BLOG DE LINGUA GALEGA |
|
Hai quen bota a lingua a pacer con moita facilidade; outros chegan a perderse pola lingua ou teñen que morder a lingua para non irse da lingua. Nós, neste caderno de bitácora, imos tirar da lingua para dicir todo aquilo que temos na punta da lingua aínda que fiquemos coa lingua fóra. Tentaremos non ser lixeiros de lingua, ou si, se cadra...pero nunca malas linguas...Iso deixámosllelo ás linguas viperinas, que cospen veleno. Quizais cheguemos a ter don de linguas, mais o que nos importa de verdade é que a nosa lingua vaia de lingua en lingua. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
https://www.gciencia.com/medioambiental/por-que-molesta-tanto-greta-thunberg/https://www.gciencia.com/medioambiental/por-que-molesta-tanto-greta-thunberg/ |
|
|
|
VI CONCURSO DE RELATOS E VÍDEOS DE TERROR |
|
Publicamos aquí os relatos finalistas do VI Concurso de Relatos e Vídeos de Terror do Samaín 2018 na categoría da ESO. Podedes ver os gañadores no blog do Trasno paroleiro:
"UN ALOUMIÑO", DE LUCÍA LAGARES CASTIÑEIRAS
Un Aloumiño by trasnoparoleiro on Scribd
"MAL DE OLLO", DE MARÍA FIGUEIRA COLLAZO
Mal de ollo by trasnoparoleiro on Scribd
"CHUVIA", de Lois Mosquera González, de 2º ESO B
CHUVIA by trasnoparoleiro on Scribd |
|
|
|
CATÁLOGO DE FAUNA MÍTICA |
|
Abrimos esta sección de descricións de seres lendarios imaxinados polo alumnado do noso centro con esta ave inventada por Carmen Caldelas Magán.
CIRCUS PALUSTRIS
Circus palustris, aculmado popularmente como: "O paxaro ardente", é unha diminuta e feroz ave, descuberta apenas hai unhas semanas.
O seu nome popular débese ao aspecto físico do animal. Mide aproximadamente uns cinco centímetros de longo, dous de altura e pode chegar a pesar uns oitenta gramos. A cor principal da súa plumaxe é a vermella, aínda que posúe zonas máis alaranxadas, como o envés das ás e as patas. Unhas das maiores características físicas do paxaro é o seu longo e celeste rabo e o seu curvado peteiro amarelo.
Esta ave ten unha ampla listaxe de presas, entre elas, a maioría son insectos de pequeno tamaño, como moscas e vermes, pero as súas principais presas son os lagartos.
O paxaro ardente habita baixo a terra, en zonas moi próximas a ríos, lagos ou lagoas, sempre preto á humidade e con moita profundidade para evitar o mínimo contacto coa luz solar. Só sae do seu furado en busca de alimento.
Cando chega a época de apareamento, as dúas cores principais altérnanse, polo que nesta época, a cor principal desta especie pasaría a ser a celeste.
Entre os meses de agosto e setembro, a femia fai unha posta de entre vintecinco e corenta ovos, dos que normalmente só eclosionan vinte.
Os científicos están investigando esta especie pero, polo momento, pensan que pertence á época do neolítico, polo que se podería considerar unha gran ave prehistórica. Tamén descubriron que é unha das únicas aves que mata por pracer, o que lle atribuiría o nome dunha ave cazadora. |
|
|
|
SUBASTA, SUBHASTA OU POXA? |
|
https://dubidasdogalego.wordpress.com/2014/11/26/subasta/ |
|
|
|
CONCURSO DE RECITADO DE POEMAS DE ROSALÍA DE CASTRO E MANUEL MARÍA |
|
A Casa Museo de Manuel María convoca un concurso de recitado de poemas destes dous grandes escritores. Deixámosvos as ligazóns dos libros que podedes consultar para seleccionar os poemas para o concurso:
CANTARES GALLEGOS, Rosalía de Castro
http://bvg.udc.es/indice_paxinas.jsp?id_obra=CaGa++++1%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20&alias=Rosal%EDa+de+Castro%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20&id_edicion=CaGa++++1002%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20&id_obra=CaGa++++1&alias=Rosal%EDa+de+Castro&%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20&formato=texto&cabecera=%3Ca+href%3D%22ficha_obra.jsp%3Fid%3DCaGa++++1%26alias%3DRosal%EDa+de+Castro%22+class%3D%22nombreObraPaxina%22%3ECantares+Gallegos%3C%2Fa%3E
FOLLAS NOVAS, de Rosalía de Castro
http://bvg.udc.es/indice_paxinas.jsp?id_obra=Fono++++1&id_edicion=Fono++++1001&cabecera=%3Ca+href%3D%22ficha_obra.jsp%3Fid%3DFono%2B%2B%2B%2B1%26alias%3DRosal%25EDa%2Bde%2BCastro%22+class%3D%22nombreObraPaxina%22%3EFollas+novas%3C%2Fa%3E&alias=Rosal%EDa+de+Castro&formato=texto
"Acuso á clase media", de Manuel María
http://bvg.udc.es/indice_paxinas.jsp?id_obra=Re++++++5&id_edicion=Re++++++5001&cabecera=%3Ca+href%3D%22ficha_obra.jsp%3Fid%3DRe%2B%2B%2B%2B%2B%2B5%26alias%3DManuel%2BMar%25EDa%22+class%3D%22nombreObraPaxina%22%3ERemol%3C%2Fa%3E&alias=Manuel+Mar%EDa&formato=texto
http://www.casamuseomanuelmaria.gal/noticias/mais-de-300-persoas-deronse-cita-este-sabado-na-casa-museo-manuel-maria-no-concurso-de-recitado-poetico-rosalia-sempre-viva.htm?paxina=2 |
|
|
|
|
|
|
|
|