse entre as

fendas do tellado de palla do castro da miña familia. Levántome da cama feita de

herbas verdes e póñome a miña roupa de traballo no campo, feita de pel de cabra.

Collo o pan, o mesmo pan que miña nai sempre me deixa nunha basixa de barro, e

diríxome á porta para levar o gando da miña familia a pastar ao borde do río.
Ao saír chamo ao meu can, collo un pau, e abro a porta do valado onde se atopan

as reses.
Coa axuda do pau, e do meu can, dirixo ás 20 cabezas de gando ata á beira do

río.
Ao pasar o bosque encóntrome coa pedra na que habían tres espirais unidas por

unhas raias. Isto significa que xa saín do territorio do meu poboado.
Por sorte esta semana non choveu moito, e as beiras dos ríos non desbordaron.

Mentres vixío as vacas túmbome ao lado dunha sobreira, mentres o meu can

se entretén cunha presa de bolboretas que andan voando polas beiras do río.

Pouco a pouco vou cerrando os ollos ata que me quedo durmido. De repente o meu

can empeza a lamberme a cara, e grazas a isto esperto. Decateime que xa

estaba anoitecendo. Levántome e, dirixindo as vacas, volvo ao poboado.
Ao chegar volvo a meter ao gando no valado. Vexo a miña nai e aos meus catro

irmáns levando o trigo, carne e algúns peixas ata o castro común. Decido

axudalos. Cando meu irmán me veu, díxome que o noso pai foi acompañar aos anciáns

sabios xunto á aldea veciña para asinar unha especie de tratado de paz. Tamén me

dixo que o outra ancián que quedara na aldea fixera un petróglifo dunha escena

de caza de cervos.
Ao terminar de levar as reservas ao castro común acordeime de que dentro duns

meses terei que ir cos anciáns ao bosque, xunto cos outros nenos de 16 anos,

para cazar o noso primeiro cervo. Este é un rito que todos os nenos da miña idade

teñen que facer. Consiste en que cada un, armadado cun arco, frechas e un

coitelo, mate un cervo e o traia ata a aldea. Despois diso xa será un home,

poderá formar a súa propia familia, ter un castro para o uso exclusivo da súa

familia, e posuir algunhas cabezas de gando. Pero para isto aínda faltan varios

meses. É mellor que vaia durmir, que mañán terei que madrugar, para levar o gando a pastar.
Como sempre...

Continuará????

Xenxo Santiago Lorenzo
Comentarios (0) - Categoría: O GALEGO EN POSITIVO - Publicado o 26-05-2014 10:44
# Ligazón permanente a este artigo
AS VERBENAS TAMÉN EN GALEGO
http://praza.com/cultura/3980/chega-o-tempo-da-verbena-e-galega/
Comentarios (0) - Categoría: O GALEGO EN POSITIVO - Publicado o 02-04-2013 12:33
# Ligazón permanente a este artigo
"TEÑO 15 ANOS E SON RARA"
Artigo de opinión dunha moza de 15 anos que defende o seu compromiso coa lingua:

http://www.sermosgaliza.com/opinion/andrea-araujo-alonso/rara/20120523131918001551.html
Comentarios (2) - Categoría: O GALEGO EN POSITIVO - Publicado o 25-05-2012 12:40
# Ligazón permanente a este artigo
LETRAS GALEGAS 2012: VALENTÍN PAZ ANDRADE
Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, a Secretaría Xeral de Política Lingüística pon na súa páxina web os carteis da exposición gañadora sobre este autor, feita no IES Xoán Montes de Lugo.


http://www.xunta.es/linguagalega/letras_galegas
Comentarios (0) - Categoría: O GALEGO EN POSITIVO - Publicado o 16-05-2012 12:27
# Ligazón permanente a este artigo
PRENSA EN GALEGO
www.galicia-hoxe.com
Comentarios (0) - Categoría: O GALEGO EN POSITIVO - Publicado o 20-11-2010 13:01
# Ligazón permanente a este artigo
ECOLOXÍA-ECOLINGÜISMO












O contido desta páxina precisa unha versión máis recente de Adobe Flash Player.


Obter Adobe Flash Player






A diversidade lingüística está tan ameazada como moitas especies de flora e fauna que día a día desaparecen no mundo. Esta presentación fainos reflexionar sobre as ameazas que pairan sobre as linguas minorizadas, comparándoas coa dramática situación que viven animais e plantas en perigo de extinción

Comentarios (0) - Categoría: O GALEGO EN POSITIVO - Publicado o 12-11-2010 10:40
# Ligazón permanente a este artigo
XOGA AO TRIVIAL EN GALEGO
Rexístrate como usuario e poderás xogar partidas neste trivial da ASPG así como propor preguntas novas. Este é o enderezo web:

http://www.as-pg.com/trivial.gz
Comentarios (1) - Categoría: O GALEGO EN POSITIVO - Publicado o 11-11-2010 12:19
# Ligazón permanente a este artigo
WEB 2.0 EN GALEGO
web 2.0 en galego (para imprimir)
Comentarios (0) - Categoría: O GALEGO EN POSITIVO - Publicado o 11-11-2010 11:31
# Ligazón permanente a este artigo
Comentarios (0) - Categoría: O GALEGO EN POSITIVO - Publicado o 19-05-2010 12:25
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal