DE LINGUA EN LINGUA


BLOGUE DE LINGUA GALEGA DO CPI DE PONTECESURES
Hai quen bota a lingua a pacer con moita facilidade; outros chegan a perderse pola lingua ou teñen que morder a lingua para non irse da lingua. Nós, neste caderno de bitácora, imos tirar da lingua para dicir todo aquilo que temos na punta da lingua aínda que fiquemos coa lingua fóra. Tentaremos non ser lixeiros de lingua, ou si, se cadra...pero nunca malas linguas...Iso deixámosllelo ás linguas viperinas, que cospen veleno. Quizais cheguemos a ter don de linguas, mais o que nos importa de verdade é que a nosa lingua vaia de lingua en lingua.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 WEBS RECOMENDADAS
 FOTOBLOGOTECA
 DESTACADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO

A FIN DO MUNDO

Un día, eu estaba na miña casa facendo os deberes mentres meu pai estaba na sala mirando a televisión, porque chegara de traballar e sempre, ao vir, senta no sofá para descansar un anaco e ver as noticias. Acórdome ben que eu estaba estudando sociais cando, meu pai chamou a miña nai dicíndolle que nas noticias saíra que a fin do mundo ía chegar. Eu, toda asustada, fun xunto a eles e pregunteilles se iso era verdade. Eles dixéronme que si, que en todas as canles estaban dando esa noticia. Eu tiña dez anos e apenas entendía por que o mundo tiña que acabar, pero despois do que me explicara meu pai, máis ou menos xa tiña unha idea de como podía ser. Propúxenme que antes de que iso pasase tiña que facer unha listaxe de desexos que quería realizar xa había tempo. Pois ben, fun ao meu cuarto, collín unha libreta e un bolígrafo e marchei para o campo para alí anotar eses desexos. Empecei polo que podía facer coa miña familia. Ocorréronseme un par de ideas. A primeira era que podiamos organizar unha cea con toda a familia e a segunda era que lle ía regalar algo a cada un deles para demostrarlles o cariño que lles tiña. Continuei polos meus amigos. Ocorréuseme que podiamos ir todos ao cine unha tarde e tamén que, como estabamos en pleno verán, podía celebrar unha festa na miña casa, na piscina. Por último, seguín por un rapaz que coñecín cando estabamos en párvulos e do que me namorei dende o primeiro día que o vin, sentimento que foi medrando co tempo. Chamábase David. El non sabía que me gustaba, simplemente pensaba que eu só o consideraba un amigo. Nunca me atrevín a dicírlle que me gustaba pero, como ía acabar o mundo, pensei que sería necesario sincerarme con el. Había moitas máis rapazas namoradas del, así que, aínda que eu lle dixese a verdade, todo ía quedar como estaba. Estiven buscando o momento para llo dicir a el, pero nunca estaba só así que non me quedaba máis remedio que comentarllo diante de todos. Un día na escola, puxémonos a xogar na clase. O xogo consistía en que, se alguén te elixía tiñas que desvelar un desexo. Eu aproveitei ese día e díxenlle diante de todos que me gustaba. Marchei a correr e, durante uns días non tiña pensado volver ao colexio.
Uns días máis tarde púxenme a ver as noticias con meus pais e dicían que o do fin do mundo fora unha falsa alarma. Eu, coa vergoña, cambieime de escola, non quixen volver á que estaba, porque sabía que se volvía todos se ían rir de min e que, ía ser a rapaza máis patética da escola. Dende esa, ninguén volveu saber nada mais de min.

Verena Vieites Fernandes
2º ESO B Curso 2012/2013
Comentarios (0) - Categoría: A FORXA DAS LETRAS - Publicado o 11-03-2013 12:43
# Ligazón permanente a este artigo
MICROCÁMARAS

Estaba eu tan tranquila na miña habitación escoitando música cando, de súpeto soou o teléfono móbil da miña nai. De alí a un pouco, veu ela moi ilusionada dicíndome que o meu tío Xoán viña á vila a pasar unhas pequenas vacacións. Eu non me alegrei moito, pois non o coñecía. A miña nai dicíame que era unha boa persoa, aínda que estivera no cárcere. Ela dicía que cambiara moitísimo.
Esa mesma tarde, fomos ao aeroporto, que estaba a tres quilómetros, a recollelo. Cando o vin por primeira vez, dinme conta de que el aparecía nunha foto, na casa da miña amiga Raquel. A súa nai e o meu tío saían nela. Decidín que llo preguntaría máis tarde.
Era moi simpático. Cando se achegou, deume unha bolsa de caramelos. Fixémonos amigos, e non me separaba en ningún momento del.
Un día decidín xogar aos espías, e perseguín ao meu tío por toda a vila. De repente, vin como se metía na casa da miña amiga Raquel forzando a porta. Decidín ir e ver o que pasaba. Entrei moi silenciosamente pola porta e atravesei o salón. O meu tío estaba colocando algo no marco da foto que anteriormente mencionei, na que saía el e a nai de Raquel, coa mala sorte que me viu. Veu correndo ata min e pregoume que non dixera nada. Pregunteille que facía, e respondeume que estaba poñendo unha microcámara para vixiar á nai de Raquel. Explicoume que anteriormente, antes de que eu nacera, estaban namorados, pero cando entrou no cárcere deixoulle de falar e púxolle unha orde de afastamento. Díxome que seguía namorado dela, e que por iso poñía unha microcámara, para poder vela. Por iso non llo podía dicir a ninguén. Eu saín correndo da casa, e nun descampado preto de alí vin a Raquel e á súa nai paseando. Preguntáronme se estaba ben, que parecía preocupada. Eu saín correndo, sen dar ningunha resposta. Cheguei á miña casa e pecheime na miña habitación. Case non saía da casa, non quería volver ver ao meu tío.
Xa pasaran algúns días, e o meu tío Xoán xa marchaba da vila.
Tiven que ir e despedirme del. Non dixera nada aínda da microcámara, pero non podía máis. Conteillo todo á miña nai e chamamos á policía para que o detivesen por entrar na casa de Raquel e poñer cámaras. Viñeron a por el e levárono. A miña nai díxome que fixera moi ben en dicilo, que algúns segredos pódense gardar pero outros non.
CANDELA LAFUENTE LÓPEZ 2º ESO A
Comentarios (0) - Categoría: A FORXA DAS LETRAS - Publicado o 06-03-2013 20:34
# Ligazón permanente a este artigo
ARMAS: AMEAZA OU DEFENSA?
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/internacional/2013/01/16/asociacion-rifle-lanza-polemico-juego-ensenar-ninos-disparar/00031358322738851412744.htm?idioma=galego
Comentarios (0) - Categoría: A FORXA DAS LETRAS - Publicado o 16-01-2013 18:26
# Ligazón permanente a este artigo
XOCAS E O PENDENTE DE FREDDY KRUGER
Xocas e o pendente de Krueger
Freddy Krueger estaba en paro e necesitaba traballo. Dende que as súas películas non tiñan éxito, non tiña nin para comer. Camiñando pola rúa caviloso, fixouse nun pequeno anuncio que había no taboleiro da rúa Deputación, nunha pequena vila chamada Pontecesures. Entre as ofertas fixouse nunha que pedía un xardineiro con experiencia para o concello. Esa mesma mañá acudiu ás oficinas de emprego municipais. Cando a funcionaria o viu sorriu con satisfacción.
- Por fin me van agradecer algo os do grupo de goberno. Ti es a persoa que estabamos buscando. Non temos nin un peso para comprar as tesoiras de podar e ti xa as traes incorporadas. Quedas contratado!
Freddy sorprendeuse do fácil que fora conseguir o traballo. Non estaba mal, pero aos tres días xa lle parecía aburrido. Decidiu no tempo libre ir xogar ao 3×3 cos rapaces. Eles aceptárono porque non tiñan porteiro. Na primeira parada xa pinchou o balón, así que decidiu facer o seguinte saque cunha pedra que había alí, coa mala sorte que lle deu a un rapaz na cabeza. Freddy foi a toda présa, colleuno e levouno aínda inconsciente ao centro de saúde. Alí puxéronlle unha venda, e despois dun anaco recobrou o coñecemento. Freddy desculpouse e preguntoulle se quería ir a Padrón. Alí había festa, pois era Pascua e había atraccións. O rapaz aceptou, e colleron o primeiro autobús que se dirixía alí. Cando chegaron, Freddy non se decatara de que non sabía o nome do rapaz. Preguntoulle como se chamaba, e o neno sorrindo contestoulle que Xocas. A Xocas gustáballe moito xogar á tómbola, así que decidiron probar fortuna. O que gañase tocáballe unha minimoto, pero eles non tiveron sorte. Xocas empezou a poñer cara triste así que Freddy saltou por riba do mostrador coa intención de roubar a minimoto. Montou nela pero non tiña gasolina. Entón, cortou coas coitelas varios premios e saíron a correr. Xocas tropezou cunha pedra e caeu. Freddy ía atrás e, como camiñaba mirando a ver se os perseguían, tropezou co rapaz e caeu enriba del furándolle a orella. Xocas empezou a chorar. Freddy colleu un pendente, e como sangraba, púxollo. O rapaz calou e, ao ver o sangue, esvaeuse de novo.
Cando espertou e se viu na cama, recapitulou todo o que pasara e pensou que fora un soño. De súpeto, lembrouse da película que vira o día anterior: a de Freddy Krueger, e decatouse de que nela, todo o que se soñaba, se facía realidade. Asustado saltou da cama e foi ao baño. Acendeu as luces e mirouse ao espello: tiña un pendente na orella dereita con forma de luvas con coitelas, e estaban asinadas cun F!

Alumnado 2º ESO A- Candela Lafuente López
Curso 2012/2013
Comentarios (1) - Categoría: A FORXA DAS LETRAS - Publicado o 12-12-2012 17:46
# Ligazón permanente a este artigo
O CAMBIO DE FRANKENSTEIN


-Canastra do "lume prometeo"- Di o locutor de radio
Frankenstein está vendo un partido de baloncesto no que xoga o seu ídolo Prometeo. Frankenstein adórao moitísimo e gustaríalle ser coma el; pero Prometeo, a pesar de ser moi boa persoa, era moi feo alto e descompensado.
A pesar diso, Frankenstein sométese a cirurxía estetica para facerse máis alto; pero era moita altura a que lle tiñan que aumentar, así que tiveron que coserlle partes doutras persoas xa mortas. Tamén se someteu a unha operación para facer a súa cabeza máis grande e pálida xa que Prometeo a tiña así porque non tomaba o sol.
Unha vez remata a recuperación foi a dar unha volta para ver como reaccionaba a xente ao velo, se de verdade a xente pensaría que se parecía a Prometeo.E, algo así pasou: á xente non era que non se lle parecera ao xogador, senón que o confundiron con el!!
Pasaron os días e a xente decatouse de que Frankenstein era un impostor e entón todo o mundo o rexeitaba.
Frankenstein non podía soportar o baleiro e mudouse a Uganda. Pero alí non podía ver a Prometeo...
FIN
María Navarro Jamardo
2º ESO Curso 2012/2013
Comentarios (1) - Categoría: A FORXA DAS LETRAS - Publicado o 10-12-2012 13:44
# Ligazón permanente a este artigo
O TELEVISOR

Era 31 de outubro. Como todos os anos a miña familia reuníase na casa da nosa defunta avoa para celebrar o Samaín. Despois da cea meus curmáns e eu xuntámonos arredor do televisor para ver a película “Noites de medo” . Eu son a maior pero aínda me gustan este tipo de películas. Coma sempre collín a miña curmán Irene e acendín o televisor xa vello, negro e grande. Puxen a película, pero non serviu de nada porque apagouse ao momento. Volvín a intentalo inutilmente. Daquela chamei aos meus pais pero non souberon arranxala. Fomos buscar ao meu tío, que é experto en electrónica, pero tampouco puido.
- Por que non chamamos á tenda? – Dixo a Daniel.
Pero era moi tarde e estaba todo pechado. De súpeto petaron á porta, e entrou a nosa tia cunha chea de xogos de mesa para xogar todos xuntos. Pasounos a noite voando e tivemos que volver para a casa. Pero antes, o televisor acendeuse e dixo: “Ai, esta xuventude … mirade que tiven que facer para que gozásedes un pouco mais da vida”.

FIN
Micaela , 1º ESO
Comentarios (1) - Categoría: A FORXA DAS LETRAS - Publicado o 10-12-2012 13:40
# Ligazón permanente a este artigo
UN CONTO DE AMOR

Érase una vez un home chamado Xoán que era moi pobre e non encontraba traballo. Cando ía pola rúa, viu unha fermosa muller, que vivía nunha casa de campo cos seus dous fillos. A ela morréralle o home na guerra que houbera no seu antigo pobo. Xoán estaba namorado daquela muller, e quería ser o seu mozo pero tiña medo a que non sentise o mesmo por el e esqueceuse dela. Un día Xoán tropezou con ela e quedou sen fala. A muller pediulle perdón pero el non dixo nada. Xoán todo decepcionado marchou para a súa pequena casa que tiña as aforas da cidade. Cando se dirixía para ela encontrouse cun ladrón que estaba roubándolle a unha muller. El foi axudala e, cun golpe, espantouno. Xoán decatouse de que a muller era a mesma que lle gustaba e por fin faloulle. Eles presentáronse. Ela chamábase Laura. Tiña os ollos azuis e o pelo louro. Fixéronse amigos grazas a ese acontecemento. Pasaron os días e o amor de Xoán e Laura era maior, ata que un día Xoán pideulle que fose a súa moza. Ela ao principio non dixo nada pero despois aceptou.
A Laura un día morreulle o fillo pequeno e tivo que marchar daquela cidade para buscar traballo. Xoán, cando se enterou, marchou canda ela polo o amor que sentía. Cando chegaron á cidade, os dous buscaron traballo e encontrárono: el traballaba de periodista e ela de reporteira. Un día encontráronse na rúa cubrindo unha noticia sobre un edificio que estaba en chamas.El marchou a una xoiería a comprarlle un anel de compromiso. Sabía que era demasiado pronto pero tíñao que intentar. Cando llo ensinou a Laura, ela botouse a chorar e aceptou. Pasaron os meses e cando chegou a voda dixeron que si para estar xuntos para sempre.

Daniel Olivera García
1º ESO/Curso 2011/2012
Comentarios (2) - Categoría: A FORXA DAS LETRAS - Publicado o 14-06-2012 23:13
# Ligazón permanente a este artigo
UN CONTO DE ASHA MIRÓ
OS CATRO VIAXEIROS

No medio de Rusia vivía un rapaz chamado Yuri el era orfo e estaba nunha casa moi grande con outros rapaces. Tiña o pelo louro e a pel moi branca. Nese mesmo momento unha nena de India chamada Sita mira pola ventá como chovía pensando no moito que quería ter uns pais. Ela vivía nunha casa pequena con outros nenos e nenas. A moitos quilómetros de alí en Etiopía un neno de pel escura e pelo rizado estaba recollendo bichos nun bote chamábase Deneke non tiña pais e era moi pobre. Esa mesma tarde en China estaba una rapaza chamada Lin Ying de pel clara, ollos escuros e riscados e pelo longo. Gustáballe moito cazar bolboretas aínda que se aburría moito porque eran todos nenos pequenos excepto ela. Un día á casa rusa chegou unha familia que querían un fillo preguntando por Yuri. El púxose moi contento aínda que non entendía nada. Colleron un avión e foron a unha cidade ao lado do mar. Esa mesma tarde a India chegou una parella nova preguntando por Sita, púxose moi contenta déronlle un caderno de debuxo e foron a una cidade ao lado do mar. En Etiopía una parella foi buscar a Deneke, el non se sorprendeu por que xa sabia que eles van ser seus pais, mandaranlle una foto explicándolle que o querían moito e o tipo de vida ia ter. En China unha muller solteira regaloulle un traxe de bolboretas moi bonito a Lin Ying díxolle que ia ser a súa nai e se quería marchar con ela a unha cidade ao lado da praia ela díxolle que si. O primeiro dia que Yuri, o neno ruso, foi a escola e encontrouse con : Deneke, Lin Ying e Sita. Fixéronse grandes amigos e un día decidiron contar a toda a súa clase como era o pais onde vivirán.

Samuel García Castro
1º ESO/ Curso 2011/2012
Comentarios (1) - Categoría: A FORXA DAS LETRAS - Publicado o 14-06-2012 12:32
# Ligazón permanente a este artigo
NOVAS CANTIGAS DE AMIGO DOS XOGRARES CESUREÑOS
Meu amigo, coração do meu latexar,
bailemos, ata que sexa capaz de te olvidar.
Miña vida, meu amigo, non te sinto andar, bailemos, ata o corpo non dar máis.

Meu amigo coração do meu latexar,
dancemos en baixo do mar.
Meu amigo coraçao do meu latexar,
vém onda mim, a fazerme dançar.

Lara Rarís Frois


Ai meu amigo,
onde estarás,
imaxino que na guerra
da que nunca volverás.
Amote.
Onde estarás,
sabe deus onde,
mentras con estas flores falo,
que che estará a pasar.
Amote.
Sabe deus onde
sabe deus por qué,
lonxe de min te atopas
espero que ben.
Amote.
Espero, tranquila,
fronte a fermosas flores,
que volva ver ese cervo
que vaia beber á auga.
Amote.

Sergio Martínez Gómez

Comentarios (1) - Categoría: A FORXA DAS LETRAS - Publicado o 11-12-2011 21:00
# Ligazón permanente a este artigo
LIBERDADE DE PAPEL E CARTÓN

Un día un home, metéuselle na cabeza facer a “Estatua da Liberdade” de papel e cartón para logo subir e ver todo o que ocorría na cidade. Así que foi collendo e collendo papel ata ter o suficiente para facer unha metade, a outra parte faríaa de cartón.
Ó día seguinte empezou e rematou ó cabo de dous meses traballando día e noite. Agora a segunda parte sabía que non había ser tan fácil como a primeira, así que lle pediu axuda ao seu irmán xemelgo. Entre os dous almacenaron o cartón en menos que cantou o galo da veciña. Empezaron o día seguinte, que chovía bastante, así que puxeron unha carpa como as do circo. Seguiron construíndo e cando remataron déronse conta de que esqueceran as escaleiras para subir. Intentaron escalar, pero non deron. Entón colleron un trade xigante e fixeron buratos en forma de escaleiras.
Esa mañá espertou e deuse conta de que estaba soñando, pero a estatua e o seu irmán encontrábanse alí fóra.

¡¿Sería sonámbulo?!

Samuel Castro Dios
1º ESO 2011-2012
Comentarios (6) - Categoría: A FORXA DAS LETRAS - Publicado o 29-11-2011 12:19
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal