DE LINGUA EN LINGUA


BLOGUE DE LINGUA GALEGA DO CPI DE PONTECESURES
Hai quen bota a lingua a pacer con moita facilidade; outros chegan a perderse pola lingua ou teñen que morder a lingua para non irse da lingua. Nós, neste caderno de bitácora, imos tirar da lingua para dicir todo aquilo que temos na punta da lingua aínda que fiquemos coa lingua fóra. Tentaremos non ser lixeiros de lingua, ou si, se cadra...pero nunca malas linguas...Iso deixámosllelo ás linguas viperinas, que cospen veleno. Quizais cheguemos a ter don de linguas, mais o que nos importa de verdade é que a nosa lingua vaia de lingua en lingua.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 WEBS RECOMENDADAS
 FOTOBLOGOTECA
 DESTACADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO

O RAPAZ INTERNAUTA
Carlos era un rapaz duns seis ou sete anos. Era moi enxeñoso, un pouco baixo e con pelo castaño. Todos os días os seus amigos do colexio falaban do divertido que era navegar por internet. El non sabía o que era porque o seu pai non lle deixaba nin tocar o ordenador.O rapaz, xa canso de que os seus amigos non pararan de falar diso e el non decatarse de nada, decidiu elaborar un plan. O seu pai todos os días marchaba a correr unha hora na que el podía navegar por internet sen ninguén se decatase. Ese día, cando o seu pai marchou, foi rapidamente para o ordenador, desmontou todo, meteuse dentro pero non pasou nada. El non vía ningún mar e, se non o había, non podía navegar co seu barquiño por internet. De repente acendeuse a pantalla do ordenador.
-Ah!!!!!!!!- berrou a nai de Carlos-. Un extraterrestre!!!!!
A nai pensaba que Carlos era un extraterrestre porque tiña toda a cara pegada á pantalla do ordenador.
-Terrícolas vimos en son de paz-dixo Carlos poñendo voz de marciano.
A nai marchou do despacho asustada e Carlos pensou que o máis divertido non era navegar por internet, senón asustar a súa nai.


Fernando Túñez Alcalde
2º ESO
Comentarios (1) - Categoría: A FORXA DAS LETRAS - Publicado o 16-10-2013 17:41
# Ligazón permanente a este artigo
PALABRAS MÁXICAS
Hai moito moito tempo, un neno chamado Said paseaba por un prado en cuxo centro se atopou cun cartel que poñía: " Son unha rocha encantada. Se dis as palabras máxicas, veralo."
Said tratou de acertar o feitizo, e probou con “abracadabra”, “tan-ta-chán”, “supercalifraxilisticoespialidoso” e moitas outras, pero non conseguiu nada. Rendido, tirouse suplicante dicindo: “¡Por favor rochiña!” E entón, abriuse unha gran porta na rocha. Todo estaba escuro, menos un cartel que dicía. "Sigue facendo maxia." Entón o neno dixo: “¡Grazas rochiña!” Dentro da rocha acendeuse unha luz que iluminaba o camiño cara unha gran montaña de xoguetes e chocolate.
Said pensou que era un soño pero non o era en realidade. Era un agocho con xoguetes e chocolate.
Said puido levar a todos os seus amigos a aquela rocha e ter a mellor festa do mundo.

Jenny Garanger Domínguez 1º de E.S.O
Curso 2013/2014
Comentarios (5) - Categoría: A FORXA DAS LETRAS - Publicado o 16-10-2013 17:25
# Ligazón permanente a este artigo
UNHA NOITE DE INVERNO

Un neno chamado Álvaro, que vivía nunha casa no medio dun bosque, logo de discutir coa súa nai, colleu a súa mochila e marchou. O neno non tivo en conta que era inverno e nesa época os lobos tiñan moita fame porque os demais animais marcharan. Os lobos, ao velo pasar, seguírono sixilosamente. Álvaro non se decatou. Tiña moito sono e quedou completamente durmido debaixo dunha árbore . Os lobos aproveitaron que o rapaz estaba durmido para levalo ao seu tobo onde tiñan un colar que lle roubaran á nai. Cando espertou, viu un resplandor no pescozo do lobo líder. O neno, que era moi listo, logrou recuperar o colar e saír correndo. Os lobos foron tras el. Álvaro, que coñecía o monte como a palma da súa man, rubiu por unha árbore que estaba xusto ao pé do cuarto da súa casa. Cando chegou á cima, deixouse caer no oco da ventá do seu cuarto. Os lobos intentaron imitalo pero, antes de que entrasen pola ventá, o neno pechouna . Os animais non querían que Álvaro quedase co colar e puxéronse diante da porta principal para recuperalo. Álvaro, xa listo no seu cuarto coa súa escopeta de balíns, cos seus pantalóns de xogar ao rugby e uns brazaletes de púas, foi polo corredor ata a porta principal, inspirou e expirou, abriu a porta e, en menos do que canta un galo, o neno disparoulles e saíron todos a correr. Así foi como Álvaro pasou de ser un calquera a ser todo un heroe para o seu pobo .

PATRICIA SILVA 1º E.S.O. Curso 2013/2014
Comentarios (0) - Categoría: A FORXA DAS LETRAS - Publicado o 16-10-2013 17:13
# Ligazón permanente a este artigo
UNHA CARTA PARA XULIA

Era fin de semana e atopabámonos toda a familia na casa da miña bisavoa Merchi. Miña tíaavoa Ramona dixo :
-Por que non facemos unha limpeza para recoller aquelas cousas importantes para a familia, antes de vender a casa?
Todos estabamos de acordo e, como a casa era tan grande, dividímonos por estancias. Eu non atopei nada interesante, pero o meu irmán Brais xunto co meu padriño tocoulles o faiado, onde atoparon unha caixa chea de recordos, entre eles unha carta na que no sobre poñía: “ Para miña querida Xulia “. Meu irmán comezou a lela:
“ Querida Xulia:
Cando poidas ler esta carta, eu xa estarei ao outro lado do Atlántico. Non estou escapando de ti nin do noso compromiso; Non cho puiden dicir á cara porque pensarías que estou tolo. A última noite que estivemos falando no alpendre da casa da túa avoa, ao despedirme de ti vin unha sombra que se ergueu e comezoume a falar. Díxome que era a túa tataravoa. Ela contoume que toda a túa familia estaba chea de pantasmas. Isto é debido a que tiñades un segredo moi antigo que facía que as persoas que o sabían sufrirían unha …”
De súpeto toda a casa se estremeceu e comezou a ruxir ; Brais soltou a carta e dixo :
-Fuxide , fuxide .
Todos saímos correndo ata o exterior do xardín e, coma se fósemos cómplices dun asasinato, miramos uns para os outros en silencio.
Desde aquela , ninguén volveu a aquela casa e quedou en segredo a carta de Xulia.


Lucía Pardal Álvarez.
1º ESO CURSO 2013/2014
Comentarios (1) - Categoría: A FORXA DAS LETRAS - Publicado o 15-10-2013 09:38
# Ligazón permanente a este artigo
POEMA

Que bonitas se ven as árbores
ao lado daquela colina,
un pouquiño máis ao fondo
una cascada de auga fina.
Camiñando, camiñando
Cara ao horizonte voume achegando,
Despois de tanto camiñar
Que marabilla poder descansar.
Volvo a mirar as árbores
Volvo a mirar as flores
Síntome no paraíso
Con tantos marabillosos olores .
Con esta paz e tranquilidade
Lonxe do mundanal ruído,
Síntome en liberdade e tranquilo
Respiro fondo…
Que aire máis limpo!
Vólvome a levantar
Camiñado e camiñando
Sen parar.

Patricia Silva(1º E.S.O)
Comentarios (3) - Categoría: A FORXA DAS LETRAS - Publicado o 11-10-2013 10:22
# Ligazón permanente a este artigo
Caperuchiña Vermella


Todo o mundo coñece o conto de Caperuchiña Vermella, pero, cantos coñecen a verdade? Moi poucos. Pódense contar polos dedos. Todos pensan que eu, Caperuchiña Vermella, son a nena boíña que lle leva doces á súa avoa enferma. Pois nada diso. A verdadeira historia é esta:
Eu son unha nena moi normal. O outro día, miña avoa, que vive no bosqu, púxose moi enferma. Ten uns cantos anos e xa chochea bastante. Tívenlle que levar doces porque me mandou a miña nai, que se por min fose … Din moitas voltas para non ir , pero non serviu de nada. Polo camiño acabei cos doces pero non me importou moito, porque, se miña avoa me quería, seríalle de abondo coa miña visita. Cheguei á casa da miña avoa. A porta estaba medio aberta, imaxineime o peor. Abrín a porta e vin ao cazador xogando as cartas coa miña avoa. Como non me pareceu normal, preguntei que facían. Acabei marchando da casa dando un golpe contra a porta porque me decatei de que miña avoa ía casar co cazador. Pero eu non podía permitilo. Miña avoa esta viúva e sempre me falou moi ben do meu avó que foi sarxento. E agora vai casar? Non, non e non. A herdanza da miña avoa ten que ser soamente para min. Que miña avoa ten moito carto … Teño que facer algo para que non casen.
De volta á casa atopeime ao lobo feroz. Estaba recollendo nas flores psss … Vaia lobo, dáme tanto medo … Pero … Ao mellor … Coa miña axuda … Poderíalle dar un susto ao cazador facendo que non queira casar coa miña avoa.
Ao día seguinte saín coa avoa a dar un paseo mentres o lobo facía o que tiña que facer. Polo camiño miña avoa díxome que estaba moi namorada do cazador, pero iso non ía facer que deixase de querer ao avó. Unha vez máis contoume como el morrera defendendo o noso país na guerra. Non sei porque de súpeto empezaron a caerme bágoas polas meixelas. Gustaríame ter coñecido ao meu avó. Chegamos de novo á casa da miña avoa. O sorriso volveu á miña cara, pero pronto desapareceu. Cando entrei no comedor, o lobo estaba xogando ás cartas co cazador. Disimulei moito pero cando o lobo mais eu saímos fora, deille unha labazada. Inútil lobo. Suponse que os lobos teñen que dar medo, pero este non, este saíu covarde. Non serve para nada.
Aquela noite dinlle moitas voltas ao asunto da voda. Ao mellor non está mal ter de avó ao cazador. Sería a súa única neta e faríame moitos agasallos. Claramente quero que miña avoa case co cazador. Fun de novo á casa da miña avoa e dinlle un forte abrazo. So lle pedín unha condición, tiña que ser a súa dama de honor.
Chegou o día da voda, e miña avoa estaba preciosa. Aquel día volvín chorar pensando que tería un avó, aínda que o cazador nunca substituirá a meu verdadeiro avó.

Micaela Amarelle García 1º ESO
Comentarios (0) - Categoría: A FORXA DAS LETRAS - Publicado o 16-06-2013 23:12
# Ligazón permanente a este artigo
UN POEMA DE SILVIA
Hai moito tempo
vin a luz do dia,
e deime conta
de que estaba viva.

Supoño que me alegrei
pois descubrira a verdade,
a vida era para min
unha chea de felicidade.

Menos mal que as penas
aínda non chegaron,
pois a moitas persoas,
de angustia mataron.

A pesar diso
vivir é un agasallo,
é algo que che dan
e hai que aproveitalo.

Silvia Fernández 3º ESO
Comentarios (0) - Categoría: A FORXA DAS LETRAS - Publicado o 23-05-2013 10:44
# Ligazón permanente a este artigo
A REFORMA EDUCATIVA APROBADA POLO CONSELLO DE MINISTROS
http://praza.com/ciencia-e-tecnoloxia/4504/relixion-sobe-de-categoria-na-escola-e-contara-para-obter-bolsas/
Comentarios (0) - Categoría: A FORXA DAS LETRAS - Publicado o 23-05-2013 10:34
# Ligazón permanente a este artigo
BIOGRAFÍA DE ANDRÉS DO BARRO
Andrés Lapique do Barro naceu en Pontedeume o 1 de outubro do ano 1947 e faleceu en Madrid o 22 de decembro de 1989. Foi un músico galego nos últimos anos da ditadura franquista. Por se querer adicar ao mundo musical, Andrés pasou a ser a ovella negra da familia xa que rompeu a tradición familiar de ser membro da Armada.
Aínda que por aqueles tempos na ditadura franquista estiveran prohibidas todas as cancións en galego, o público non dubidou un instante en mostrarlle o seu apoio ao artista.

Os seus maiores éxitos musicais foron:"O Tren","Corpiño xeitoso" e, por último, "San Antón"(estes tres éxitos chegaron a ser moi rápido número un nos medios radiofónicos).
Tamén actuou en filmes como "En la red de mi canción" acompañado por Concha Velasco.
Un dos mellores amigos de Andrés foi Juan Pardo, tamen músico, pero un día, por unha pelexa entre ambos, romperon a súa boa amizade e seguiron por separado.
Como Andrés xa rompera coa compañía discográfica RCA decidiu marchar para México durante tres anos onde sobreviviu traballando de cociñeiro nun local. Aos tres anos da súa ida regresou xa repatriado en 1979.
Pese a todos os éxitos musicais que logrou ter ao longo da súa carreira, o final da súa vida foi marcado pola penuria económica.
As súas últimas aparicións foron en programas da TVG en 1989.
O día 23 de decembro de 1989 coñeceuse a noticia da morte de Andrés do Barro debido a un cancro hepático aos 42 anos de idade.
Atrás deixaba unha estela de grandes éxitos e grandes cancións aínda moi coñecidas hoxe en día.
Cristian Creo Baleirón
Ricardo Eitor Tubío 3ºESO
Comentarios (0) - Categoría: A FORXA DAS LETRAS - Publicado o 05-04-2013 12:33
# Ligazón permanente a este artigo
¿FANTASÍA OU REALIDADE?


Xoana ía xogando polo xardín cando de repente tropezou cunha pedra e caeu. Ao caer, quedou profundamente durmida.
Cando espertou, viu que estaba nun mundo distinto ao seu e tiña que voltar o antes posible.
Preto dela apareceu un grilo que lle dixo:
-Ola neniña! Ti non es de aquí, Xúpiter, verdade?
-Non, eu son da Terra.-contestoulle Xoana moi timidamente.
-Da Terra? Que nome máis estraño. E onde está iso?- preguntoulle o grilo.
-A Terra, o planeta azul. Ten moita auga e persoas coma min-díxolle ela.
-Perdoa polos meus modais, non me presentei. Eu son Antonio , o grilo- informoulle el.
-Ola, Antonio. Eu son Xoana. Pódesme axudar a voltar ao meu planeta?- preguntoulle a rapaza.
-Claro que si, pero temos que solucionalo antes das 12 senón, isto non tería sucedido- aseguroulle Antonio-. Pero, non te preocupes. Imos ver o que atopamos- suxeriulle o grilo.

Xoana e Antonio estiveron andando un bo anaco. Antes de renderse, atoparon un reloxo que podía facer retroceder o tempo.
A nena ocorréuselle retrasar a hora ata antes de tropezar coa pedra.

Entón, apareceu outra vez brincando polo xardín e cando se atopou coa rocha, saltou por enriba dela. Despois, deuse a volta e fixouse que nela estaba un grilo. Parecíase moito a Antonio. A neniña parecéralle que lle chiscara un ollo.

SOFÍA RARÍS FROIS
1ºESO/ CURSO 2013
Comentarios (0) - Categoría: A FORXA DAS LETRAS - Publicado o 05-04-2013 12:22
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal