ARGUMENTO
Despois dun dos seus concertos coa súa banda, un home interésase por un violín que leva unha muller, Regina, que lle explica que é a sobriña dun xudeu de Cracovia que sobreviviu ao exterminio nazi traballando de luthier ata que un dos comandantes, afeccionado á música, descobre que é violeiro e lle manda construír ese violín, que tiña que ser perfecto.
TEMAS
Neste libro trátanse temas como o vexame ao que están sometidas as persoas dos campos de exterminio durante a Segunda Guerra Mundial e as condicións infrahumanas nas que se vivía alí. Tamén, aínda que pasou moito tempo, a xente deses lugares como os que di o libro, seguen tendo algo de medo ao lembralo.
PERSONAXES
Daniel: xudeu de Cracovia residente no campo de exterminio de Auschwitz, que se fai pasar por luthier cando en realidade é violeiro. É o protagonista da historia.
Regina: sobriña de Daniel. Violinista, é a que conta a historia.
Bronislaw: compañeiro de Daniel no campo.
Coronel Sauckel: afeccionado á música clásica, é o que descobre o verdadeiro oficio de Daniel e o que lle manda construír o violín
ESPAZO E TEMPO
A historia está ambientada na Segunda Guerra Mundial no campo de exterminio de Auschwitz durante o holocausto nazi, onde se describen os traballos e as torturas á que estaba sometida a xente que residía alí.
OPINIÓN PERSOAL
O que menos me gustou foi cando Regina comeza a contarlles a historia do seu tío Daniel e do violín aos seus compañeiros porque pasa dunha época a outra moi rápido.
Alicia Miguéns Enrique
3º ESO curso 2009/2010